Á con­quis­ta das verbenas ga­le­gas

Arrou­pa­da por ou­tras dúas vo­ces, a can­tan­te po­bren­se es­trea un gru­po es­te ve­rán

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - M. X. BLAN­CO

Afei­tos a ver a Mar Da­vi­la en­fron­tán­do­se en so­li­ta­rio ao pú­bli­co, ga­ñan­do con fa­ci­li­da­de o seu ca­ri­ño a gol­pe de ver­sións de co­ñe­ci­dos te­mas de Juan Par­do ou Cé­li­ne Dion, pe­ro ta­mén bo­tan­do man de can­cións po­pu­la­res co­mo Le­la ou Ne­gra som­bra, po­de que sor­pren­da o pro­xec­to no que vén de em­bar­car­se a can­tan­te po­bren­se. Pe­ro ela mes­ma des­pe­xa dú­bi­das cua­li­fi­cán­doo de so­ño fei­to reali­da­de. Ava­la­da por un­ha am­pla tra­xec­to­ria e tres tra­ba­llos dis­co­grá­fi­cos no mer­ca­do, a ar­tis­ta ató­pa­se mer­gu­lla­da na xi­ra de pre­sen­ta­ción do seu pro­pio gru­po, un­ha for­ma­ción que amea­za con con­quis­ta o mun­do da ver­be­na ga­le­ga.

Ase­gu­ra que le­va­ba tem­po dán­do­lle vol­tas á po­si­bi­li­da­de de po­ñer en mar­cha es­te pro­xec­to. Mar Da­vi­la se­gue a ser a pro­ta­go­nis­ta do car­tel, pe­ro es­tá arrou­pa­da en­ri­ba do es­ce­na­rio por ou­tras dúas vo­ces: Ne­rea Tou­rís e Ru­bén Darío. Da mú­si­ca en­cár­ga­se Juan So­mo­za. Un es­ce­na­rio de ca­se dez me­tros com­ple­ta o es­pec­tácu­lo que xa em­pe­zou a per­co­rrer Ga­li­cia: «Vi­mos de arran­car e xa te­mos bas­tan­tes ac­tua­cións con­tra­ta­das pa­ra xu­llo e pa­ra agos­to, aín­da que po­de di­cir­se que es­te ve­rán se­rá de pre­sen­ta­ción e o tra­ba­llo en se­rio co­me­za­rá de ca­ra á vin­dei­ra tem­pa­da es­ti­val».

Cons­cien­te de que a evo­lu­ción pa­sa sem­pre po­lo cam­bio e po­la adap­ta­ción aos no­vos tem­pos, a can­tan­te po­bren­se con­fe­sa que a pos­ta en mar­cha des­te gru­po su­pón un pun­to de in­fle­xión na súa ca­rrei­ra: «Hai un cam­bio ca­ra a mú­si­ca de bai­le e os rit­mos la­ti­nos, co­mo a ba­cha­ta e o me­ren­gue. Pen­so que exis­tía un oco nes­te sen­ti­do e bus­ca­mos en­che­lo». Po­de di­cir­se que o gru­po de Mar Da­vi­la é un­ha es­pe­cie de low cost das verbenas: pre­ten­de ofre­cer o mes­mo es­pec­tácu­lo que as gran­des or­ques­tras do mo­men­to, pe­ro a un pre­zo moito me­nor, al­go que con­se­gue re­co­rren­do á mú­si­ca gra­va­da.

Ba­lan­ce po­si­ti­vo

«Can­tan­do en so­li­ta­rio re­ci­bía ofer­tas pa­ra par­ti­ci­par en fes­tas gran­des, pe­ro o fei­to de non dis­po­ñer do equi­po axei­ta­do nin de es­ce­na­rio pro­pio eran obs­tácu­los di­fí­ci­les de sal­var. Non to­das as co­mi­sións po­den afron­tar o cus­te dun­ha boa or­ques­tra e aí é on­de que­re­mos es­tar nós, ofre­cen­do a mes­ma ca­li­da­de a un pre­zo me­nor», ex­pli­ca a ar­tis­ta da Po­bra, que en­ga­de que se­me­lla que a apos­ta es­tá fun­cio­nan­do: «Aín­da non le­va­mos un­ha du­cia de ac­tua­cións e xa te­mos con­tra­tos asi­na­dos pa­ra o 2018».

As de­man­das dun mer­ca­do en con­ti­nuo mo­ve­men­to e o seu desexo de se­guir me­dran­do le­va­ron a Mar Da­vi­la a mo­di­fi­car o rum­bo. Des­pois de va­rios me­ses de en­saios e de em­pe­zar a ver os pri­mei­ros froi­tos do es­for­zo rea­li­za­do, amó­sa­se sa­tis­fei­ta coa de­ci­sión to­ma­da: «Es­tou moi con­ten­ta por­que o mun­do das verbenas é moi en­tre­ti­do».

Ase­gu­ra que es­tar en­ri­ba do es­ce­na­rio é pa­ra ela a me­llor das re­com­pen­sas po­si­bles: «Os en­saios fo­ron di­ver­ti­dos, so­bre to­do por­que to­dos nos en­ten­de­mos moi ben e sen­ti­mos a mes­ma pai­xón po­la mú­si­ca, pe­ro es­coi­tar os aplau­sos do pú­bli­co e ver que o re­per­to­rio eli­xi­do gus­ta, iso é o me­llor».

Ela, que se so­be ao es­ce­na­rio co úni­co fin de sa­tis­fa­cer ao pú­bli­co, ex­pli­ca que to­do ten uns lí­mi­tes: «Tra­to de can­tar de to­do, pe­ro, sen que­rer me­nos­pre­zar a nin­guén, non in­clui­ría nun­ca no re­per­to­rio A ca­bri­ti­ña nin Bai­la Car­me­la». Po­la con­tra, non du­bi­da en re­co­ñe­cer que, po­lo me­nos es­te ve­rán, se dei­xou le­var po­los gran­des éxi­tos: «Sáe­me o Des­pa­ci­to ata po­las ore­llas, pe­ro re­co­ñe­zo que me gus­ta moito. A xen­te ta­mén a can­ta e iso dá moito xo­go».

Es­tá em­pe­zan­do un­ha no­va aven­tu­ra, pe­ro Mar Da­vi­la non du­bi­da en si­na­lar que o seu ob­xec­ti­vo é se­guir de­bu­xan­do un­ha li­ña as­cen­den­te: «A idea é re­for­zar o gru­po pa­ra o ano e ir, pou­co a pou­co, mon­tan­do a mi­ña pro­pia gran or­ques­tra».

CEDIDA

Mar Da­vi­la, Juan So­mo­za (de pé), Ru­bén Darío e Ne­rea Tou­rís son os in­te­gran­tes do gru­po.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.