Se­den­ta­rios

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-Muros-Noia -

Iso de que coa che­ga­da do ve­rán se en­chen os par­ques, as rúas e as praias de de­por­tis­tas, non o te­ño moi cla­ro, por­que, ó me­nos no par­que ó que vou, só ve­xo ca­tro ma­ta­dos co­rren­do e a in­men­sa maio­ría dos alí pre­sen­tes sen­ta­dos ou tom­ba­dos no cés­pe­de, a ser po­si­ble on­de ha­xa un­ha som­bra. En cal­que­ra praia, na re­la­ción «ac­ti­vos Vs. dei­ta­dos», ga­ñan es­tes úl­ti­mos por maio­ría, en nú­me­ro de ele­men­tos e en can­ti­da­de de tem­po. Co­mo moi­to, de na­dar dan un par de bra­za­das e xa vol­ven pa­ra tom­bar­se ó sol. E nos ba­res con te­rra­za as me­sas es­tán ocu­pa­das por ca­ló­ri­cas be­bi­das azu­cra­das e co­pas de xea­do. Di­cía­se hai anos que o ho­me do fu­tu­ro ía ser un ti­po ca­be­zón, pola ne­ce­si­da­de de ce­re­bro que ne­ce­si­ta­ría. Eu creo que vai ca­mi­ño de ser re­chon­cho pola acu­mu­la­ción dun ex­ce­den­te de ener­xía que non dá gas­ta­do.

Ad­vír­ten­nos ca­da pou­co, que imos cara un­ha so­cie­da­de de ba­zun­chos cria­dos des­de a ado­les­cen­cia, esa ida­de en que por ne­ce­si­da­des bio­ló­xi­cas se de­man­da un­ha maior ac­ti­vi­da­de, por­que aquel gas­to de adrenalina en xo­gos que en­si­nan a com­pe­tir e non a ven­cer, co­mo a bi­llar­da, a que­da, ou o pano, ago­ra dé­ron­lle pa­so á Play Sta­tion, nun afán por ma­chu­car pi­xe­la­dos inimi­gos, con ca­sas e pon­tes in­cluí­das, sen mo­ver­se do so­fá, men­tres en­tre­te­ñen a bo­ca con to­do ti­po de froi­tos se­cos e sal­ga­dos, sen es­que­cer as be­bi­das do­ces, can­do nou­tro tem­po nos bas­ta­ba po­ñer­lle a bo­ca á bi­lla da fon­te. Iso é o preo­cu­pan­te pa­ra cal­que­ra pai que de tal se pre­ce, que on­de an­tes ha­bía de pe­le­xar por apor­tar o ne­ce­sa­rio com­bus­ti­ble pa­ra a de­man­da ener­xé­ti­ca do ca­ti­vo, ago­ra ha de li­mi­tar a acu­mu­la­ción ca­ló­ri­ca. Que des­pois de to­da un­ha ma­ñá sen­ta­do a un pu­pi­tre que ma­la­men­te cum­pre coas con­di­cións er­go­nó­mi­cas mí­ni­mas, aín­da obri­gan ós ra­pa­ces a per­ma­ne­cer en inac­ti­vi­da­de fí­si­ca du­ran­te un­ha tarde en­tei­ra de mú­si­ca, in­for­má­ti­ca ou in­glés, por­que a es­co­la non lle bas­ta ó po­bre ado­les­cen­te. E che­gan as va­ca­cións e os cor­pos non es­tán por su­frir suo­res des­acos­tu­ma­dos, e li­mí­tan­se a apli­car a lei do mí­ni­mo es­for­zo e al­to afo­rro ener­xé­ti­co en chan­cle­tas e con toa­lla, con atrac­ti­va rou­pa de­por­ti­va pe­ro pou­co de­por­te. O pro­ble­ma trans­cen­de da cla­se pa­ter­na e ma­ter­na ata o pa­ter­na­lis­mo es­ta­tal, po­lo que se fi­xo ne­ce­sa­rio un re­cen­te es­tu­dio co fin de ver co­mo ha­be­ría que afron­ta­lo, can­do os si­su­dos ana­lis­tas do te­ma com­pro­ba­ron que un­ha al­ta por­cen­ta­xe de mo­zos (non to­dos, por sor­te) te­ñen a mes­ma ac­ti­vi­da­de fí­si­ca dun se­ñor de 60, ou que só hai un pe­queno au­men­to de exer­ci­cio fí­si­co des­pois dos 20 e ata os 40 pa­ra lu­cir ca­mi­se­ta, que se com­pen­sa cun­ha cer­ve­xi­ña que máis ca cal­mar a se­de bo­ta por te­rra to­do o que se fi­xo du­ran­te a ho­ra ou ho­ra e me­dia se­ma­nal per­di­da no xim­na­sio. Preo­cu­pa, can­do se to­ma con­cien­cia de que esa pa­cien­te acu­mu­la­ción ca­ló­ri­ca á que nos es­ta­mos acos­tu­man­do, só con­tri­búe a que as li­pi­do­sas ná­de­gas non cai­ban nun asen­to de trans­por­te pú­bli­co, que o gas­to sa­ni­ta­rio por en­fer­mi­da­des co­ro­na­rias se dis­pa­re, que au­men­te o ris­co de pa­de­ce­men­tos de lar­ga cu­ra de­ri­va­dos de obe­si­da­des azu­cra­das, así co­mo os reu­ma­tis­mos pre­ma­tu­ros por mor do al­to pe­so que os ósos non son quen de so­por­tar. Tal vez non es­ta­ría de máis que as co­mi­sións de fes­ta das no­sas vilas, pro­gra­ma­sen a re­cu­pe­ra­ción dos xo­gos tra­di­cio­nais, alo­me­nos pa­ra sa­car ós mo­zos de en­ci­ma das toa­llas ou de dian­te das pan­ta­llas.

ILUS­TRA­CIÓN MATALOBOS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.