En­gan­cha­das ao Ca­mi­ño de San­tia­go

Vin­te mu­lle­res ri­bei­ren­ses le­van 24 anos rea­li­zan­do di­fe­ren­tes rutas de peregrinación

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - M. X. BLAN­CO

Son moi­tos e moi di­ver­sos os mo­ti­vos que po­den le­var a un gru­po de per­soas a unir­se. Nor­mal­men­te te­ñen ca­rác­ter lú­di­co ou fes­ti­vo. E o cer­to é que hai un­ha boa do­se de di­ver­ti­men­to na ra­zón pola que Án­ge­les Co­res fun­dou un­ha cua­dri­lla en Ribeira que es­tá a pi­ques de con­me­mo­rar as vo­das de pra­ta. Trá­ta­se dun gru­po for­ma­do por vin­te mu­lle­res que ca­da 24 de xu­ño em­pren­den un­ha no­va aven­tu­ra, pe­ro sem­pre li­ga­da ao Ca­mi­ño de San­tia­go. Le­van na­da me­nos que 24 anos cu­brin­do eta­pas de di­fe­ren­tes rutas de peregrinación. Ve­ñen de re­ma­tar a pe­núl­ti­ma do itinerario que per­co­rre o nor­te de Es­pa­ña, des­de Irún ata o Obra­doi­ro.

Es­ta his­to­ria em­pe­zou a co­ller for­ma alá po­lo ano 1993. Án­ge­les Co­res, co­ñe­ci­da co­mo A Ne­na, era mes­tra de xim­na­sia, e con­ven­ceu a un gru­po de alum­nos pa­ra em­bar­car­se nun­ha an­dai­na que ti­ña a con­vi­ven­cia, o de­por­te e as ga­ñas de co­ñe­cer no­vos re­cun­chos co­mo prin­ci­pais ob­xec­ti­vos. Pou­co a pou­co foi­se con­so­li­dan­do un gru­po for­ma­do por vin­te mu­lle­res, aín­da que en oca­sións non po­den acu­dir to­das á ci­ta. «Em­pe­za­mos per­co­rren­do os mos­tei­ros de Ga­li­cia e des­pois bo­tá­mo­nos ao Ca­mi­ño e es­ta­mos tan en­gan­cha­das que dei­xa­mos to­do por es­ta afec­ción», ex­pli­ca a im­pul­so­ra des­ta ex­pe­rien­cia.

A ri­bei­ren­se ase­gu­ra que son moi­tos os atrac­ti­vos que se fun­den en ca­da ru­ta e que fan que a con­vo­ca­to­ria de ca­da día de San Xoán se­xa con­si­de­ra­da un­ha obri­ga: «A pai­sa­xes, a ca­ma­ra­de­ría que exis­te en­tre to­das, o fei­to de com­par­tir ex­pe­rien­cias con ou­tros pe­re­gri­nos, a fes­ta que se mon­ta nos al­ber­gues a gol­pe de canto e de pan­dei­re­ta... Es­ta­mos to­do o ano pen­san­do no Ca­mi­ño e es­tou se­gu­ra de que aín­da que nos ofre­ce­ran un­ha via­xe gratis a No­va York non a cam­bia­ria­mos por es­ta aven­tu­ra».

Cin­co tra­za­dos com­ple­ta­dos

O Ca­mi­ño Fran­cés po­las súas dúas ver­ten­tes, des­de Hues­ca e des­de Ron­ces­va­lles; a ru­ta por­tu­gue­sa; a an­dai­na fis­te­rrá e o itinerario des­de Fe­rrol son tra­za­dos que xa fi­gu­ran co­mo com­ple­ta­dos na axen­da das tro­ta­mun­dos ri­bei­ren­ses. O vin­dei­ro ve­rán es­pe­ran en­ga­dir a es­ta re­la­ción o Ca­mi­ño do Nor­te, des­de Irún, que em­pe­za­ron a rea­li­zar hai cin­co anos: «O pró­xi­mo ano che­ga­re­mos a San­tia­go e, co­mo se ce­le­bra o 25 aniver­sa­rio do xur­di­men­to des­te co­lec­ti­vo, se­gu­ro que mon­ta­mos un­ha gran fes­ta», ex­pli­ca A Ne­na.

Ase­gu­ra que a eta­pa que ve­ñen de rea­li­zar, des­de Luar­ca ata Vi­lal­ba, foi bas­tan­te du­ra: «Ti­ve­mos

tres xor­na­das de chu­via e re­sul­ta moi in­có­mo­do ca­mi­ñar coas ca­pas e mes­mo che­gar mo­lla­das, pe­ro gus­tou­nos moi­tos a par­te fi­nal, xa que é un­ha zo­na con moi­tas ár­bo­res, con mon­tes e con ríos». Aín­da así, se ti­ve­se que eli­xir un tra­mo des­te per­co­rri­do, a ri­bei­ren­se que­da­ría­se co que des­co­rre po­lo País Vas­co: «É un ca­mi­ño du­ro, pe­ro pre­cio­so».

Aín­da que dei­xa cla­ro que ca­da itinerario ten o seu en­can­to e que non se arre­pin­te de ter fei­to nin­gún, Án­ge­les Co­res si que re­co­ñe­ce que, a ela, a pri­mei­ra par­te do Ca­mi­ño Fran­cés dei­xou­lle un­ha fon­da pe­ga­da, ao igual que o per­co­rri­do por Fis­te­rra; sen­do o por­tu­gués o que me­nos im­pre­sión lle cau­sou. «Eu ani­mo a to­do o mun­do a pro­bar a ex­pe­rien­cia. Nós ti­ve­mos pe­ti­cións de xen­te in­tere­sa­da en su­mar­se ao gru­po, pe­ro se­ría moi di­fí­cil, tan­to pa­ra ca­mi­ñar de for­ma con­xun­ta co­mo pa­ra ato­par alo­xa­men­to ou un lu­gar on­de co­mer», ex­pli­ca a ve­ci­ña de Ribeira.

O vin­dei­ro re­to da cua­dri­lla da Ne­na pa­sa por com­ple­tar o Ca­mi­ño do Nor­te. Des­pois che­ga­rá o mo­men­to de to­mar un­ha de­ci­sión di­fí­cil: «Te­mos cla­ro que que­re­mos man­ter pa­ra nós esa se­ma­na de xu­ño, pe­ro to­das es­ta­mos na fran­xa de 65 a 75 anos, po­lo que qui­zais se­xa o mo­men­to de cam­biar de ac­ti­vi­da­de».

O gru­po de ri­bei­ren­ses en dous pun­tos da ru­ta: dian­te da igre­xa de Monforte e na pon­te de Na­via.

CE­DI­DAS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.