Ga­le­gos por con­vic­ción

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

VEN­TO NAS VE­LAS VÍC­TOR F. FREIXANES

Ose­gun­do pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga, o edi­tor e po­lí­gra­fo An­drés Mar­tí­nez Sa­la­zar (1846-1923), non era ga­le­go de na­ción, non na­ce­ra en Ga­li­cia que­ro di­cir, se­nón na As­tor­ga da Ma­ra­ga­te­ría, e en­trou en re­la­ción coa cul­tu­ra ga­le­ga na ci­da­de da Co­ru­ña can­do em­pe­zou a tra­ba­llar no Ar­qui­vo de Ga­li­cia con Ma­nuel Mur­guía. A súa con­tri­bu­ción á cul­tu­ra e á lin­gua ga­le­ga foi cer­ta­men­te va­lio­sa, non só co­mo in­ves­ti­ga­dor e es­tu­do­so, se­nón so­bre to­do co­mo edi­tor. Da súa man, xun­to con Juan Fer­nán­dez La­to­rre, na­ceu a Bi­blio­te­ca Ga­lle­ga (1885), a pri­mei­ra ex­pe­rien­cia edi­to­rial cun­ha pro­gra­ma­ción es­tra­té­xi­ca es­ta­ble a prol da no­sa li­te­ra­tu­ra, sím­bo­lo do Re­xur­di­men­to, on­de pu­bli­can au­to­res co­mo Ma­nuel Mur­guía, Cu­rros En­rí­quez, Eduar­do Pon­dal, os ir­máns Fran­cis­co e An­to­nio de la Igle­sia, Fran­cis­co Añón, He­rá­clio Pé­rez Pla­cer, Ló­pez Fe­rrei­ro, et­cé­te­ra…

Máis cir­cuns­tan­cial, aín­da que non me­nos emo­cio­nan­te, é o ca­so de Fe­de­ri­co Gar­cía Lor­ca, au­tor dos Seis poe­mas ga­le­gos, edi­ta­dos por Án­xel Ca­sal, ho­me­na­xe á no­sa li­te­ra­tu­ra e aos ami­gos que o poe­ta gra­na­dino co­ñe­ceu en Ga­li­cia du­ran­te va­rias es­ta­días den­de 1931. Poe­ta a edi­tor fo­ron asa­si­na­dos po­lo fas­cis­mo nos días te­rri­bles de agos­to de 1936 ca­se no mes­mo día: un na ba­rran­quei­ra de Víz­nar, o ou­tro nas ga­bias de Ca­chei­ras.

Son moi­tos (e moi­tas) os que afor­tu­na­da­men­te se ache­ga­ron e ache­gan den­de fó­ra ás no­sas le­tras: en­tre os máis pró­xi­mos Úr­su­la Hein­ze, por exem­plo, ga­le­ga de Co­lo­nia (Ale­ma­ña) que se in­cor­po­rou á no­sa lin­gua por amor, co­mo ela mes­ma con­fe­sa, cun­ha obra im­por­tan­te e re­co­ñe­ci­da; ou Kris­ti­na Berg, que foi es­po­sa de Car­los Casares; Kath­len March, tra­du­to­ra de Cun­quei­ro e Rosalía; Ma­ri­lar Alei­xan­dre, un­ha das no­sas au­to­ras máis ce­le­bra­das; sen es­que­cer o xé­ne­ro mas­cu­lino: John Rut­her­ford, Da­vid Mac­ken­zie, Craig Pe­ter­son, Xo­sé An­to­nio Pe­ro­zo… Ci­to de me­mo­ria e de se­gu­ro que es­que­zo al­gúns.

En­tre os va­ria­dos mé­ri­tos de Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno Már­quez (Va­len­cia de Al­cán­ta­ra, 1939-Pon­te­ve­dra, 2005), a quen a Aca­de­mia acor­dou de­di­car a ce­le­bra­ción das Le­tras Ga­le­gas no ano 2018, hai un que non sem­pre se co­men­ta e que qui­xe­ra sa­lien­tar, alén da súa con­di­ción de es­cri­to­ra (cun­ha gran­de acep­ta­ción en­tre o pú­bli­co xu­ve­nil so­bre to­do), crí­ti­ca li­te­ra­ria e pro­fe­so­ra de en­sino me­dio (po­las súas au­las pa­sa­ron al­gúns no­mes so­bran­cei­ros das le­tras e a fi­lo­lo­xía ga­le­ga de ho­xe). Re­fí­ro­me ao fei­to de non ser ga­le­ga de na­ción, se­nón de te­rras da Es­tre­ma­du­ra, que che­gou a Ga­li­cia con 24 anos e aquí vol­veu des­cu­brir o mun­do, co­mo ela ta­mén di­cía: por amor. Non é pou­co mé­ri­to xa non da au­to­ra, se­nón do pro­pio país, es­ta Ga­li­cia no­sa, ás ve­ces tan in­gra­ta (tan alleei­ra); non é pou­co mé­ri­to, di­go, que o país e a súa cul­tu­ra amo­sen es­ta ca­pa­ci­da­de de se­du­ción, es­ta for­za in­te­rior, es­te pu­lo pa­ra in­cor­po­rar vo­ces que nos en­ri­que­cen e ad­mi­ran. Ben­zóns.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.