Á con­quis­ta de Eu­ro­pa pe­ga­do ao bom­bar­dino

O rian­xei­ro foi se­lec­cio­na­do pa­ra unir­se á or­ques­tra da UE que di­ri­xe o pres­ti­xio­so Jan Co­ber

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - M. X. BLAN­CO

Ao con­ta­xio e á cons­tan­te pre­ten­sión dos ne­nos por bus­car re­fe­ren­tes nos maio­res da súa con­tor­na atri­búe Fé­lix Rodríguez Ra­mos (Rian­xo, 1996) o au­xe que a mú­si­ca es­tá ex­pe­ri­men­tan­do en Rian­xo e a saí­da con­ti­núa de pro­fe­sio­nais da es­co­la mu­ni­ci­pal. El é un bo exem­plo di­so. Mer­gu­llou­se no mun­do dos pen­ta­gra­mas can­do ti­ña 8 anos, tra­tan­do de emu­lar aos seus pri­mos Sa­be­la e Mar­ti­ño Gal­bán. Ago­ra, tra­ta de abrir­se ca­mi­ño nun ei­do com­pe­ti­ti­vo. A se­lec­ción pa­ra par­ti­ci­par nun­ha or­ques­tra a ni­vel eu­ro­peo, bai­xo a di­rec­ción do pres­ti­xio­so Jan Co­ber, po­de ser a súa pla­ta­for­ma de lan­za­men­to de­fi­ni­ti­va.

No bo fa­cer que es­tá a de­mos­trar a Es­co­la de Mú­si­ca de Rian­xo de se­gu­ro que te­ñen moi­to que ver os seus prin­ci­pais pun­tais. Un de­les é Ra­fael Co­lla­zo, o di­rec­tor, que foi fun­da­men­tal na tra­xec­to­ria de Fé­lix Rodríguez. El es­ta­ba á fron­te da aso­cia­ción Sol­fa de San­tia­go, on­de o mo­zo rian­xei­ro en­trou en con­tac­to por vez pri­mei­ra coa mú­si­ca. Can­do lle en­co­men­da­ron a ta­re­fa de dar­lle vi­da a un­ha es­co­la no ber­ce de Cas­te­lao, de­ci­diu via­xar acom­pa­ña­do dun dos seus alum­nos máis avan­ta­xa­dos.

O des­pe­gue

Fé­lix Rodríguez me­drou en­tre a es­co­la e a ban­da rian­xei­ras, e non tar­dou en ver cla­ro que a mú­si­ca era o ca­mi­ño a se­guir e o bom­bar­dino, o seu com­pa­ñei­ro de via­xe: «Des­pois de en­trar en con­tac­to cos sons de va­rios ins­tru­men­tos, sen­tín atrac­ción po­la tu­ba, pe­ro en can­to es­coi­tei o bom­bar­dino xa non qui­xen sa­ber de ou­tro, ti­ven cla­ro que era o meu». O apa­re­llo de ven­to xa lle deu máis de un­ha ale­gría na súa cur­ta, pe­ro in­ten­sa tra­xec­to-

ria. Con el ga­ñou o pri­mei­ro pre­mio na sex­ta edi­ción do cer­ta­me de so­lis­tas pro­mo­vi­do po­lo Con­ser­va­to­rio de Mú­si­ca de San­tia­go, on­de re­ma­tou o grao pro­fe­sio­nal con ma­trí­cu­la de hon­ra na ma­te­ria de bom­bar­dino e un ga­lar­dón ex­tra­or­di­na­rio fi­nal. Con el par­ti­ci­pa ta­mén na agru­pa­ción da Fe­de­ra­ción Ga­le­ga de Ban­das.

Pe­ro a aven­tu­ra máis im­por­tan­te das vi­vi­das ata o de ago­ra é, sen dú­bi­da, a que co­me­zou o pa­sa­do ven­res, can­do Fé­lix Rodríguez e o seu bom­bar­dino co­lle­ron rum­bo a Lu­xem­bur­go. Alí es­ta­rá ins­ta­la­da a súa ba­se ata o vin­dei­ro día 25, pe­río­do no que via­xa­rá a ci­da­des co­mo Thorn, Ven­lo, Utrecht e Ker­kra­de pa­ra par­ti­ci­par nos con­cer­tos que ofre­ce­rá a Eu­ro­pean Union Youth Wind Or­ches­tra. Na úl­ti­ma de­sas es­ca­las, a for­ma­ción ac­tua­rá coa Ban­da Sin­fó­ni­ca de Ven­to de Si­món Bo­lí­var, no mar­co dun cer­ta­me in­ter­na­cio­nal de ban­das. O rian­xei­ro apro­vei­ta­rá a via­xe pa­ra me­llo­rar a súa for­ma­ción, posto que par­ti­ci­pa­rá nun cur­so de di­rec­ción im­par­ti­do po­lo pro­pio Jan Co­ber, con­si­de­ra­do un dos me­llo­res di­rec­to­res de ban­das de Eu­ro­pa.

Cons­cien­te da im­por­tan­cia que ten es­ta ex­pe­rien­cia, Fé­lix Rodríguez non a vi­ve co­ma se fo­ra o cu­mio da súa ca­rrei­ra, se­nón co­ma se do co­me­zo de tra­ta­ra: «Pa­ra min é o pre­mio ao tra­ba­llo rea­li­za­do e es­pe­ro que se­xa o prin­ci­pio dun­ha no­va eta­pa». Ase­gu­ra que tra­ta­rá de sa­car­lle o má­xi­mo par­ti­do: «Que­ro co­ñe­cer co­mo é o mun­do da mú­si­ca fó­ra de Ga­li­cia e de Es­pa­ña, ver ou­tras for­mas de to­car e de tra­ba­llar, e es­tar bai­xo as or­des dun di­rec­tor de ta­lla in­ter­na­cio­nal».

Moi­to fu­tu­ro por dian­te

A que ven de em­pren­der o mú­si­co rian­xei­ro é un­ha via­xe de ida e vol­ta, pe­ro non lle im­por­ta­ría, no fu­tu­ro, vol­ver a fa­cer as ma­le­tas: «Dar o sal­to ao ex­te­rior é un­ha por­ta que pa­ra min es­tá aber­ta e, se xur­di­ra a po­si­bi­li­da­de, pen­so que non du­bi­da­ría á ho­ra de apro­vei­ta­la. Aquí hai mo­ve­men­to no mun­do das ban­das, tan­to pa­ra tra­ba­llar co­mo mú­si­co co­mo pa­ra a do­cen­cia, pe­ro fó­ra ta­mén».

For­mar par­te dun­ha gran ban­da de mú­si­ca é nes­tes in­tres o so­ño de Fé­lix Rodríguez, quen ta­mén as­pi­ra a se­guir coa fa­ce­ta de do­cen­te que exer­ce nes­tes in­tres na es­co­la rian­xei­ra. In­clu­so es­tá dis­pos­to a am­pliar o seu es­pec­tro pro­fe­sio­nal: «Sem­pre me cha­mou a aten­ción o ei­do da di­rec­ción e non des­car­to pro­bar sor­te nun fu­tu­ro».

Pa­ra cum­prir os seus so­ños, o rian­xei­ro sa­be que te­rá que li­dar cun obs­tácu­lo de al­tu­ra, o re­la­ti­vo ao di­fí­cil mo­men­to que atra­ve­sa o mun­do da cul­tu­ra en xe­ral: «Ga­li­cia é un­ha gran po­ten­cia no que á mú­si­ca de ban­das se re­fi­re, pe­ro fal­tan axu­das. Se o pa­no­ra­ma non cam­bia, a mi­ña xe­ra­ción non o vai ter na­da doa­do».

MARCOS CREO

O mú­si­co de Rian­xo es­ta­rá ofre­cen­do con­cer­tos por Eu­ro­pa ata o vin­dei­ro día 25.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.