La ofer­ta de la Fes­ta da Dor­na se am­plía con más ac­tua­cio­nes y una me­ji­llo­na­da

A Real e Ilus­tre ana­li­zou a co­la­bo­ra­ción eco­nó­mi­ca coa fes­ta

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Portada - A. GERPE

A gran ma­rea dor­nei­ra es­tá a pi­ques de che­gar á ci­da­de e xa ten de­fi­ni­do o seu ca­derno de bi­tá­co­ra, que in­clúe no­vi­da­des pa­ra a súa 69 sin­gra­du­ra. O día 22 es­ta­rá de­di­ca­do ao Or­ju­llo jai­tei­ro e un­ha mo­rea de gai­tas soa­rán po­las rúas de Ri­bei­ra. Na xor­na­da gran­de, a do 24, fa­ra­se un­ha gran apos­ta lú­di­ca e a ro­ma­ría in­clui­rá un­ha me­xi­lloa­da e dous con­cer­tos, un dos ca­les rea­li­za­ra­se nun ba­teei­ro adap­ta­do. Po­la ma­ñá ce­le­bra­ra­se a re­ga­ta de em­bar­ca­cións e, po­la tar­de, o des­fi­le do Top Se­cret. O bro­che fi­nal se­rá a ac­tua­ción de He­re­dei­ros. O día 23 te­rán lu­gar o Voo sen Mo­tor, o Jran Prix de Carrilanas e a Can­sión de Tas­ca.

Na de­rra­dei­ra asem­blea des­ta sin­gra­du­ra, ce­le­bra­da a noi­te do sá­ba­do, apro­vei­tou­se pa­ra fa­cer o re­par­to de ta­re­fas or­ga­ni­za­ti­vas en­tre as pe­ñas, ao tem­po que se in­vi­tou ás máis ve­te­ra­nas a in­vo­lu­crar ás no­vas, xa que a par­ti­ci­pa­ción das agru­pa­cións é de­ter­mi­nan­te pa­ra o futuro da fes­ta.

Ti­rón de ore­llas á hos­ta­la­ría

Na reunión, ta­mén se abor­dou o fi­nan­cia­men­to da fes­ta. O pre­si­den­te da Real e Ilus­tre, Nar­ci­so Fer­nán­dez, Cho­ri, des­ta­cou o apoio eco­nó­mi­co de co­mer­cio e em­pre­sas. Agra­de­ceu o seu ca­rác­ter al­truís­ta «xa que es­tes sec­to­res non son os máis be­ne­fi­cia­dos coa ce­le­bra­ción».

Po­la con­tra, pa­ra os hos­ta­lei­ros hou­bo un ti­rón de ore­llas: «Soa­men­te son 17 lo­cais si­tua­dos na zo­na con máis am­bien­te dor­nei­ro os que apos­tan po­la fes­ta coas súas ache­gas». Na xun­tan­za ta­mén se dixo que hai ou­tros ba­res que coope­ran en me­nor me­di­da e ou­tra me­dia du­cia que «bo­tan por fó­ra na fes­ta e non co­la­bo­ran». Nes­te sen­ti­do, fí­xo­se un cha­ma­men­to ás pe­ñas pa­ra que fa­gan o seu gas­to nos es­ta­ble­ce­men­tos que si axu­dan.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Cho­ri re­cla­mou na reunión a im­pli­ca­ción das pe­ñas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.