Lu­go, no po­dio do de­por­te cos XII Xo­gos do Ei­xo Atlán­ti­co

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Economía -

LU­GO, Sa­rria e Monforte fo­ron nos úl­ti­mos días se­des si­mul­tá­neas dos XII Xo­gos do Ei­xo Atlán­ti­co, un­ha com­pe­ti­ción que con­gre­gou 1.850 de­por­tis­tas de múl­ti­ples mu­ni­ci­pios de Ga­li­cia e Por­tu­gal. Ago­ra que se apa­gan as lu­ces e bai­xa o te­lón, Lu­go, Sa­rria e Monforte amo­san a súa sa­tis­fac­ción por aco­ller es­ta ci­ta de­por­ti­va, po­lo tra­ba­llo ben fei­to, e po­lo la­bor dos cen­tos de per­soas que es­ti­ve­ron a tra­ba­llar arreo pa­ra que es­te en­con­tro de­por­ti­vo fo­se un­ha reali­da­de e un éxi­to. Foi a pri­mei­ra vez que es­ta ci­ta de­por­ti­va, cun re­torno eco­nó­mi­co apro­xi­ma­do de 700.000 eu­ros, ao ser ca­paz de re­unir un­has 6.000 per­soas en­tre par­ti­ci­pan­tes e or­ga­ni­za­do­res, se ce­le­bra na pro­vin­cia de Lu­go. Fí­xoo gra­zas aos Con­ce­llos de Lu­go, Monforte de Le­mos e Sa­rria, a Depu­tación de Lu­go e o pro­pio Ei­xo Atlán­ti­co. Nes­ta edi­ción, es­ti­ve­ron re­pre­sen­ta­dos 29 mu­ni­ci­pios e en­ti­da­des de Ga­li­cia e do nor­te de Por­tu­gal: Lu­go, Monforte de Le­mos e Sa­rria, Ou­ren­se, Pon­te­ve­dra, O Car­ba­lli­ño, Santiago de Com­pos­te­la, O Bar­co de Val­deo­rras, Car­ba­llo, Vi­go, Vi­la­gar­cía, Ri­vei­ra, Na­rón, A Co­ru­ña, Ma­ce­do de Ca­va­lei­ros, Ma­to­sin­hos, Por­to, Fa­ma­li­cão, Bra­ga, Pe­so da Ré­gua, Bra­ga­nça, Maia, Vi­la No­va de Gaia, Vi­la Real, Va­lon­go, Via­na do Cas­te­lo, Gui­ma­rães, San­ta Ma­ría da Fei­ra e a Eu­ro­ci­da­de Cha­ves-Ve­rín.

LA­RA Mén­dez (Al­cal­de­sa de Lu­go): "Máis aló dos lo­gros de­por­ti­vos de ca­da de­le­ga­ción, que nos ale­gran e enor­gu­lle­cen por­que ade­mais esi­xen moi­to es­for­zo, os maio­res lo­gros dos Xo­gos do Ei­xo son o com­pa­ñei­ris­mo, a com­pe­ti­ti­vi­da­de sa, a unión de dúas cul­tu­ras, dous po­bos, o ga­le­go e o por­tu­gués, e a ver­te­bra­ción do te­rri­to­rio que con­se­guen”

DA­RÍO Cam­pos (Pre­si­den­te da Depu­tación): "Es­tes Xo­gos fo­ron un éxi­to po­la exem­pla­ri­da­de no desen­vol­ve­men­to nas di­fe­ren­tes com­pe­ti­cións, así como po­la es­tu­pen­da con­vi­ven­cia en­tre mo­zos e mo­zas de Ga­li­cia e Por­tu­gal, que ti­ve­ron a oca­sión de in­ter­cam­biar ex­pe­rien­cias e fa­cer no­vas ami­za­des"

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.