Moi boas noi­tes te­ña vos­te­de

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-Muros-Noia - Moncho Ares

Den­de on­te fa­go es­for­zos pa­ra con­ven- cer­me de que xa nun­ca máis vou es­coi­tar­che no Far­mas­sia, no Bo­ca­cho, na Ba­tea... ou no Don Pa­qui­to, can­do, po­la noi­ti­ña, che re­ci­bía­mos en­toan­do a can­ción coa que sem­pre nos re­ga­la­bas a túa ami­za­de, aque­la que com­pu­xe­ron don Bal­do­mar e Pa­co O Chono: «Moi boas noi­tes te­ñan vos­te­des, can­tar­lles vi­mos, lles vi­mos nós...», coa que ti, cos teus ollos sal­tóns e bri­llan­tes e a túa pe­cu­liar voz, en­ca­dea­bas ata o fi­nal, sen es­que­cer nin un­ha soa es­tro­fa. Pou­cos boi­ren­ses co­ñe­cín co­ma ti, por­que, xa can­do tra­ba­lla­bas na Co­ru­ña, a túa des­bor­dan­te xe­ne­ro­si­da­de con­ver­teu­che nun em­bai­xa­dor pa­ra to­do aquel ve­ci­ño que ne­ce­si­ta­ba axu­da can­do ti­ña que fa­cer al­go na capital da pro­vin­cia, ao que guia­bas, aín­da que fo­se, da man. Po­de que de­ta­lles así che con­ver­te­ran na gran per­soa que via­mos en ti, ou qui­zais fo­se ta­mén que o teu pa­so por ese Ban­co Pas­tor que tan­to che doía ul­ti­ma­men­te cos ava­ta­res que es­ta­ba a su­frir, non dei­xa­ra ci­ca­tri­ces a mo­do de en­ga­nos dos que tan­tas ve­ces re­ne­gas­tes, in­clu­so en­tre esas bá­goas que de­la­ta­ban a túa enor­me sen­si­bi­li­da­de. Lem­bro que en máis dun­ha oca­sión me cha­mas­tes a aten­ción con ca­ri­ño por fa­cer­te cho­rar con al­gúns dos meus es­cri­tos, pe­ro nun­ca crin que che­ga­ra o día no que fo­ses ti o pro­ta­go­nis­ta dun de­les, des­te, e bo­ta­rei en fal­ta a túa ri­fa: «Ares. (...) Fi­xé­ches­me cho­rar». Ago­ra fi­xé­ches­me cho­rar ti a min, por­que te fu­ches ines­pe­ra­da­men­te e an­tes de tem­po, ami­go Jao. E pen­so que te­ño un­ha dé­be­da con­ti­go, a de re­cor­dar quen fos­tes: un neno que, co­ma min, apren­deu moi­ta vi­da nos Pa­dres So­mas­cos de Caldas de Reis; un mo­zo que, ao tem­po que es­tu­da­ba, se im­pli­ca­ba no de­por­te lo­cal e co­mar­cal, como xo­ga­dor nas «pa­chan­gas» de ba­lon­mán ou, por exem­plo, no mí­ti­co Frin­sa de fút­bol sa­la; un so­cial­de­mó­cra­ta irre­den­to, doí­do po­la de­ri­va do PSOE... un boi­ren­se que nun­ca dei­xou de se­lo, un ho­me bo e xe­ne­ro­so, dos que xa non abon­dan. Bo­ta­ré­mos­che de me­nos, Jao. Boi­ro en­tei­ro bo­ta­ra­che de me­nos. E ago­ra si: «Moi boas noi­tes te­ña vos­te­de...».

D. GESTOSO

Jao leu o pre­gón da fes­ta de Praia Xar­dín hai dous anos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.