Mo­zos an­sio­sos por ac­ti­var o seu po­bo

Ofre­cer al­ter­na­ti­vas de ca­rác­ter lú­di­co é o prin­ci­pal ob­xec­ti­vo da en­ti­da­de

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-Muros-Noia - M. X. BLAN­CO

Hai mo­zos em­pren­de­do­res, cheos de ilu­sión, que es­tán dis­pos­tos a cam­biar o mun­do; ou po­lo me­nos, o seu en­torno máis pró­xi­mo. É o ca­so de se­te ra­pa­ces que ve­ñen de unir as súas for­zas en Ou­tes cun­ha me­ta no ho­ri­zon­te: dar­lle vi­da ao po­bo no que re­si­den, ofre­cén­do­lle al­ter­na­ti­vas de le­cer á mo­ci­da­de. Te­ñen 17 e 18 anos, e fun­da­ron Ares­to­ra, un­ha aso­cia­ción que es­tá a dar os seus pri­mei­ros pa­sos, pe­ro que na­ce co fir­me pro­pó­si­to de con­so­li­dar­se nun fu­tu­ro pró­xi­mo, de atraer no­vos co­la­bo­ra­do­res e, so­bre to­do, de evi­tar que os máis no­vos do lu­gar se des­pra­cen a mu­ni­ci­pios li­mí­tro­fes pa­ra go­zar do seu tem­po li­bre.

Foi pre­ci­sa­men­te o fei­to de ver como boa par­te da mo­ci­da­de de Ou­tes tece as súas re­des so­ciais fó­ra do ter­mo, fun­da­men­tal­men­te na ve­ci­ña vi­la de Noia, o que le­vou a es­tes ve­ci­ños a xun­tar­se. «Con­si­de­ra­mos que un dos mo­ti­vos po­los que a xen­te da no­sa ida­de fu­xe de aquí no seu tem­po li­bre é por­que as ac­ti­vi­da­des que hai en Ou­tes en­fo­ca­das á mo­ci­da­de son mí­ni­mas. A maior par­te das pro­pos­tas que xor­den do Con­ce­llo son pa­ra os ca­ti­vos», co­men­ta An­xo Nú­ñez, un dos im­pul­so­res de Ares­to­ra.

É pre­ci­sa­men­te ese oco o que que­ren en­cher es­tes em­pren­de­do­res. Ase­gu­ran ter un fei­xe de ideas na ca­be­za pa­ra con­se­gui­lo e con­fían en que as pri­mei­ras ve­xan a luz es­te mes­mo mes: «Co fin de dar­nos a co­ñe­cer que­re­mos or­ga­ni­zar un con­cer­to en Bro­ña, ao atar­de­cer, pa­ra que os asis­ten­tes poi­dan go­zar da pos­ta de sol, e un­ha se­sión de ci­ne ao ai­re li­bre», ex­pli­cou An­xo Nú­ñez. En­ga­diu que pre­ten­den em­pe­zar con pro­pos­tas que poi­dan le­var a ca­bo con re­cur­sos pro­pios pa­ra tra­ba­llar, a me­dio pra- zo, nun­ha me­ta máis am­bi­cio­sa: «Aín­da que po­lo de ago­ra non po­de­mos adian­tar na­da, si que te­mos al­go grande pre­vis­to, un­ha ac­ti­vi­da­de que bus­ca­ría in­clu­so atraer a xen­te de fó­ra ao mu­ni­ci­pio de Ou­tes».

Li­ña cul­tu­ral

Aín­da que non des­car­tan tra­ba­llar en ou­tros ei­dos de ca­ra ao fu­tu­ro, a li­ña cul­tu­ral e lú­di­ca se­rá o pun­to de par­ti­da de Ares­to­ra. «O que que­re­mos é dar­lle aos ve­ci­ños de Ou­tes a opor­tu­ni­da­de de vi­vir a rúa, pois se­me­lla que aquí a xen­te ven a co­mer e a dur­mir, pe­ro nun­ca se ve nin­guén por fó­ra das ca­sas e dos ba­res. Non hai vi­da ao ai­re li­bre», ma­ni­fes­tou Nú­ñez. Sa­ben que os co­me­zos sem­pre son du­ros, pe­ro te­ñen re­fe­ren­tes pró­xi­mos que lles ser­ven de guía: «EuSo­nMa­za­ri­cos é pa­ra nós un exem­plo a se­guir. Aín­da que a pro­mo­ción

A idea. A aso­cia­ción Ares­to­ra es­tá pre­si­di­da por Laura Lou­ro, que con­ta coa colaboración de An­xo Nú­ñez, Luis Ma­yo, Da­vid Hor­tas, Fer­nan­do Vi­la, Sil­via Tu­ñas e Car­los Nie­to. Cons­ti­tu­ción. Os mo­zos te­ñen pre­vis­to pre­sen­tar es­ta se­ma­na no re­xis­tro a do­cu­men­ta­ción pa­ra a cons­ti­tu­ción da en­ti­da­de.

do tu­ris­mo non es­tá den­tro dos ob­xec­ti­vos que nos mar­ca­mos, si que as­pi­ra­mos a ser igual de fun­cio­nais que di­ta en­ti­da­de».

Os fun­da­do­res de Ares­to­ra re­co­ñe­cen que son un gru­po de ami­gos con in­que­dan­zas co­múns, pe­ro si­na­lan que a aso­cia­ción es­tá aber­ta a to­do aquel que desexe su­mar­se, ben se­xa en­tran­do a for­mar par­te do equi­po de tra­ba­llo ou sin­xe­la­men­te apoian­do as pro­pos­tas me­dian­te a par­ti­ci­pa­ción nas ac­ti­vi­da­des que se le­ven a ca­bo. Os mo­zos ar­gu­men­tan que o seu fin é abran­guer un abano am­plo de pú­bli­co: «Pen­sa­mos que po­de­mos atraer a ve­ci­ños de en­tre 16 e 30 anos, apro­xi­ma­da­men­te», apun­tou o vo­cei­ro da en­ti­da­de.

Co­ma un pro­xec­to am­bi­cio­so sen da­ta de re­ma­te se pre­sen­ta Ares­to­ra, que xa se pro­mo­cio­na nas re­des so­ciais pa­ra que nin­guén en Ou­tes des­co­ñe­za a exis­ten­cia da que pre­ten­de ser un­ha no­va ven­tá aber­ta a to­dos aque­les que an­sían al­ter­na­ti­vas nos ei­dos cul­tu­ral e lú­di­co. Ga­ñas e ilu­sión son po­lo de ago­ra as ar­mas que ten es­te gru­po de mo­zos pa­ra tra­tar de conseguir os seus ob­xec­ti­vos. No ho­ri­zon­te es­tá a idea de for­mar un ba­ta­llón de ve­ci­ños dis­pos­tos a vi­vir e go­zar no seu mu­ni­ci­pio.

CE­DI­DA

An­xo, Laura, Luis, Da­vid, Fer­nan­do e Sil­via son, xun­to con Car­los Nie­to, os fun­da­do­res do co­lec­ti­vo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.