Evi­tar a he­ca­tom­be

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-Muros-Noia - Jo­sé Ro­drí­guez Ca­be­za

Ilús­tra­nos o gran mu­ni­ci­pa­lis­ta e co­la­bo­ra­dor des­ta edi­ción X.Ra­món Al­vi­te con dous da­tos moi elo­cuen­tes. Os con­ce­llos da bis­ba­rra re­bai­xa­ron as súas (¿ou as no­sas?) dé­be­das en vin­te mi­llóns den­de 2009 ata 2016, o que su­pón un 51,68 %, sen que se pro­du­ci­ra nin­gun­ha ca­tás­tro­fe in­su­pe­ra­ble, así como que en­tre 20152016 ali­via­ron as fi­nan­zas en cin­co mi­llóns que, como moi ben re­fi­re Al­vi­te, trae cau­sa dun­ha das me­llo­res leis, qui­zais a me­llor, pro­mo­vi­das po­lo go­berno de Ra­joy e se­ve­ra­men­te apli­ca­da po­lo, nes­te ca­so in­xus­ta­men­te de­nos­ta­do, Mon­to­ro. Se is­to fo­se cons­ti­tu­cio­nal­men­te po­si­ble pa­ra o ca­so das au­to­no­mías, arran­xa­ría un dos gra­ves pro­ble­mas des­te país: o dé­fi­cit pú­bli­co.

Nes­tes in­tres es­tan­se ne­go­cian­do o tei­to de gas­to e os or­za­men­tos de 2018 e o con­to vai por ou­tras co­rre­doi­ras. Ás au­to­no­mías non só non se lles re­cor­ta (nin se lles con­tro­la) se­nón que aín­da lles to­ca a lotería, un dé­ci­mo pre­mia­do que nin­guén ten ase­gu­ra­do na vin­dei­ra do Na­dal e nis­to es­tá o mio­lo da re­fle­xión, a prac­ti­ca­men­te in­ca­pa­ci­da­de cons­ti­tu­cio­nal do go­berno da na­ción de pla­ni­fi­car a ac­ti­vi­da­de eco­nó­mi­ca xe­ral do Es­ta­do pre­vis­ta no ar­ti­go 131.1 da CE, xa que se­gun­do o 131.2 pre­ci­sa da colaboración, en­tre ou­tros... ¡das co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas! ¡To­ma cas­ta­ñas!.

Es­ta­mos mer­gu­lla­dos na vi­ru­len­ta chan­ta­xe de Ca­ta­lu­ña e can­do pen­sa­ba­mos que o PSOE ía co­la­bo­rar, in­cluí­da, no seu ca­so, a apli­ca­ción do am­bi­guo ar­ti­go 155 CE, re­sul­ta que si pe­ro que non. Ati­nan os de Ciu­da­da­nos can­do pro­po­ñen un­ha re­vi­ra­vol­ta ins­ti­tu­cio­nal pro­fun­da por­que, se non, es­te país se­rá un­ha he­ca­tom­be.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.