«Es­ta­se fa­cen­do ne­go­cio cos cor­pos das mu­lle­res máis vul­ne­ra­bles»

el BNG lle­va a O Hó­rreo su ra­di­cal opo­si­ción a cual­quier nor­ma­ti­va so­bre lo que de­no­mi­nan «ven­tres de alu­guei­ro». Se tra­ta de un te­ma con­tro­ver­ti­do que ge­ne­ra di­vi­sión in­ter­na en los gran­des par­ti­dos.

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Sociedad - YOHANA SILVA, M. F.

Ana Bringas é a Res­pon­sa­ble de Acción Fe­mi­nis­ta no BNG e pro­fe­so­ra na Uni­ver­si­da­de de Vi­go. Co­rre­dac­tou a po­nen­cia que se de­ba­teu so­bre os ven­tres de alu­guei­ro na úl­ti­ma asem­blea do par­ti­do, na que se opo­ñen ra­di­cal­men­te a cal­que­ra ti­po de re­gu­la­ción.

O ar­gu­men­to dos fei­tos con­su­ma­dos non de­be ser un ar­gu­men­to de nin­gún xei­to nes­te ca­so. É moi cu­rio­so ob­ser­var co­mo ese ti­po de ar­gu­men­to se uti­li­za pa­ra de­fen­der a re­gu­la­ción de­sas cues­tións que uni­ca­men­te afec­tan ás mu­lle­res, co­mo son os ven­tres de alu­guei­ro ou a pros­ti­tu­ción. Exis­te, é un­ha reali­da­de que exis­te, ha­be­ría que re­gu­la­lo. Se ese ar­gu­men­to o apli­ca­mos a ou­tras cues­tións, sal­ta á vis­ta que é ab­sur­do. Por exem­plo, hai moi­tos go­ber­nos que son co­rrup­tos, é al­go que es­tá aquí, que é en­dé­mi­co, que non nos da­mos li­bra­do da co­rrup­ción, pois re­gu­lé­mo­la. A nin­guén se lle oco­rre­ría le­ga­li­zar a pros­ti­tu­ción in­fan­til por máis que poi­da ser un­ha reali­da­de en cer­tos paí­ses. Hai de­ter­mi­na­das cues­tións so­bre as que non se uti­li­za es­te ar­gu­men­to dos fei­tos con­su­ma­dos. Se hai un­ha prác­ti­ca ra­di­cal­men­te in­xus­ta e que vai con­tra to­da éti­ca non po­de ser re­gu­la­da de nin­gun­ha for­ma.

Non sei se é un pun­to de unión. Os con­ser­va­do­res, te­ñen os seus mo­ti­vos. Fa­la­mos so­bre to­do do sec­tor máis ca­tó­li­co e mais pró­xi­mo á Igre­xa. O no­so ra­zoa­men­to co­mo fe­mi­nis­tas é di­fe­ren­te. As fe­mi­nis­tas e en­ten­do que as or­ga­ni­za­cións de es­quer­das, te­mos mo­ti­vos éti­cos, re­xei­ta­mos es­ta prác­ti­ca que é un­ha mer­can­ti­li­za­ción dos cor­pos das mu­lle­res e un­ha com­pra ven­da de crian­zas non hai nin­gun­ha for­ma que sen­do fe­mi­nis­ta, sen­do an­ti­ca­pi­ta­lis­ta e de es­quer­das, poi­das de­fen­der is­to.

Hai es­tu­dos que de­fen­den que se­pa­rar as crian­zas das súas nais bio­ló­xi­cas sen mo­ti­vo é un­ha violencia obs­té­tri­ca e que po­de ter con­se­cuen­cias pa­ra o ape­go, pa­ra os víncu­los emo­cio­nais, que po­den ter con­se­cuen­cias des­pois na vi­da de­sa cria­tu­ra. Mes­mo a for­ma en que a muller le­va o em­ba­ra­zo, xa que es­tá su­xei­ta a de­ter­mi­na­das pre­sións. Exis­ten es­tu­dos mé­di­cos que amo­san co­mo mu­lle­res que se so­me­te­ron a es­te pro­ce­de­men­to ta­mén te­ñen con­se­cuen­cias, co­mo de­pre­sións tem­po des­pois de en­tre­gar a crianza. In­clu­so fa­lan­do de mu­lle­res que o fi­xe­ron de for­ma al­truís­ta.

O sis­te­ma de adop­ción de­be­ría ser un­ha al­ter­na­ti­va. De­be­ría con­si­de­rar­se. A reali­da­de é que hai mi­les de ne­nos e de ne­nas que si que te­ñen de­rei­to a ter un­ha fa­mi­lia e que non son adop­ta­dos por­que hai per­soas que an­tes as tra­bas e as di­fi­cul­ta­des que ato­pan no pro­ce­so de adop­ción, pois re­co­rren a un­ha vía rá­pi­da pa­ra sa­tis­fa­cer os desexos de ser pais ou nais. Nin­guén dos que es­tán pro­mo­ven­do es­ta pro­po­si­ción de lei, e que in­vo­can es­te de­rei­to á ma­ter­ni­da­de e pa­ter­ni­da­de, que non exis­te, pois sim­ple­men­te é un desexo, fi­xo un in­ten­to de de­man­dar un­ha axi­li­za­ción dos pra­zos de adop­ción por­que non in­tere­sa. O que es­tá en cues­tión é ese ne­go­cio. Es­ta­se fa­cen­do un gran ne­go­cio con es­ta prác­ti­ca a costa dos cor­pos das mu­lle­res mais vul­ne­ra­bles eco­no­mi­ca­men­te.

ÓS­CAR VÁZ­QUEZ

Ana Bringas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.