A con­cien­cia non é pa­ra nar­cos

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

CALEIDOSCOPIO IN­MA LÓ­PEZ SIL­VA

Al­go así lle aca­ba de di­cir vía ra­dio Car­men Avendaño a Lau­reano Ou­bi­ña, que saíu en li­ber­da­de con­di­cio­nal e se de­di­ca a dar que fa­lar po­los me­dios de co­mu­ni­ca­ción, to­do el so­ber­bia e ca­ra­du­rez, co­ma sem­pre, re­pe­tin­do que dor­me per­fec­ta­men­te por­que non ten ma­la con­cien­cia de na­da. De­be­ría es­tar prohi­bi­do usar a li­ber­da­de de ex­pre­sión e a con­di­cio­nal pa­ra em­pon­zo­ñar­te con­tra as túas ví­ti­mas e, á ba­se dun­ha mes­tu­ra en­tre chu­le­ría e pa­lur­di­ce, pen­sar que po­des vol­ver ao tem­po no que nin­guén lle tu­sía a un nar­co, can­do aín­da non mo­rre­ran os fi­llos de to­das e ca­da par­que de Ga­li­cia era un outlet da dro­ga: dos co­lum­pios aos po­rros, e dos po­rros ao ca­ba­lo e á co­ca. Da­que­la, os ra­pa­ces dos ins­ti­tu­tos do Bar­ban­za che­ga­ban tar­de á cla­se por­que lles da­ban cen mil pe­las por bo­tar un­ha noi­te na praia des­car­gan­do far­dos, e de sú­pe­to era ri­ca a súa fa­mi­lia po­bre. Tem­pos aque­les en que os nar­cos ga­le­gos an­da­ban de pa­rran­da cos pri­mei­ros xiha­dis­tas e cos cár­te­les co­lom­bia­nos. Pe­ro Ou­bi­ña, que nun­ca se ca­rac­te­ri­zou po­la súa xe­nia­li­da­de, des­co­ñe­ce aín­da que el vai e nós vi­mos de vol­ta. Des­co­ñe­ce que xa non atu­ra­mos es­tu­pi­de­ces. E so­bre to­do, que se nos in­sul­tan a Car­men Avendaño e o que re­pre­sen­ta, usa­mos con sa­ña a ra­bia de ter per­di­do aos ami­gos can­do non era­mos máis ca ne­nos gran­des.

Dá igual que Lau­reano Ou­bi­ña non te­ña con­cien­cia. Abon­da coa con­cien­cia de no­sou­tras, esa de non atu­rar­lle as par­va­das. Por­que pa­ra non ad­mi­tir aos nar­cos en­tre a xen­te de ben e pa­ra non fa­cer­lles en­tre­vis­tas, non fai fa­lla un­ha sen­ten­za xu­di­cial.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.