Que cho­va

La Voz de Galicia (Barbanza) - - El Tiempo - Xo­sé Car­los Ca­nei­ro

Den­de que o Con­ce­llo de Ve­rín anun­ciou que vai cons­truír un no­vo ce­mi­te­rio nas pro­xi­mi­da­des da ca­sa do Julio, na­tu­ral do lin­dí­si­mo Sal­guei­ro, to­do cam­biou na cua­dri­lla. É po­lo ve­rán, ima­xino. Por es­ta ca­lor que nos dis­tor­sio­na. Ma­ri­ló, can­do che­ga de tra­ba­llar ás oi­to e dez, mi­nu­to arri­ba mi­nu­to abai­xo, sen­ta na te­rra­za do Fi­del’s e pi­de un­ha ou dúas cer­ve­xas ben frías. Os ou­tros es­tán en con­ver­sas de cam­po­san­to. E to­do po­lo Ju­li­to, co­mo di­cía. Al­go lle pa­sou que non sou­bo asi­mi­lar a no­ti­cia do ce­mi­te­rio. El, que é o máis mo­zo da cua­dri­lla, pa­sa o día fa­lan­do de mor­ta­li­da­des. Que hai que ex­plo­tar as ins­ta­la­cións con­ve­nien­te­men­te. Que non es­ta­ría de máis po­ñer co­ne­xión wi­fi nos pan­te­óns, que nun­ca se sa­be. E ta­ri­ma flo­tan­te no chan. Que na­da de ci­pre­ses, nin ne­gror, co­lo­res vi­vas e un­ha ba­rra ben sur­ti­da con to­do ti­po de am­bro­sías es­pi­ri­tuo­sas. O Juan Ra­món, de­ses­pe­ra­do, di­lle que ten que dei­xar o te­ma. Non o con­se­gue. Ata pi­de que se por cul­pa dos ma­los pa­sos do des­tino el mar­cha an­tes ca nós, que o po­ña­mos nun lu­gar ben vi­si­ble. «¿Nun pan­teón do no­vo ce­mi­te­rio?», pre­gun­ta­mos. E con­tes­ta: «Non, cer­ca da ba­rra do bar, di­se­ca­do […] así ve­ré­des­me to­dos os días». To­mouno a pei­to co tras­mun­do. Pa­san as ho­ras de ter­tu­lia nes­te xu­llo as­fi­xian­te pa­ro­lan­do de mor­ta­xas e mor­tuo­rios. Ma­ri­ló es­tá a ou­tra cou­sa. En­si­mis­ma­do e sen abrir bo­ca, uni­ca­men­te pa­ra di­xe­rir cer­ve­xas frías que apar­ten a ca­lor. Ju­li­to sen­te que as súas «mor­ta­li­da­des» es­per­tan es­ca­so in­tere­se no elec­tri­cis­ta da cua­dri­lla. Mi­ra ca­ra a el. Ata se atre­ve a in­te­rro­ga­lo so­bre a cues­tión mor­tuo­ria. Pre­gún­ta­lle: «¿Cre­ma­ción, di­se­ca­ción […] que que­res, Ma­ri­ló?», e o Ma­ri­ló, aba­fa­do, res­pon­de: «Que cho­va, Ju­li­to, que cho­va».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.