A pis­ci­na do Ca­rre­four

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Car­los F. Coto

Pa­sa­ron xa no­ve me­ses den­de que so­li­ci­tei au­to­ri­za­ción pa­ra dar un tra­ta­men­to lí­qui­do de con­ser­va­ción a un­has pa­sa­re­las de ma­dei­ra na praia. Abu­rri­do de agar­dar por ela, e xa en­tra­do o ve­rán, cha­mei a Cos­tas do Es­ta­do, por quin­ta vez. A ama­ble se­ño­ra que me aten­deu in­di­cou­me que xa ha­bía xa cin­co me­ses que de­ran tras­la­do a Cos­tas da Xun­ta. Sen col­gar o te­lé­fono, cha­mei ao or­ga­nis­mo au­to­nó­mi­co e tras deam­bu­lar por seis ou se­te de­par­ta­men­tos pe­dín que me cha­ma­ra o res­pon­sa­ble de mo­do in­me­dia­to, que o asun­to era ur­xen­te. Dúas ho­ras des­pois re­ci­bín a cha­ma­da dun ex­haus­to fun­cio­na­rio que me ex­pli­cou a súa crí­ti­ca si­tua­ción: el era o úni­co téc­ni­co pa­ra in­for­mar 1.500 qui­ló­me­tros de cos­ta, que es­ta­ba aten­den­do as so­li­ci­tu­des do pa­sa­do ano e en con­cre­to, a co­lo­ca­ción dun­ha pis­ci­na in­cha­ble do Ca­rre­four.

Un­ha dra­má­ti­ca si­tua­ción por ter que xus­ti­fi­car o cum­pri­men­to das nor­mas ur­ba­nís­ti­cas, das leis sec­to­riais, do plan do li­to­ral, da re­de na­tu­ra e dos cum­pri­men­tos ur­ba­nís­ti­cos do con­ce­llo. To­da un­ha odi­sea pa­ra que un­ha fa­mi­lia ins­ta­la­ra na súa lei­ra un­ha pis­ci­na in­cha­ble. Se ti­ve­ra a oca­sión de cru­zar­me co ci­da­dán que so­li­ci­tou co­lo­car esa pis­ci­na di­ría­lle que non ti­ña que ter pe­di­do au­to­ri­za­ción nin­gun­ha: co­ló­caa e pun­to.

To­da a tra­ma le­xis­la­ti­va e bu­ro­crá­ti­ca na que vi­vi­mos em­be­bi­dos só con­du­ce a que os par­ti­cu­la­res fa­gan as obras sen so­li­ci­tar au­to­ri­za­cións, por abu­rri­men­to. Can­tas máis nor­mas ha­xa, máis se fo­men­ta a cons­tru­ción ile­gal, e se hai que pa­gar un­ha mul­ta, pá­ga­se. Por cer­to, as mi­ñas pa­sa­re­las se­guen aín­da sen o tra­ta­men­to de con­ser­va­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.