A ca­da quen, se­gun­do a súa ca­pa­ci­da­de

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión - MA­RÍA XO­SÉ PORTEIRO

Un­ha so­me­ra olla­da á vi­si­bi­li­za­ción das mu­lle­res na cien­cia con­fir­ma o gran­de des­co­ñe­ce­men­to da maio­ría da po­boa­ción, mes­mo ago­ra, co ac­ce­so á edu­ca­ción ga­ran­ti­do e ca­da vez maior pre­sen­za nes­te ei­do, tan mas­cu­lino e mas­cu­li­ni­za­do. Nun­ha en­qui­sa na rúa pa­ra pro­po­ñer no­mes de cien­tí­fi­cas ga­le­gas ac­tuais, o «non sei» ga­ña­ría por go­lea­da. Po­rén, co­me­za a ha­ber moi­tas e moi boas.

Eis o ca­so da neu­ró­lo­ga Susana Martínez-Con­de, di­rec­to­ra do La­bo­ra­to­rio de Neu­ro­cien­cia Vi­sual do Ins­ti­tu­to Neu­ro­ló­xi­co Ba­rrows (Phoe­nix, Ari­zo­na), on­de in­ves­ti­ga a re­la­ción en­tre as ex­pe­rien­cias vi­suais e as ba­ses da cons­cien­cia. Ou de Sonia Vi­lla­pol, ta­mén neu­ró­lo­ga, ex­per­ta en dano ce­re­bral no NIH (Ins­ti­tu­to Na­cio­nal da Saú­de), pres­ti­xio­so cen­tro de in­ves­ti­ga­ción mé­di­ca es­ta­dou­ni­den­se, pre­vio pa­so po­lo Cen­tro Na­cio­nal de In­ves­ti­ga­ción Cien­tí­fi­ca de Fran­cia a on­de emi­gra­ra «pa­ra ter un fu­tu­ro cla­ro».

Ou a in­mu­nó­lo­ga Áfri­ca Gon­zá­lez, si­tua­da na eli­te eu­ro­pea de em­pren­de­do­ras en in­no­va­ción, eli­xi­da es­te mes­mo ano co­mo un­ha das do­ce em­pre­sa­rias eu­ro­peas máis destacadas. A súa com­pa­ñía, Na­noim­mu­no­tech, desen­vol­ve na­no­par­tí­cu­las e pro­du­tos de diag­nós­ti­co ou me­di­ci­na re­xe­ne­ra­ti­va pa­ra 45 paí­ses. Ou a dou­to­ra Ali­cia Estévez To­ran­zo, mem­bro da Real Aca­de­mia Ga­le­ga de Cien­cias, re­fe­ren­te in­ter­na­cio­nal en pa­to­lo­xías de pei­xes e ela­bo­ra­ción de va­ci­nas pa­ra acui­cul­tu­ra. Ou a bió­lo­ga Car­me­la Porteiro, que foi vicepresidenta do Con­se­llo In­ter­na­cio­nal pa­ra a Ex­plo­ta­ción do Mar, ór­gano ase­sor in­ter­gu­ber­na­men­tal da UE en xes­tión das pes­que­rías.

Ou a bió­lo­ga Va­nes­sa Val­di­gle­sias, que me­re­ceu no 2015 o pre­mio eu­ro­peo da So­cie­da­de Eu­ro­pea de Xe­nó­mi­ca e Mu­ta­xé­ne­se Am­bien­tal pa­ra o me­llor in­ves­ti­ga­dor no­vo na súa es­pe­cia­li­da­de. Des­pois da ma­rea ne­gra do

Pres­ti­ge, par­ti­ci­pou nun­ha in­ves­ti­ga­ción pio­nei­ra no mun­do so­bre os efec­tos do fuel na saú­de, po­lo que ta­mén foi re­qui­ri­da pa­ra par­ti­ci­par no gru­po de ase­so­res for­ma­do po­lo Go­berno dos Es­ta­dos Uni­dos can­do o desas­tre da pla­ta­for­ma pe­tro­lí­fe­ra Deep­wa­ter Ho­ri­zon, no gol­fo de Mé­xi­co.

Ha­be­rá que ir pen­san­do en fa­cer aco­pio de len­tes vio­le­tas e se­guir o exem­plo do Ob­ser­va­to­rio da Ma­ri­ña po­la Igual­da­de que de­di­cou a súa Axen­da Fe­mi­nis­ta do 2016 a do­ce cien­tí­fi­cas ga­le­gas. Por­que ou­tro xei­to de ob­ser­var, e con­tar, o mun­do que es­ta­mos a cons­truír en­tre to­das e to­dos, é po­si­ble, por máis que a Real Aca­de­mia Es­pa­ño­la tei­me en de­cla­rar «in­co­rrec­ta» a di­fe­ren­cia­ción. Ben se sa­be que o que non se no­mea, non exis­te e hai que po­ñer­lle luz a tan­to ta­len­to fe­mi­nino con ca­pa­ci­da­de máis que so­bra­da e de­mos­tra­da.

Co­mo se di na pa­rá­bo­la que vén a con­to, un ho­me qui­xo re­par­tir os seus bens en­tre os seus ser­vi­do­res ao ter que mar­char fó­ra. A un deu­lle cin­co talentos, a ou­tro dous, e a ou­tro un, se­guin­do o ecuá­ni­me cri­te­rio de «a ca­da quen, se­gun­do a súa ca­pa­ci­da­de». Son pa­la­bras maio­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.