A Ca­sa de Rosalía pre­sen­ta o seu re­no­va­do dis­cur­so mu­seo­grá­fi­co

La Voz re­ga­la ma­ñá un­ha re­vis­ta de 32 pá­xi­nas co ga­llo da rea­per­tu­ra do re­cin­to

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura -

Ma­ñá a con­me­mo­ra­ción do ca­bo­dano de Rosalía —o 132 aniver­sa­rio da súa mor­te— te­rá un­ha re­per­cu­sión es­pe­cial. A Ca­sa da Ma­tan­za ce­le­bra, ade­mais da efe­mé­ri­de da au­to­ra, a rea­per­tu­ra do re­cin­to tras as obras de acon­di­cio­na­men­to e un re­no­va­do dis­cur­so mu­seo­grá­fi­co. Un pro­xec­to dos ar­qui­tec­tos Luís Gil e Cris­ti­na Nieto per­mi­tiu a pos­ta ao día das ins­ta­la­cións en Pa­drón, de­te­rio­ra­das tras anos de uso. En­tre as di­ver­sas ac­tua­cións, cóm­pre sa­lien­tar as que se cen­tra­ron en re­sol­ver pro­ble­mas de hi­gro­me­tría e con­fort tér­mi­co, co­mo os tras­do­sa­dos, for­xa­do ven­ti­la­do e ca­le­fac­ción ra­dian­te, ade­mais da ilu­mi­na­ción, se­gu­ri­da­de e ac­ce­si­bi­li­da­de. Es­tas obras per­mi­ti­ron ta­mén axei­tar a ca­sa a un no­vo pro­xec­to mu­seo­grá­fi­co, di­ri­xi­do por Pe­pe Ba­rro, no que é a pro­pia ca­sa, a tra­vés das pe­zas e a súa dis­po­si­ción, a que re­la­ta aos vi­si­tan­tes a vi­da e a obra de Rosalía e a súa fa­mi­lia.

Os ac­tos co­me­za­rán ás 19.30 ho­ras, cun­ha vi­si­ta guia­da a car­go de Pe­pe Ba­rro. A par­tir das oi­to da tar­de pre­sen­ta­ra­se un li­bro de poe­sía es­co­lar, co re­ci­ta­do das obras ga­ña­do­ras, e da­ra­se pa­so a en­tre­ga da dis­tin­ción Ro­sa de Ga­li­cia á fa­mi­lia de Ca­mi­lo Agra­sar. In­ter­vi­rán lo­go Cat­he­ri­ne Da­vies, Víctor F. Frei­xa­nes, Go­ret­ti San­mar­tín, Ro­mán Rodríguez e An­to­nio Fer­nán­dez An­guei­ra. A con­me­mo­ra­ción re­ma­ta­rá cun bre­ve con­cer­to de Amancio Prada.

Prin­ci­pais fi­tos

La Voz de Ga­li­cia en­tre­ga­rá ta­mén ma­ñá a re­vis­ta gra­tuí­ta Rosalía na súa ca­sa, que re­co­lle os prin­ci­pais fi­tos da in­ter­ven­ción ar­qui­tec­tó­ni­ca na ca­sa-mu­seo, a tra­vés da re­pro­du­ción de pe­zas e do­cu­men­tos que se ex­hi­ben no no­vo per­co­rri­do mu­seo­grá­fi­co. Ade­mais, a pu­bli­ca­ción abor­da co­mo foi o pro­ce­so ori­xi­na­rio de com­pra e res­tau­ra­ción da ca­sa, en­tre as dé­ca­das dos anos co­ren­ta e se­ten­ta do sécu­lo pa­sa­do. Des­pois da ad­qui­si­ción da pro­pie­da­de, o im­pul­so fi­nal che­gou cun­ha cam­pa­ña de subs­cri­ción popular que pu­xo en mar­cha La Voz en 1970, cun­ha al­tí­si­ma participación, o que per­mi­tiu re­ca­dar pre­to dun mi­llón de pe­se­tas pa­ra acon­di­cio­nar o mu­seo.

Pu­bli­ca­ción. A re­vis­ta Rosalía na

súa ca­sa, que se en­tre­ga ma­ñá de bal­de con La Voz, per­co­rre o pro­ce­so de ad­qui­si­ción e trans­for­ma­ción da ca­sa en mu­seo, así co­mo as obras e o no­vo dis­cur­so mu­seo­grá­fi­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.