A me­mo­ria das gue­rras

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - Carlos G. Rei­go­sa

Em­pe­za a non es­tar de mo­da ler li­bros so­bre a no­sa Gue­rra Ci­vil, al­go que ten a súa ló­xi­ca por­que xa van aló oi­ten­ta anos des­de que, en 1936, co­me­zou esa lior­ta. Pe­ro non de­be­ría es­que­cer­se o que foi, co­mo prin­ci­piou e o que ne­la pa­sou, por­que amo­sa moi ben co­mo to­do un po­bo po­de en­fo­ci­ñar nun char­co de san­gue, froi­to dun­ha cruel e desapia­da­da loi­ta fra­tri­ci­da. Co­mo sen­ten­ciou o fi­ló­so­fo ale­mán Im­ma­nuel Kant, «a gue­rra é ne­fan­da por­que fai máis ho­mes ma­los ca os que ma­ta». É di­cir, é mo­ral­men­te re­pug­nan­te. Pe­ro aí es­tá a His­to­ria Uni­ver­sal, chea de epi­so­dios bé­li­cos abo­mi­na­bles e no­xen­tos, pla­ga­dos de fe­ro­ci­da­de e de cruel­da­de. O gran­de co­rres­pon­den­te de gue­rra Her­bert Matt­hews, que in­for­mou da no­sa Gue­rra Ci­vil pa­ra The New York Ti­mes, tí­ñao cla­ro can­do afir­mou: «De­ca­tei­me da fal­si­da­de e da hi­po­cri­sía dos que se pro­cla­ma­ban neu­trais e da es­tu­pi­dez, se non pu­ra san­dez, de di­rec­to­res e lec­to­res que pe­dían aos xor­na­lis­tas que es­cri­bi­sen ob­xec­ti­va e im­par­cial­men­te».

Co­ñe­cer a His­to­ria (a no­sa e a de to­dos) é in­dis­pen­sa­ble, e ta­mén é in­dis­pen­sa­ble re­es­cri­bi­la, co­mo ben di­cía Oscar Wil­de, por­que ca­da mo­men­to his­tó­ri­co ten a súa for­ma de ollar, de des­ci­frar e de apren­der. As cou­sas do pa­sa­do non te­ñen un­ha úni­ca in­ter­pre­ta­ción. De cer­to, ca­da xe­ra­ción aca­ba por im­po­ñer a súa, le­xi­ti­ma­men­te, sem­pre que es­ta im­po­si­ción non se­xa sec­ta­ria, par­ti­da­ria, fal­si­fi­ca­do­ra ou in­tere­sa­da, por­que ao ca­bo is­to é sem­pre un fra­ca­so. As no­sas vi­das de­fí­nen­se po­las opor­tu­ni­da­des que te­mos, e mes­mo ta­mén po­las que per­de­mos, co­mo di­xo Scott Fitz­ge­rald. Pe­ro a máis gran­de opor­tu­ni­da­de é a que nos per­mi­te ati­nar no ca­mi­ño de non re­pe­tir erros san­guen­tos do pa­sa­do. Por is­to se­gue a ser ne­ce­sa­rio co­ñe­cer ese pa­sa­do, e por is­to é pre­ci­so vol­ver a ler so­bre a no­sa Gue­rra Ci­vil, so­bre a Se­gun­da Gue­rra Mun­dial e so­bre tan­tos e tan­tos ou­tros epi­so­dios bé­li­cos que tin­guen de san­gue to­dos os no­sos pa­sa­dos. Coa es­pe­ran­za de que a me­mo­ria tra­ba­lle ao no­so fa­vor e fa­ga po­si­ble un fu­tu­ro li­be­ra­do de to­dos eses ma­les pre­té­ri­tos. O le­ma re­sul­tan­te de­be­ría ser: «Nun­ca máis un­ha gue­rra». Is­to de­be en­rai­zar no te­rreo dos no­sos máis no­bres desexos. Por iso hai que se­guir a ler a no­sa his­to­ria bé­li­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.