Au­ten­ti­ci­da­de

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Manuel Ga­go

Oou­tro día Ja­vier Olle­ros, co­ci­ñei­ro do res­tau­ran­te Cu­ller de Pau de O Gro­ve, co­men­ta­ba, no trans­cur­so dun­ha me­sa re­don­da ce­le­bra­da na pro­gra­ma­ción do fes­ti­val Por­ta­mé­ri­ca, en Cal­das de Reis, un­ha anéc­do­ta que lle acon­te­ce­ra cun pes­ca­dor lo­cal. Aquel ho­me di­xé­ra­lle que lle pre­gun­ta­ran por on­de co­mer un­ha boa cal­dei­ra­da e non sa­bía di­cir­lle. «E eu tam­pou­co», en­ga­diu Ja­vier Olle­ros. Eu fi­xen ta­mén un cálcu­lo rá­pi­do so­bre as no­sas fran­xas ma­rí­ti­mas arou­sás e da Cos­ta da Mor­te. Lem­brei al­gúns si­tios, cla­ro, pe­ro moi­tos me­nos dos que me gus­ta­ría.

Es­ta­mos nun con­tex­to es­tra­ño pa­ra a gas­tro­no­mía ga­le­ga. O au­xe me­diá­ti­co da gas­tro­no­mía po­ten­cia os pro­xec­tos de res­tau­ra­ción e, por ló­xi­ca, ta­mén aos co­ci­ñei­ros e ne­go­cios lo­cais. Pe­ro a di­ná­mi­ca Mar­ta Fer­nán­dez, di­rec­to­ra do Cen­tro Su­pe­rior de Hos­ta­le­ría de Ga­li­cia, si­na­lou na me­sa que a ca­se to­ta­li­da­de dos pro­xec­tos de fin de grao fei­tos po­los alum­nos des­ta es­co­la de re­fe­ren­cia ti­ñan que ver coa de­no­mi­na­da co­ci­ña fu­sión. É un­ha mo­da, por su­pos­to, pe­ro ten o ris­co de des­na­tu­ra­li­zar o que fai com­pe­ti­ti­va e dis­tin­ta á gas­tro­no­mía ga­le­ga.

Na ría de Arou­sa, e no res­to da cos­ta ga­le­ga, te­mos un­ha avan­ta­xe cla­ra con res­pec­to a ou­tros des­ti­nos atlán­ti­cos. Aquí, cer­tas cues­tións cul­tu­rais e gas­tro­nó­mi­cas se­guen a ser au­tén­ti­cas, no sen­ti­do en que as no­sas rai­cei­ras non as re­cu­pe­ra­mos de li­bros ou mu­seos, se­nón da no­sa me­mo­ria fa­mi­liar. Son par­te esen­cial de nós.

Ade­mais da fu­sión asiá­ti­ca tan de mo­da, a min gus­ta­ría­me que as no­sas ca­sas de xan­tar se fu­sio­na­ran ta­mén co no­so de­li­cio­so pa­sa­do cul­tu­ral e gas­tro­nó­mi­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.