A Depu­tación da Co­ru­ña si­túa­se á ca­be­za no apoio a fes­ti­vais de mú­si­ca, ar­tes es­cé­ni­cas e au­dio­vi­suais

La Voz de Galicia (Barbanza) - - España -

CUN or­za­men­to que su­pera o mi­llón de eu­ros, a Depu­tación da Co­ru­ña si­túa­se á ca­be­za das ins­ti­tu­cións que apoian fes­ti­vais de mú­si­ca, ar­tes es­cé­ni­cas e au­dio­vi­suais. Vin­te e cin­co or­ga­ni­za­dos por con­ce­llos e trin­ta e seis por en­ti­da­des con­tan co fi­nan­cia­men­to da ins­ti­tu­ción pro­vin­cial pa­ra di­fun­dir a cultura por to­do o te­rri­to­rio. A área de Cultura da Depu­tación da Co­ru­ña reali­zou un es­pe­cial es­for­zo pa­ra apoiar os fes­ti­vais que se desen­vol­ven ao lon­go do te­rri­to­rio coa con­vo­ca­to­ria de dúas li­ñas de axu­das, un­ha pa­ra os or­ga­ni­za­dos por con­ce­llos e ou­tra por en­ti­da­des, que su­pe­ran o mi­llón de eu­ros de or­za­men­to. Des­ta ma­nei­ra, si­tua­se á ca­be­za, con di­fe­ren­za, do apoio ins­ti­tu­cio­nal ao sector, du­pli­can­do, por exem­plo, o or­za­men­to que a Xun­ta a tra­vés de AGA­DIC des­ti­na aos fes­ti­vais que se or­ga­ni­zan en to­da Ga­li­cia. Cun or­za­men­to que su­pera o me­dio mi­llón de eu­ros deu­se a co­ñe­cer a dis­tri­bu­ción de axu­das aos fes­ti­vais or­ga­ni­za­dos por con­ce­llos e, en días, fa­ra­se pú­bli­ca a re­so­lu­ción da li­ña dos que pro­mo­ven en­ti­da­des, uns 36 even­tos que du­pli­ca­rán a can­ti­da­de da ache­ga da área de Cultura da Depu­tación da Co­ru­ña. Cur­to­cir­cuí­to de San­tia­go e o Fes­ti­val In­ter­na­cio­nal do Mun­do Celta de Ortigueira, con 90.000 eu­ros, son os dous fes­ti­vais que re­ci­ben un­ha can­ti­da­de maior na li­ña de axu­das a fes­ti­vais or­ga­ni­za­dos por con­ce­llos da área de Cultura da Depu­tación da Co­ru­ña que, nes­ta edi­ción, apoia vin­te e cin­co even­tos or­ga­ni­za­dos na pro­vin­cia. En to­tal son 518.187,14 € os que a área de Cultura des­ti­na a fes­ti­vais or­ga­ni­za­dos por con­ce­llos o que a si­túan, con di­fe­ren­cia, na ins­ti­tu­ción que máis apoia o que se con­si­de­ran es­pe­ciais es­ca­pa­ra­tes ao vi­vo pa­ra a mú­si­ca, ar­tes es­cé­ni­cas e pro­du­cións au­dio­vi­suais. As dúas li­ñas de axu­da su­po­ñen un­ha apos­ta cla­ra da Depu­tación da Co­ru­ña po­los fes­ti­vais co­mo even­tos di­na­mi­za­do­res da cultura e o turismo, dous sec­to­res es­tra­té­xi­cos ta­mén pa­ra o de­sen­vol­ve­men­to eco­nó­mi­co. Fes­ti­vais co­mo Ci­neu­ro­pa, Rock in Cam­bre, Fes­ti­val Carballo In­ter­play , Mos­tra de Tea­tro In­fan­til e Xu­ve­nil de Na­rón, Fes­ti­val De­sor­des So­no­ras, Mos­tra de Tea­tro de Ca­ri­ño, Traz ou­tro ami­go Tam­bém de Cedeira, Far­tar de Ar­tei­xo ou Val de Rúa de Be­tan­zos son al­gúns dos vin­te e cin­co be­ne­fi­cia­rios da li­ña de axu­das pa­ra con­ce­llos en con­co­rren­cia com­pe­ti­ti­va se­guin­do cri­te­rios ob­xec­ti­vos co­mo tra­xec­to­ria, impacto so­cial, nú­me­ro de edi­cións ou pre­sen­za de gru­pos, ban­das e pro­du­cións ga­le­gas. A con­vo­ca­to­ria das dúas li­ñas de sub­ven­ción es­tán a per­mi­tir dar un sal­to cua­li­ta­ti­vo na or­ga­ni­za­ción dos fes­ti­vais, con­tri­buín­do á pro­fe­sio­na­li­za­ción, á es­ta­bi­li­da­de e á ca­li­da­de na pro­gra­ma­ción. O sis­te­ma de axu­das op­tou por eli­mi­nar a dis­cre­cio­na­li­da­de das sub­ven­cións no­mi­na­ti­vas e pri­mou a dis­tri­bu­ción de fon­dos por cri­te­rios de va­lo­ra­ción ob­xec­ti­vos, cun­ha co­mi­sión téc­ni­ca de es­pe­cia­lis­tas do ám­bi­to cul­tu­ral que par­ti­ci­pa­ron en to­do o pro­ce­so de re­so­lu­ción das axu­das. Ade­mais, a área de Cultura da Depu­tación da Co­ru­ña con­tou coa opi­nión de en­ti­da­des e per­soas que es­tán im­pli­ca­das na or­ga­ni­za­ción dos fes­ti­vais pa­ra deseñar un­has pro­pos­tas dia­lo­ga­das con re­pre­sen­tan­tes dos sec­to­res. No ám­bi­to au­dio­vi­sual, a área de Cultura da Depu­tación fi­nan­cia o de­sen­vol­ve­men­to de Cur­to­cir­cuí­to e Ci­neu­ro­pa en San­tia­go de Com­pos­te­la (90.000 e 72.000 € res­pec­ti­va­men­te), Carballo In­ter­play (33.174,96 €), Ci­ne­ma Crian­za de Ames (18.284,10 €), Mos­tra Cur­ta­me­tra­xes Vi­la de Noia (47.950 €) e Chan­fai­na Lab de San San­dur­ni­ño (6.019,63 €). O Fes­ti­val In­ter­na­cio­nal do Mun­do Celta de Ortigueira (90.000 €) en­ca­be­za a lis­ta­xe de fes­ti­vais mu­si­cais apoia­dos po­la Depu­tación da Co­ru­ña na que ta­mén se ato­pan o Fes­ti­val do Quei­xo de Ar­zúa (26.748,50 €), o Fes­ti­val Folk Guí­sa­mo de Ber­gon­do (6.720 €), Rock in Cam­bre 2017 (26.250 €), Traz ou­tro ami­go tam­bem de Cedeira (2.019,91 €), Fes­ti­val de Blues de Fis­te­rra (2.929,50 €), Fes­ti­val In­ter­na­cio­nal de Ar­pa Vi­la de Noia (5.692,50 €), Fes­ti­val De­sor­des So­no­ras de Or­des (4.827,90 €), Fes­ti­val de Jazz de Rian­xo (5.384,19

€), Rois arra­sa (1.575 €) ou Noi­te de Bo­los de Ne­da (3.111,57 €) As ar­tes es­cé­ni­cas pro­ta­go­ni­zan ta­mén un am­plo abano de pro­pos­tas be­ne­fi­cia­das po­las li­ñas de axu­das pro­vin­ciais que van des­de a Mos­tra de Tea­tro de Ca­ri­ño (17.577,07

€), Fes­ti­ma­xia Lou­sa­me (3.150 €), Vai de Rúa de Be­tan­zos (2.706,17 €), Oleiros EXT-Ce­ni­co (2.257,50 €) ou as pro­pos­tas máis des­ti­na­das ao pú­bli­co de me­nor ida­de co­mo Ga­li­cre­ques do Con­sor­cio As Ma­ri­ñas (4.515 €)e a Mos­tra de Tea­tro In­fan­til e Xu­ve­nil de Na­rón (21.288,38 €). Asal­to ao Cas­te­lo de Vi­mian­zo (19.668,53 €) e Far­tar de Ar­tei­xo (4.336,73 €) com­ple­tan a ofer­ta de fes­ti­vais or­ga­ni­za­dos por con­ce­llos que con­tan co apoio da Depu­tación da Co­ru­ña. Can­do se in­cor­po­ren os or­ga­ni­za­dos por en­ti­da­des que se da­rán a co­ñe­cer nas pró­xi­mas se­ma­nas, se­rán máis de se­sen­ta os even­tos que con­ta­rán coa axu­da da área de Cultura da ins­ti­tu­ción pro­vin­cial co­mo prin­ci­pal so­por­te pa­ra o seu de­sen­vol­ve­men­to, o que su­po­rá ta­mén un xei­to de di­na­mi­za­ción do sector cul­tu­ral e de ache­ga­men­to da pro­du­ción ga­le­ga ao pú­bli­co. Ve­la­quí un­ha fór­mu­la pa­ra con­tri­buír á di­fu­sión da cultura, di­na­mi­za­ción do sector e crea­ción de em­pre­go a tra­vés dos fes­ti­vais.

Máis de se­sen­ta even­tos con­ta­rán coa axu­da da área de Cultura da ins­ti­tu­ción pro­vin­cial co­mo prin­ci­pal so­por­te pa­ra o seu de­sen­vol­ve­men­to, o que su­po­rá ta­mén un xei­to de di­na­mi­za­ción do sector cul­tu­ral e de ache­ga­men­to da pro­du­ción ga­le­ga ao pú­bli­co

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.