Emi­lio do Pan­do

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - Biei­to Ro­me­ro

Nun­ha via­xe rea­li­za­da, aló po­lo 87, coa idea de gra­var mú­si­cas tra­di­cio­nais en lu­ga­res co­ñe­ci­dos co­mo os «lin­dei­ros da ga­le­gui­da­de» (te­rras do Bier­zo, Oc­ci­den­te de Za­mo­ra ou Oc­ci­den­te de As­tu­rias) e des­pois dun lon­go per­co­rri­do fo­mos caer na Fonsagrada. Lem­bro que era Semana San­ta e alí co­ñe­ce­mos a Emi­lio do Pan­do, ho­me de as­pec­to tran­qui­lo, bo con­ver­sa­dor, ama­ble, e po­lo que pa­re­cía, gran co­ñe­ce­dor da mú­si­ca fei­ta no con­ce­llo e na súa con­tor­na. Sa­bía per­fec­ta­men­te a que por­tas cha­mar por­que fo­ra car­tei­ro du­ran­te moi­tos anos, des­pois de ter si­do xas­tre. Des­tes ofi­cios e do de gai­tei­ro ví­ña­lle o con­tac­to di­rec­to coa xen­te e a súa sor­pren­den­te ca­pa­ci­da­de de re­la­ción. Pan­do era un ho­me sa­bio cun sa­ber po­pu­lar her­da­do e ma­ce­ra­do co pa­so dos anos, ao tem­po que ta­mén un bo e xe­ne­ro­so, fa­cén­do­nos par­tí­ci­pes dun te­sou­ro moi­tas ve­ces ago­cha­do e si­len­cio­so que é a trans­mi­sión oral, á cal, un ho­me co­mo el ti­ña tan­to que apor­tar…. Des­cu­briu­nos un pe­queno ins­tru­men­to que aín­da vi­ve e so­na con for­za por aque­las te­rras cha­ma­do «trom­pa ga­le­ga» ou bi­rim­bau e sor­pren­deu­nos o ben que o in­ter­pre­ta­ba. Fa­lou­nos de Her­mi­nio da Fon­fría, Ra­món da chi­cu­la­tei­ra, Xus­to de Pa­cios, Sergio da Vei­ga de Lo­ga­res, Emi­lio Fer­nán­dez e moi­tos ou­tros que tem­po des­pois fo­mos co­ñe­cen­do e que por des­gra­za xa non es­tán en­tre nós…. Foi nes­ta te­rra ma­ra­bi­llo­sa on­de vin os me­llo­res so­lis­tas de gai­ta, on­de me sen­tín e me sin­to co­mo na pro­pia ca­sa e on­de gra­zas á fi­gu­ra de Pan­do, prin­ci­pal­men­te, sou­ben da di­men­sión e trans­cen­den­cia que ten a trans­mi­sión oral nun­ha cultura tan ri­ca e vi­va co­mo a no­sa. Hai pou­cos días Pan­do ta­mén dei­xou o mun­do dos vi­vos, mais que­dou­nos o seu le­ga­do, un le­ga­do que nos to­ca di­fun­dir ago­ra a nós na súa me­mo­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.