Noia que­re atar pre­sen­te e pasado na súa fei­ra

Se­ra­fín Mar­cos foi o pre­goei­ro e ci­tou a his­to­ria dos tem­pla­rios pa­ra reivin­di­car o Por­tus Apos­to­li

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz de Barbanza - S. GÓMEZ

Foi en 1.147 can­do un­has 200 na­ves che­ga­das den­de o por­to in­glés de Dar­mouth arri­ba­ron á dár­se­na de Noia. Ne­las, va­rios cen­tos de tem­pla­rios, que mar­cha­ban ca­ra ao país ve­ci­ño, Por­tu­gal. Un for­te e vio­len­to tem­po­ral obri­gou­lles a to­mar te­rra na­que­la ci­da­de amu­ra­lla­da. De non fa­ce­lo, arris­cá­ban­se a per­der a vi­da no mar.

Can­do cam­bia­ron as rou­pas en­chou­pa­das e se quen­ta­ron, de­ci­di­ron apro­vei­tar a oca­sión pa­ra ren­der­lle tri­bu­to ao após­to­lo San­tia­go. Aín­da que de ca­sua­li­da­de, esa foi a pri­mei­ra pe­re­gri­na­ción fo­rá­nea che­ga­da por mar que par­tiu da vi­la noie­sa.

A reivin­di­ca­ción

Con es­ta his­to­ria co­me­zou o pre­gón do ecléc­ti­co ar­tis­ta Se­ra­fín Mar­cos. O noiés, un in­con­di­cio­nal da fei­ra, qui­xo bo­tar a mi­ra­da ao pasado pa­ra dar­lle maior em­pa­que a un­ha fes­ta que al­can­za o seu vi­xé­si­mo aniver­sa­rio coa reivin­di­ca­ción da ofi­cia­li­za­ción do ca­mi­ño ata San­tia­go e da vi­la co­mo Por­tus Apos­to­li.

O ar­tis­ta, que ta­mén exer­ce­rá de pre­goei­ro po­las rúas da vi­la, in­vi­tou a tó­do­los lo­cais a abrir as por­tas aos vi­si­tan­tes, tal e co­mo se fi­xo ou­tro­ra, can­do Noia era un­ha ci­da­de me­die­val car­ga­da de co­mer­cio en­tre per­soas che­ga­das de tó­do­los pun­tos do glo­bo, tal e co­mo re­la­tou.

Mar­cos, que re­co­ñe­ceu que non se­ría o mes­mo sen a Fei­ra Me­die­val, des­ta­cou a im­por­tan­cia dos gre­mios no pasado de Noia, os ca­les fo­ron ci­ce­lan­do pou­co a pou­co o seu pre­sen­te.

Co­mo pun­to fi­nal, o ta­mén mú­si­co cha­mou ao go­zo, a dei­xar­se le­var po­la at­mos­fe­ra crea­da en Noia e a non pe­char esa por­ta ata o amen­cer do luns, mo­men­to no que a vi­la vol­ve­rá á reali­da­de.

C. QUEIJEIRO

Uns ma­la­ba­ris­tas en­car­gá­ron­se da ani­ma­ción nas rúas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.