San­gue no­va nun­ha pro­fe­sión an­ti­ga

Des­pois de re­ma­tar a súa for­ma­ción, sem­pre es­ti­vo tra­ba­llan­do na xoie­ría

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - CAR­MEN FER­NÁN­DEZ / M. X. B.

Den­de que hai tres anos re­ma­ta­ra a súa for­ma­ción co­ma deseña­dor de xoias na es­co­la Mes­tre Ma­teo, Álex Nes­pe­rei­ra de­dí­ca­se á ou­ri­va­ría. A pri­mei­ros de mes pre­sen­ta­ba o seu pri­mei­ro tra­ba­llo gran­de na ten­da Rei Zen­to­lo da ci­da­de. Trá­ta­se dun­ha co­lec­ción de xoias de pra­ta cun ele­men­to en co­mún: a flor dor­nei­ra e as súas co­res. Es­ta elec­ción non es­tá fei­ta ao azar, xa que Nes­pe­rei­ra é un apai­xo­na­do des­ta fes­ta, co­mo ben se en­car­gou de re­mar­car: «Eu sin­to moi­to a Dor­na, ha­be­rá xen­te que non, pe­ro eu si». To­do o pro­xec­to na­ceu da súa iniciativa, das ga­ñas de xun­tar as súas pai­xóns e crear al­go úni­co e no­vo co­mo son es­tas pe­zas.

Con 27 anos, es­te mo­zo ri­bei­ren­se afron­ta­ba o seu pri­mei­ro pro­xec­to im­por­tan­te con ilu­sión e ta­mén con moi­to tra­ba­llo. «Por xa­nei­ro ou fe­brei­ro, máis ou me­nos, co­me­cei a mi­rar deseños, o diá­me­tro dos pen­den­tes, das pul­sei­ras, e un­ha vez que ti­ña a cou­sa ro­da­da amo­sei­llo á Real e Ilus­tre pa­ra ver se me da­ban o vis­to bo», ex­pli­ca Álex Nes­pe­rei­ra. Un­ha vez fi­xa­do o con­ve­nio, da­ban co­me­zo as úl­ti­mas fases do tra­ba­llo: le­var os deseños á reali­da­de. Pa­ra iso, pú­xo­se en con­tac­to con ter­cei­ras per­soas pa­ra po­der rea­li­zar un nú­me­ro de pe­zas en se­rie a tra­vés dun pro­ce­so que se cha­ma mi­cro­fu­sión.

Nes­pe­rei­ra fai re­fe­ren­cia ao com­ple­xo pro­ce­so de ela­bo­ra­ción: «Can­do es­tán fei­tas saen en bru­to, non son pa­ra na­da un­ha xoia. Hai­nas que cor­tar ben, li­ma­las, li­xa­las e apli­car­lle os es­mal­tes, xa que des­pois van co­ci­ña­das ao forno». Ocu­pou­lle tan­to tem­po, que es­te ano non pui­do co­la­bo­rar nou­tra ac­ti­vi­da­de que adoi­ta­ba rea­li­zar coa Co­fra­día da Dor­na: o deseño de pre­mios. E que a re­la­ción de Álex Nes­pe­rei­ra e a Real e Ilus­tre xa ten a súa his­to­ria.

A pe­sar de que es­te é o tra­ba­llo máis re­le­van­te que fi­xo, non foi o úni­co: «Fa­go bas­tan­tes cou­sas per­so­na­li­za­das, pa­ra xen­te que me co­ñe­ce e que co­ñe­ce a meus pais». Es­tes pe­que­nos tra­ba­llos es­po­rá­di­cos ser­ví­ron­lle pa­ra ir des­cu­brin­do os seus pun­tos for­tes, pe­ro ta­mén os fe­bles, e so­bre to­do axu­dá­rono a ga­ñar ex­pe­rien­cia. «Na xoie­ría nun­ca dei­xas de apren­der. Hai tres anos que re­ma­tei a es­co­la, pe­ro co­ma quen di aín­da me es­tou for­man­do», co­men­ta­ba Nes­pe­rei­ra.

A re­com­pen­sa do es­for­zo

O día da pre­sen­ta­ción das xoias foi o cu­mio do tra­ba­llo. «Sen­tin­me moi rea­li­za­do, foi a re­com­pen­sa por to­do o es­for­zo. E gus­tou­me moi­to que a xen­te mos­tra­ra tan­to in­te­re­se por elas», ex­pli­ca o xoiei­ro ao re­me­mo­rar aque­la xor­na­da.

Es­ti­lo: «Adáp­to­me moi­to ao que me pi­dan, pe­ro des­pois si que lles dou o meu to­que per­soal de ar­te­sán; non fa­go dúas pe­zas iguais».

Iniciativa: «Un­ha vez que re­ma­tei o co­le­xio bus­quei­me a vi­da pa­ra exer­cer de xoiei­ro. Só tra­ba­llo di­so».

Mem­bro dun­ha fa­mi­lia con tra­di­ción no mun­do da xoie­ría, o Nes­pe­rei­ra ado­les­cen­te non ti­ña moi cla­ro que o seu fu­tu­ro es­ta­ría vin­cu­la­do ta­mén nes­te ám­bi­to: «Eu a ESO e o Ba­cha­re­la­to fí­xen­nos sem­pre por cien­cias. A mi­ña idea era es­tu­dar Bio­lo­xía ou Cien­cias Ma­ri­ñas, al­go re­la­cio­na­do co no­so po­bo. Pe­ro lo­go sor­pren­deu­me un­ha ami­ga que se de­di­ca­ba a fa­cer xoie­ría». Es­ta ca­sua­li­da­de e o im­pul­so da súa fa­mi­lia con­ven­cé­rono pa­ra guiar o seu ca­mi­ño por aí.

De ca­ra ao fu­tu­ro pró­xi­mo, ten xa fi­xa­da a súa me­ta: fa­cer das xoias dor­nei­ras un pro­du­to que se co­mer­cia­li­ce du­ran­te to­do o ano. Pa­ra con­se­guir es­te ob­xec­ti­vo, Álex Nes­pe­rei­ra op­ta­ría po­la in­no­va­ción das pe­zas que xa es­tán á ven­da: «O que fa­ría pa­ra es­ten­der is­to to­do o ano se­ría ela­bo­rar deseños no­vos. A mi­ña idea é rea­li­zar un nu­me­ro de­ter­mi­na­do de pen­den­tes, de pul­sei­ras... se­guin­do un pou­co o es­ti­lo das xoias que es­tean de mo­da». A súa prin­ci­pal in­ten­ción é man­ter vi­va a fes­ta os 12 meses, dan­do a op­ción aos dor­nei­ros de mer­car en cal­que­ra épo­ca do ano as súas xoias.

Pa­ra ato­par as crea­cións de Álex Nes­pe­rei­ra non hai que bus­car moi­to: nos pun­tos de ven­da do mer­chan­di­sing da Dor­na e na xoie­ría Nes­pe­rei­ra es­ta­rán dis­po­ñi­bles.

MAR­COS CREO

Nes­pe­rei­ra as­pi­ra a co­mer­cia­li­zar ao lon­go de to­do o ano as súas xoias dor­nei­ras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.