El cien­tí­fi­co Xur­xo Gago na­rra su lle­ga­da al Po­lo Nor­te

O cien­tí­fi­co po­bren­se cam­bia, cin­co me­ses des­pois, a An­tár­ti­da po­la ci­da­de máis ao nor­te do mun­do, Long­yearb­yen, on­de de­be­rá so­bre­po­ñer­se aos osos po­la­res e ao frío

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - XUR­XO GAGO

Cin­co me­ses des­pois da cam­pa­ña de in­ves­ti­ga­ción na An­tár­ti­ca vol­ve­mos a fa­cer ma­le­tas, em­ba­lar equi­pos cien­tí­fi­cos e to­do o ma­te­rial de la­bo­ra­to­rio que ne­ce­si­ta­mos pa­ra a no­sa pró­xi­ma cam­pa­ña: o Ár­ti­co nas illas Sval­bard (No­rue­ga). O Po­lo Sur e o Po­lo Nor­te, a An­tár­ti­da e o Ár­ti­co res­pec­ti­va­men­te, en apa­ren­cia dous de­ser­tos con­xe­la­dos, non po­de­rían ser máis di­fe­ren­tes en­tre si.

A An­tár­ti­da é o úl­ti­mo con­ti­nen­te sal­va­xe (on­de só re­cen­te­men­te hai pre­sen­za es­ta­ble hu­ma­na) illa­do po­los vas­tos océa­nos, na­men­tres que o Ár­ti­co non é un con­ti­nen­te se­nón un océano con­xe­la­do con nu­me­ro­sas illas ao re­dor, que á súa vez es­tán ro­dea­das por con­ti­nen­tes. Ou­tra di­fe­ren­za im­por­tan­te é que a An­tár­ti­da é moi­to máis fría que o Ár­ti­co. To­dos es­tes fac­to­res fan que ha­xa un maior nú­me­ro de es­pe­cies de flo­ra e fau­na no Ár­ti­co que na An­tár­ti­da. Por exem­plo, na An­tár­ti­da só hai dúas es­pe­cies de plan­tas su­pe­rio­res ¡men­tres que no Ár­ti­co hai máis de 100! No Ár­ti­co non ato­pa­re­mos aos sim­pá­ti­cos pin­güíns pe­ro si osos po­la­res, mor­sas e re­nos que non vi­ven na An­tár­ti­da.

Es­ta maior bio­di­ver­si­da­de no Ár­ti­co é pa­ra o noso gru­po de in­ves­ti­ga­ción da Uni­ver­si­da­de das Illas Ba­lea­res moi in­tere­san­te. Es­ta­mos a es­tu­dar plan­tas que son ca­pa­ces de so­bre­vi­vir nos am­bien­tes máis ex­tre­mos do pla­ne­ta, ten­tan­do en­ten­der qué me­ca­nis­mos ac­ti­van pa­ra so­bre­vi­vir e me­drar en am­bien­tes tan des­fa­vo­ra­bles pa­ra a vi­da. Cre­mos que es­ta in­for­ma­ción po­de ser moi útil pa­ra deseñar, no fu­tu­ro, es­tra­te­xias de me­llo­ra dos cul­ti­vos con­tra o cli­ma máis ex­tre­mo pre­di­tos po­lo cam­bio cli­má­ti­co.

A vila

Así que nos di­ri­xi­mos pa­ra Long­yearb­yen, a ca­pi­tal das illas Sval­bard, 78ºN, o po­bo máis o nor­te do mun­do cun­ha po­boa­ción to­tal de pou­co máis de 2.000 ha­bi­tan­tes, que prin­ci­pal­men­te tra­ba­llan na mi­ne­ría, e ago­ra ca­da vez máis ao tu­ris­mo e á in­ves­ti­ga­ción po­lar.

O ar­qui­pé­la­go das illas Sval­bard ató­pa­se a máis de 600 qui­ló­me­tros ao no­roes­te do ca­bo Nor­te de No­rue­ga. Cun­ha ex­ten­sión dun pou­co máis de 61.000 qui­ló­me­tros ca­dra­dos, equi­va­le a ca­se un­has 20 ve­ces máis grande que a illa de Ma­llor­ca. ¡Is­to es­tá tan ao nor­te que as fa­mo­sas au­ro­ras bo­reais ven­se des­de alí mi- ran­do ca­ra o sur! ¡Iso no in­verno, por­que des­de me­dia­dos de abril ata fi­nais de agos­to non se pon o sol, hai 24 horas de luz con­ti­nua!

No Ár­ti­co a se­gun­da quin­ce­na de xu­llo é a épo­ca máis cá­li­da. Es­pe­ra­mos ter ao me­dio­día tem­pe­ra­tu­ras en­torno aos 6 graos con ven­tos me­dios de 20 qui­ló­me­tros ho­ra, que im­pli­can un­ha sen­sa­ción tér­mi­ca de apro­xi­ma­da­men­te me­nos 1 graos (is­to é moi­to me­llor que na An­tár­ti­da ma­rí­ti­ma, na que nor­mal­men­te as sen­sa­cións son de me­nos 10 graos).

Tra­ba­llar no ex­te­rior nes­tas con­di­cións obri­ga a ir ben abri­ga­dos e a evi­tar a per­da de ca­lor tan­to co­mo se­xa po­si­ble: as ca­pas ex­te­rio­res de­ben cor­tar o ven­to, e so­bre to­do de­ben ser im­permea­bles á au­ga. Ter a rou­pa mo­lla­da nes­tas con­di­cións sig­ni­fi­ca su­frir con cer­te­za un­ha hi­po­ter­mia; cos 40 graos que hai ago­ra en Ma­llor­ca es­tou aba­fan­do de só pen­sar en co­ller o abri­go de in­verno, os po­la­res, as ly­cras e to­das as ca­pas de rou­pa…

O Ár­ti­co e en con­cre­to as illas Sval­bard ató­pan­se nun­ha si­tua­ción crí­ti­ca, o que­ce­men­to glo­bal es­tá pro­vo­can­do un des­xeo xe­ne­ra­li­za­do en to­do o Po­lo Nor­te, cam­bian­do a vi­da de to­das as es­pe­cies que alí vi­ven. De fei­to, gra­zas as con­di­cións máis fa­vo­ra­bles hai un­ha gran preo­cu­pa­ción po­la en­tra­da de es­pe­cies de plan­tas in­va­so­ras que poi­dan des­pra­zar ás na­ti­vas. Es­tas plan­tas in­va­so­ras en­tran nas Sval­bard prin­ci­pal­men­te po­la ac­ti­vi­da­de hu­ma­na, a tra­vés da pa­lla pa­ra man­ter o gan­do, te­rra pa­ra xar­di­ne­ría ou sim­ple­men­te nas bo­tas e abri­gos da xen­te.

Es­te é un dos no­sos prin­ci­pais ob­xec­ti­vos, es­tu­dar a ca­pa­ci­da­de de cre­ce­men­to e a to­le­ran­cia ao es­tres des­tas in­va­so­ras pa­ra es­ti­mar se coas fu­tu­ras pre­di­cións do cam­bio cli­má­ti­co se­rán un­ha amea­za pa­ra a flo­ra e fau­na lo­cal, e por iso es­te pro­xec­to é fi­nan­cia­do ta­mén po­lo Fon­do de Pro­tec­ción Me­dioam­bien­tal das Sval­bard, así co­mo po­lo go­berno de Es­pa­ña.

Os ani­mais

En te­mas de fau­na, o oso po­lar é o ar­tis­ta prin­ci­pal na zo­na. Os osos ali­mén­tan­se prin­ci­pal­men­te de crías de fo­ca que atopan ago­cha­das nas pla­ta­for­mas de xeo. Cal­cú­la­se que des­de os se­ten­ta o re­tro­ce­so do xeo na pri­ma­ve­ra­ve­rán adian­tou­se tres se­ma­nas, obri­gan­do aos osos a ca­zar en te­rra e di­fi­cul­tan­do que poi­dan com­ple­tar as re­ser­vas de ener­xía que re­qui­ren pa­ra a hi­ber­na­ción.

De fei­to, o go­berno de Sval­bard obri­ga a to­das as per­soas can­do saen dun po­bo ou das ba­ses cien­tí­fi­cas a saír sem­pre cun ri­fle mí­ni­mo por gru­po co­ma pro­tec­ción con­tra os osos po­la­res, así que ou­tra cou­sa que ti­ve­mos que fa­cer pa­ra es­ta cam­pa­ña foi ob­ter o per­mi­so de ar­mas e apren­der a ma­ne­xar un ar­ma. Is­to é un­ha di­fi­cul­ta­de im­por­tan­te pa­ra a cam­pa­ña, xa que can­do saia­mos na pro­cu­ra, ou a me­dir, as es­pe­cies que nos in­tere­san, un de nós co­ma mí­ni­mo ten que es­tar sem­pre co fu­sil vi­xian­do que non apa­re­za un oso men­tres tra­ba­lla­mos.

Sen­do es­ta a no­sa pri­mei­ra ex­pe­rien­cia no Ár­ti­co, non sa­be­mos moi ben o que nos imos ato­par e se o cli­ma e mai­los osos nos dei­xa­rán tra­ba­llar. O que si é cer­to e que xa es­ta­mos pre­to de sa­be­lo, con sor­te son ca­paz de fa­cer un te­tris cos equi­pos e a rou­pa de in­verno na ma­le­ta e, cun pou­co máis de sor­te, o Ár­ti­co es­ta­rá fres­qui­ño e po­de­re­mos dur­mir po­la noi­te fu­xin­do da ca­lor en Ma­llor­ca.

CEDIDA

Ri­que­za ani­mal. Os re­nos se­rán al­gúns dos ani­mais que se ato­pa­rá o cien­tí­fi­co po­bren­se na súa no­va aven­tu­ra. A fo­to­gra­fía per­ten­ce a un com­pa­ñei­ro do po­bren­se, o no­rue­go Stein-Ru­ne Karl­sen.

Es­ta é par­te do ma­te­rial que Gago uti­li­za­rá nas súas in­ves­ti­ga­cións.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.