Pa­la­bra e ami­za­de, as gran­des pai­xóns de Car­los Ca­sa­res

O es­cri­tor ou­ren­sán foi ho­me­na­xea­do na In­sua dos Poe­tas nun ac­to li­te­ra­rio e de exal­ta­ción da lin­gua

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - CÁN­DI­DA AN­DA­LUZ

«En la poe­sía no hay fi­nal fe­liz. Los poe­tas aca­ban vi­vien­do su lo­cu­ra. Y son des­cuar­ti­za­dos co­mo re­ses (su­ce­dió con Da­río). O bien los ape­drean y ter­mi­nan arro­ján­do­se al mar o con cris­ta­les de cia­nu­ro en la bo­ca. O muer­tos de al­coho­lis­mo, dro­ga­dic­ción, mi­se­ria. O lo que es peor: poe­tas ofi­cia­les, amar­gos po­bla­do­res de un sar­có­fa­go lla­ma­do Obras Com­ple­tas». O pre­si­den­te da Fun­da­ción In­sua dos Poe­tas, Luís Gon­zá­lez To­sar, co­me­zou con es­te poe­ma do au­tor me­xi­cano Jo­sé Emilio Pa­che­co un­ha no­va edi­ción da Fes­ta da Pa­la­bra que on- te ren­deu un­ha ho­me­na­xe es­pe­cial a Car­los Ca­sa­res. No no­me dos ami­gos do es­cri­tor ou­ren­sán fa­lou Da­mián Vi­lla­laín. Re­la­tou que a pe­sar do es­pí­ri­to cos­mo­po­li­ta de Ca­sa­res, Ou­ren­se era a súa pa­tria e a Li­mia a súa pri­mei­ra tri­bo. Por iso o ac­to de on­te foi di­fe­ren­te aos an­te­rio­res. Non se fa­lou tan­to da súa obra co­mo da súa for­ma de es­tar no mun­do e de re­la­cio­nar­se. E, so­bre to­do, da súa ex­tra­or­di­na­ria la­bor de ca­ra á nor­ma­li­za­ción da lin­gua. Des­te xei­to, Vi­lla­laín lem­brou a gran im­por­tan­cia que ti­ve­ron os seus ar­ti­gos Á mar­xe de La Voz de Ga­li­cia, con­ver­tén­do­se nun dos es­pa­zos máis vis­tos do xor­nal. «Iso só po­día fa­ce­lo el», si­na­lou.

O ir­mán da Ca­sa­res, Xa­vier, e o seu fi­llo Ch­ris­tian es­ti­ve­ron pre­sen­tes nes­te fes­te­xo, no que ta­mén hou­bo un re­cor­do es­pe­cial pa­ra a mu­ller do es­cri­tor, Kris­ti­na Berg. A pri­mei­ra par­te do en­con­tro re­ma­tou co tex­to Ame­mos, de Ca­sa­res, mu­si­ca­li­za­do po­lo gru­po Gel­ria: «Ame­mos o tem­po que tu­rra de nós e que nos le­va. In­da que o ceo es­tá azul e non hai nu­bes e non cho­ve, sem­pre é ce­do pra o froi­to que agar­da­mos e non che­ga».

O con­se­llei­ro de Cul­tu­ra, Ro­mán Ro­drí­guez, vi­si­tou a In­sua dos Poe­tas, no Car­ba­lli­ño, pa­ra par­ti­ci­par na ce­le­bra­ción. Sa­lien­tou «o im­por­tan­te tra­ba­llo que Ca­sa­res fi­xo ao lon­go da súa vi­da pa­ra o fo­men­to do li­bro e a lec­tu­ra. É un dos ar­tí­fi­ces des­ta Ga­li­cia que po­de asu­mir os re­tos do sécu­lo XXI». Tra­los dis­cur­sos ti­vo lu­gar o des­cu­bri­men­to dun­ha pe­za es­cul­tó­ri­ca de Bu­ci­ños ti­tu­la­da Ven­to fe­ri­do e do tex­to gra­va­do en pe­dra, que que­da­rá pa­ra sem­pre na In­sua dos Poe­tas xun­to coa me­mo­ria de Ca­sa­res e do res­to de es­cri­to­res ho­me­na­xea­dos nas no­ve edi­cións an­te­rio­res.

A Fes­ta da Pa­la­bra con­ti­nuou coa en­tre­ga dos pre­mios Se­te­car- ba­llas da In­sua dos Poe­tas, que es­te ano re­cae­ron en Antón Pu­li­do, Mi­guel An­xo Fer­nán-Ve­llo, o Cen­tro Par­ti­do do Car­ba­lli­ño en Bue­nos Ai­res, a pla­ta­for­ma Ríos Lim­pos, Car­los Gui­tián, o Dia­rio Cul­tu­ral da Radio Ga­le­ga e o gru­po de tea­tro Ti­ru­le­que do Car­ba­lli­ño. Luís Gon­zá­lez To­sar anun­ciou que o ano que vén a ho­me­na­xe se­rá pa­ra o es­cri­tor Víc­tor Cam­pio Pereira.

MI­GUEL VI­LLAR

Na In­sua dos Poe­tas, no con­ce­llo do Car­ba­lli­ño, ce­le­brou­se on­te a Fes­ta da Pa­la­bra. Na ima­xe, mo­men­to no que o fi­llo (Ch­ris­tian) e o ir­mán (Xa­vier) de Ca­sa­res des­co­bren a es­cul­tu­ra de Bu­ci­ños.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.