Sal­ve! Es­tre­la dos ma­res

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - Unai Gon­zá­lez

ada ano os fo­gue­tes anun­cian as fes­tas dos po­bos, os festexos po­pu­la­res que unen aos ve­ci­ños cos vi­si­tan­tes pa­ra con­fra­ter­ni­zar e ce­le­brar uns días de en­tre­te­men­to e dis­ten­sión das ru­ti­nas e res­pon­sa­bi­li­da­des co­tiás, unin­do tra­di­ción e in­no­va­ción a tra­vés de gran­des ou pe­que­nas or­ques­tras, fo­gos de ar­ti­fi­cio, de­gus­ta­cións, xo­gos e com­pe­ti­cións e por su­pos­to, coas con­sa­bi­das ce­le­bra­cións re­li­xio­sas, con­se­gui­mos es­que­cer as tris­tu­ras da exis­ten­cia pa­ra gozar da fes­ta da no­sa lo­ca­li­da­de.

Na épo­ca es­ti­val pro­li­fe­ran to­do ti­po de ce­le­bra­cións; ca­da al­dea, vila ou ci­da­de ten a súa pro­pia fes­ta que con­me­mo­ran con gran so­lem­ni­da­de e fer­vo­ro­sa de­di­ca­ción, pe­ro sen dú­bi­da, a que maior pre­sen­za ten é a que se or­ga­ni­za en nu­me­ro­sas lo­ca­li­da­des con mo­ti­vo do día do Car­me, pa­troa da xen­te do mar. O ca­so é que non hai nin­gun­ha co­mar­ca de Ga­li­cia que non ce­le­bre es­ta fes­ta, así su­ce­de na no­sa con­tor­na e no Barbanza, Mu­ros e Noia te­ñen lu­gar festexos na hon­ra da Raí­ña dos Ma­res en Ca­bo de Cruz, Rian­xo, Mu­ros, A Po­bra do Ca­ra­mi­ñal ou Agui­ño sen ne­ce­si­da­de de que ad­vo­ca­ción da pa­rro­quia se­xa a da vir­xe do Car­me­lo co­mo su­ce­de nes­ta úl­ti­ma vila, xa que a tra­di­ción, a de­vo­ción e o res­pec­to po­lo Car­me es­tá pre­sen­te en cal­que­ra por­to de mar por pe­queno que se­xa, e quen non ce­le­bra fes­tas com­ple­tas fai mi­sa e pro­ce­sión co­mo é o ca­so de Co­rru­be­do ou Pal­mei­ra.

A be­le­za dun fes­te­xo que nes­tes días en­ga­la­nou as rúas con lám­pa­das de co­res e pól­vo­ra mul­ti­co­lor con grande es­tron­do, uniu a fa­mi­lias com­par­tin­do man­tel e con­fi­den­cias, con­so­lou aos afli­xi­dos po­las tris­tu­ras do ser e do exis­tir mes­mo, re­par­tiu sons de gai­tas, tam­bo­rís, bom­bos, cor­ne­tas e trom­pe­tas coa ele­gan­cia das ban­das de mú­si­ca e a be­le­za dos gru­pos tra­di­cio­nais, fi­xo pro­bar a sar­di­ña, a bo­roa e o vi­ño tin­to, su­cou os ma­res so­bre em­bar­ca­cións en­ga­la­na­das e aban­dei­ra­das do ho­me­na­xe aos afo­ga­dos e so­bre to­do per­mi­tiu que a vi­da nos de­vol­va un pou­co da le­di­cia que rou­ba pa­se­ni­ña no sol­por de ca­da día, por­que ao com­pás dun­ha al­bo­ra­da, dun pa­so­do­bre ou do pro­pio himno do País, os ru­mo­ro­sos nun día co­ma ho­xe, 16 de xu­llo, di­ci­mos Sal­ve! Es­tre­la dos ma­res, nai do Di­vino amor. Sal­ve, sal­ve, sal­ve, sal­ve!.

T

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.