«Ob­ser­vo cre­ce­men­to eco­nó­mi­co na bis­ba­rra máis alá do sec­tor do mar»

O res­pon­sa­ble da en­ti­da­de afir­ma que o de­sen­vol­ve­men­to no ei­do tu­rís­ti­co con­ti­núa a ser un­ha ma­te­ria pen­den­te

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - A. GERPE

Des­pois de ca­tro anos á fron­te da Aso­cia­ción de Em­pre­sa­rios de Ri­bei­ra, An­to­nio Mi­ran­da con­si­de­ra­ba que era o mo­men­to de que ou­tro so­cio collera o re­le­vo. Sen em­bar­go, o fei­to de que nin­guén pre­sen­ta­se can­di­da­tu­ras ás elec­cións ce­le­bra­das hai un­ha se­ma­na fi­xo que de­ci­di­ra vol­ver a pos­tu­lar­se pa­ra re­no­var a con­fian­za dos so­cios. Afir­ma que o fi­xo pa­ra evi­tar que a en­ti­da­de que­da­se en mans dun equi­po en fun­cións e pa­ra ga­ran­tir a con­ti­nui­da­de dos pro­xec­tos que es­tán en mar­cha e po­los que le­va apos­tan­do den­de hai tem­po.

—¿Es­tá de­cep­cio­na­do po­lo fei­to de que nin­guén qui­xe­ra con­ti­nuar co la­bor em­pren­di­do?

—Sin­to que exis­te un­ha fal­ta de sen­si­bi­li­da­de a fa­cer as cou­sas en con­xun­to, a apoiar­se uns en ou­tros pa­ra sa­car os pro­xec­tos adian­te. Bai­xo o meu pun­to de vis­ta, tra­ba­llar con­xun­ta­men­te re­sul­ta sem­pre moi­to máis po­si­ti­vo e con­sé­guen­se me­llo­res re­sul­ta­dos. Ago­ra con­ti­nua­rei dous anos máis. Non me pa­re­ce un pe­río­do ex­ce­si­va­men­te lon­go, es­tá na li­ña de ou­tros an­te­ce­so­res, pe­ro pa­sa­do es­ta no­va eta­pa si que de­be ha­ber un cam­bio.

—¿Per­ci­be que hai di­na­mis­mo em­pre­sa­rial no mu­ni­ci­pio, na bis­ba­rra, ou que to­do se cir­cuns­cri­be ao sec­tor do mar?

—Creo que na bis­ba­rra hai moi bos em­pre­sa­rios, que moi­tas ve­ces son des­co­ñe­ci­dos, e moi boas ini­cia­ti­vas. Is­to de­mós­tra­se cos da­tos de em­pre­go e de ac­ti­vi­da­de eco­nó­mi­ca. Ob­ser­vo cre­ce­men­to eco­nó­mi­co máis alá do sec­tor do mar, aín­da que ta­mén é cer­to que un­ha gran par­te da ac­ti­vi­da­de es­tá vin­cu­la­da a es­te ám­bi­to. O mar é a no­sa gran ri­que­za. Sen em­bar­go, así co­mo in­dus­trial­men­te ve­xo ac­ti­vi­da­de, no as­pec­to tu­rís­ti­co qué­da­nos moi­to por fa­cer. Non te­mos ca­pa­ci­da­de de hos­pe­da­xe. Eu via­xo por moi­tas zo­nas e ve­xo as di­fe­ren­zas que exis­ten. É un­ha ma­te­ria pen­den­te.

—¿Co­me­za a eta­pa con no­vas in­que­dan­zas?

—Re­ma­ta­mos un­ha eta­pa e em­pe­za­mos a con­so­li­dar ou­tra. A mi­ña in­ten­ción é in­cre­men­tar o equi­po di­rec­ti­vo. Xen­te que apor­te cou­sas, pun­tos de vis­ta dis­tin­tos. Que­ro in­cor­po­rar a pro­fe­sio­nais da hos­ta­la­ría, do co­mer­cio e do sec­tor in­dus­trial.

—¿E no­vos pro­xec­tos?

—Es­ta­mos pre­pa­ran­do a terceira edi­ción da Se­ma­na da Mo­da, na que es­tá moi ilu­sio­na­do o co­mer­cio e pa­ra a que bus­ca­mos axu­das das Ad­mi­nis­tra­cións co fin de le­va­la a ca­bo. É una ma­nei­ra moi boa de dar a co­ñe­cer o pro­du­to das ten­das lo­cais. Ta­mén tra­lla­mos pa­ra re­cu­pe­rar as xor­na­das de exal­ta­ción do pei­xe.

—As xor­na­das do pei­xe fi­xé­ron­se en va­rias oca­sións e nun­ca lo­gra­ron con­so­li­dar­se.

—É cer­to e nós imos in­ten­ta­lo de no­vo. O ideal se­ría que se con­so­li­da­sen. Pen­sa­mos que en Ri­bei­ra hai que pu­bli­ci­tar máis o noso pro­du­to fres­co. Te­mos moi­tos pei­xes que son gran­des des­co­ñe­ci­dos. Ao mes­mo tem­po, con­si­de­ra­mos que esa se­ría un­ha for­ma de pro­mo­cio­nar o mer­ca­do mu­ni­ci­pal, de que a xen­te aco­da á pra­za de abas­tos. Mér­ca­se moi­to pei­xe de fó­ra can­do o que che­ga to­dos os días ao por­to ri­bei­ren­se é ex­cep­cio­nal.

—¿Non de­be­ría im­pli­car­se ta­mén a hos­ta­la­ría?

—É ver­da­de que ata ago­ra non se in­vo­lu­crou moi­to, al­go non sou­be­mos fa­cer ben. Se­ría in­tere­san­te que hou­be­ra nos es­ta­ble­ce­men­tos un­ha ofer­ta cons­tan­te no tem­po, pe­ro hai que po­ñer un pun­to de par­ti­da.

—¿Que pe­so ten o sec­tor pes­quei­ro na aso­cia­ción?

—Te­mos gran­des em­pre­sa­rios do sec­tor, pe­ro o pe­so é bas­tan­te li­mi­ta­do. A aso­cia­ción im­plí­ca­se nes­te ei­do por­que to­do es­tá re­la­cio­na­do. Se ao sec­tor do mar lle vai ben, ao co­mer­cio ta­mén. Eu non creo na ex­clu­sión. A boa mar­cha dun­ha ra­ma de ac­ti­vi­da­de in­ci­de po­si­ti­va­men­te nas de­mais e hai que tra­ba­llar ne­sa di­rec­ción. Eu xa le­vo tem­po in­ten­tan­do con­se­guir un­ha maior im­pli­ca­ción do sec­tor pes­quei­ro.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Mi­ran­da fa­la dos no­vos pro­xec­tos da en­ti­da­de, co­mo un­ha exal­ta­ción do pei­xe de Ri­bei­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.