«O im­pul­so in­dus­trial frea­ra­se se o po­lí­gono non se am­plía»

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

Den­de que An­to­nio Mi­ran­da co­lleu por pri­mei­ra vez o man­do da en­ti­da­de em­pre­sa­rial di­xo que a súa prio­ri­da­de era con­se­guir a am­plia­ción do chan in­dus­trial en Ri­bei­ra e o cer­to é que nes­te tem­po non es­ca­ti­mou es­for­zos e non dei­xou de in­sis­tir.

—¿O po­lí­gono é fun­da­men­tal?

—Non hai dú­bi­da. Se es­te pro­xec­to non se consolida, as re­per­cu­sións van ser ne­ga­ti­vas. O im­pul­so in­dus­trial frea­ra­se se o po­lí­gono non se am­plía e iso pre­xu­di­ca­ría a to­do o po­bo.

—Sen em­bar­go, a súa con­se­cu­ción pa­re­ce que se vai alon­gan­do no tem­po.

—Creo que non se pu­xo o in­te­rés su­fi­cien­te á ho­ra de sa­car o plan adian­te, pe­ro na ac­tua­li­da­de pa­re­ce que a ac­tua­ción vai co­llen­do ca­mi­ño e agar­da­mos que con­ti­núen dán­do­se pa­sos pa­ra que se­xa un­ha reali­da­de.

—Ás ve­ces dá a im­pre­sión de que o tra­ba­llo da en­ti­da­de em­pre­sa­rial di­rí­xe­se ca­se en ex­clu­si­va ao sec­tor co­mer­cial.

—O ám­bi­to da aso­cia­ción de em­pre­sa­rios ten que am­plo que o do co­mer­cio. A en­ti­da­de non po­de li­mi­tar­se a ac­ti­vi­da­des en­ca­mi­ña­das ao co­mer­cio, aín­da que si é cer­to que se tra­ta dun sec­tor moi im­por­tan­te e que, ta­mén coa axu­da do Con­ce­llo e de ou­tras Ad­mi­nis­tra­cións, lé­van­se a ca­bo moi­tas ini­cia­ti­vas. Sen em­bar­go, na en­ti­da­de te­mos di­ver­si­da­de de sec­to­res pro­du­ti­vos e hai que pen­sar en to­dos eles.

—¿A pa­tro­nal é un­ha en­ti­da­de re­pre­sen­ta­ti­va, con pe­so?

—So­mos re­pre­sen­ta­ti­vos do sec­tor eco­nó­mi­co e te­mos pe­so a ni­vel ins­ti­tu­cio­nal. Sem­pre que pe­ta­mos a al­gun­ha por­ta so­mos aten­di­dos, o que se­ría dis­cu­ti­ble e si o so­mos co­mo nós qui­xe­ra­mos. Hai que su­bli­ñar que es­ta di­rec­ti­va ti­vo an­te­ce­so­res moi bos. A aso­cia­ción ti­vo per­soas que a sou­be­ron co­lo­car on­de se me­re­cía.

—De­ci­di­ron a saí­da da FEB, ¿co­mo ve o fu­tu­ro da pa­tro­nal co­mar­cal?

—Sa­li­mos por­que non vía­mos via­ble a con­ti­nui­da­de de Ri­bei­ra na FEB. Non nos apor­ta­ba na­da, in­ten­ta­mos que hou­be­ra cam­bios e non foi po­si­ble. Da­do que es­ta­mos fó­ra, con­si­de­ro que non é axei­ta­do que fa­le do seu fu­tu­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.