Un cuar­to de sécu­lo sen­do os máis «jran­des»

A ban­da re­gre­sa á Dor­na, fes­ta na que ofre­ceu o pri­mei­ro con­cer­to e na que gra­vou un dis­co en di­rec­to

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - M. X. BLAN­CO

Co­rría o ano 1992 can­do un­ha Dor­na moi lon­xe de ser a fes­ta mul­ti­tu­di­na­ria que é ho­xe e uns He­re­dei­ros da Crus que es­ta­ban ini­cian­do a súa an­dai­na se fun­dían por vez pri­mei­ra. A ban­da crea­da por Ton­hi­to de Poi ofre­cía o seu pri­mei­ro con­cer­to na­que­la sin­gra­du­ra nú­me­ro 44, so­bre un pe­queno pal­co ins­ta­la­do no par­que Gar­cía Ba­yón. O luns, a ce­le­bra­ción máis sin­gu­lar de to­das can­tas se co­ñe­cen na re­don­da e o gru­po que con­ver­te ca­da ac­tua­ción nun es­pec­tácu­lo úni­co con­flui­rán de no­vo. A es­tam­pa se­rá ra­di­cal­men­te dis­tin­ta. Pre­ve­se mul­ti­tu­di­na­ria.

Ao lon­go dos 25 anos que trans­co­rre­ron des­de aquel xu­llo de 1992, Dor­na e He­re­dei­ros fo­ron for­xan­do un­ha tra­xec­to­ria moi se­me­llan­te, do­mi­na­da por al­ti­bai­xos e por un re­xur­dir que le­vou a ám­bo­los dous a es­tar ago­ra no pun­to ál­xi­do. Qui­zais por iso, es­te regreso era tan desexa­do. «Vol­ver e ver co­mo evo­lu­cio­nou a fes­ta des­de aquel pri­mei­ro con­cer­to se­rá es­pec­ta­cu­lar», co­men­ta Ton­hi­to de Poi. Ja­vi Ma­nei­ro amó­sa­se aín­da máis con­tun­den­te: «Era un con­cer­to desexa­do por­que a Dor­na é a me­llor fes­ta do mun­do e ser ca­be­za de car­tel é o so­ño de cal­que­ra ban­da».

Ata o máis al­to

O ou­tro piar de He­re­dei­ros, Fran Ve­lo, es­ta­ba hai un cuar­to de sécu­lo en­tre o pú­bli­co, pe­ro non por iso é me­nos cons­cien­te da im­por­tan­cia que a Dor­na ten pa­ra o gru­po: «Alí em­pe­zou to­do, e por iso a vol­ta é co­ma o pe­che dun círcu­lo, un­ha con­fluen­cia es­pe­cial pois, 25 anos des­pois, es­ta­re­mos no pun­to de par­ti­da».

Ade­mais de mar­car o co­me­zo da súa ca­rrei­ra, a fes­ta que ca­da 24 de xu­llo pro­vo­ca un­ha chea en

Ri­bei­ra dei­xou ou­tra fon­da pe­ga­da na tra­xec­to­ria dos máis jran­des. Des­pois dun segundo con­cer­to no ano 1993, o gru­po for­ma­do nun gal­pón de Cas­ti­ñei­ras em­bar­cá­ba­se de no­vo na sin­gra­du­ra dor­nei­ra no 2000, can­do xa se con­ver­te­ra nun­ha das ban­das in­sig­nia do Xa­ba­rín Club e atra­ve­sa­ra o char­co pa­ra ac­tuar en No­va York. Sen­tin­do o alen­to do seu pú­bli­co máis fiel, He­re­dei­ros gra­va­ba o seu pri­mei­ro dis­co en di­rec­to —o sex­to da ca­rrei­ra na­quel mo­men­to—, All right Chica­go, e er­guía­se co­mo a pri­mei­ra for­ma­ción ga­le­ga que asu­mía o re­to de con­ver­ter un con­cer­to nun ce­dé.

A ban­da se­guiu de­bu­xan­do un­ha tra­xec­to­ria as­cen­den­te, ou iso se­me­lla­ba, a gol­pe de con­cer­tos me­mo­ra­bles ade­re­za­dos por sin­gu­la­res atuen­dos, lan­za­men­to de ob­xec­tos e al­gún que ou­tro es­trip­tís; e de can­cións con­ver­ti­das en him­nos que che­ga­ron aos no­sos días co­mo Que ja­llo é, O teu fi­llo fu­ma po­rros ou A cha­que­ta de la­na. Pe­ro, pa­ra sor­pre­sa dos seus mi­les de se­gui­do­res, o gru­po di­sol­veu­se no 2005 ou, co­mo pre­fi­re di­cir Ton­hi­to de Poi, su­friu a in­de­pen­den­cia dos seus mem­bros: «Foi co­mo can­do te vas da ca­sa dos pais. Nós criá­mo­nos cos He­re­dei­ros e pre­ci­sá­ba­mos em­pren­der os no­sos ca­mi­ños en so­li­ta­rio».

Ca­da fi­llo fun­dou o seu gru­po e tra­tou de fa­cer­se un oco no di­fí­cil mun­do da mú­si­ca. Ata que hai un lus­tro, coin­ci­din­do co vi­xé­si­mo aniver­sa­rio da­quel pri­mei­ro con­cer­to da Dor­na, os He­re­dei­ros de­ci­di­ron re­gre­sar. Eles din que foi o seu pú­bli­co o que os em­pu­rrou a vol­ver: «Ha­bía un­ha de­man­da do gru­po a tra­vés das re­des so­ciais que non nos aca­bá­ba­mos de crer, pe­ro de­ci­di­mos sa­ber se era real», co­men­ta aín­da sor­pren­di­do Fran Ve­lo.

Sen pun­to e fi­nal

Col­gan­do o car­tel de com­ple­to na dis­co­te­ca LP45 de Or­des, os bar­ban­ce­ses com­pro­ba­ron que se­guían sen­do os máis jran­des e o que pa­re­cía un regreso tem­po­ral con­ver­teu­se nun reen­con­tro sen da­ta de ca­du­ci­da­de. To­dos que­ren se­guir adian­te cos seus pro­xec­tos in­di­vi­duais, pe­ro com­pa­xi­nán­doos cos He­re­dei­ros. De fei­to, es­tán pre­pa­ran­do un li­bro e un do­cu­men­tal so­bre a súa his­to­ria, e hai quen pen­sa xa no dis­co nú­me­ro 10: «Un gru­po ten que as­pi­rar sem­pre a sa­car no­vos te­mas», si­na­la­ba o de Poi.

Atrás que­dan un fei­xe de mo­men­tos di­fí­ci­les de es­que­cer: «O máis im­por­tan­te pa­ra min foi can­do can­ta­mos Co­ra­són de carballo con Luz Ca­sal no Fes­ti­val da Luz», si­na­la Ja­vi Ma­nei­ro. No ho­ri­zon­te máis pró­xi­mo es­tán os con­cer­tos do ve­rán, en­mar­ca­dos na xi­ra das vo­das de pra­ta. De to­dos os que con­for­man a axen­da des­ta­ca, sen dú­bi­da, o do vin­dei­ro luns: «A fu­sión Dor­na e He­re­dei­ros xa so­na a ani­ma­la­da, así que po­de pa­sar de to­do», adian­ta Fran Ve­lo. Nin el nin os seus com­pa­ñei­ros que­ren des­ve­lar o que oco­rre­rá en­ri­ba do es­ce­na­rio do Ma­le­cón, pe­ro o boi­ren­se si que dei­xa cla­ro que a ac­tua­ción pa­sa­rá á his­to­ria: «Es­ta­mos pre­pa­ran­do va­rias sor­pre­sas que fa­rán que es­te con­cer­to se­xa úni­co e es­pe­cial».

BA­SI­LIO BE­LLO

Os bar­ban­ce­ses ac­tua­ron hai un par de se­ma­nas no Asal­to o Cas­te­lo de Vi­mian­zo.

Dis­co­gra­fía. A cua­dri­lla de Pe­pa a Lo­ba inau­gu­ra­ba, alá po­lo 1994, a dis­co­gra­fía de He­re­dei­ros da Crus, que pe­chou, na pri­mei­ra eta­pa, Chi­ca­rrón (2004). Tra­lo regreso aos es­ce­na­rios, a ban­da sa­cou á luz, no 2013, Jard Rock con Fe, o seu no­veno tra­ba­llo. NO CUMIO A ban­da, re­ma­ta­do o con­cer­to na sin­gra­du­ra dor­nei­ra do 2000, can­do se con­ver­teu no pri­mei­ro gru­po ga­le­go en gra­var un dis­co en di­rec­to. O fo­tó­gra­fo noiés Pi­che­ro, au­tor des­ta ima­xe, foi o en­car­ga­do de ilus­trar aquel tra­ba­llo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.