To­da esa xen­te so­li­ta­ria

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - Xe­sús Fra­ga

Oes­cri­tor bri­tá­ni­co Julian Bar­nes lem­brou hai un­has se­ma­nas na BBC a res­pos­ta que deu Eins­tein can­do lle pe­di­ron que ex­pli­ca­se sin­xe­la­men­te o que era a re­la­ti­vi­da­de: «Un­ha ho­ra sen­ta­do nun ban­co do par­que cun­ha ra­pa­za bo­ni­ta pa­sa nun mi­nu­to. Pe­ro un mi­nu­to sen­ta­do so­bre un­ha es­tu­fa quen­te se­me­lla un­ha ho­ra. Iso é a re­la­ti­vi­da­de». O go­zo, de­be­mos in­fe­rir, é un­ha das va­ria­bles que máis in­ci­de na per­cep­ción do tem­po, esa en­ti­da­de in­vi­si­ble na que to­dos vi­vi­mos, que nos en­vol­ve na in­cer­te­za do seu mis­te­rio: a úni­ca se­gu­ri­da­de que nos ofre­ce é a do seu pa­so im­pla­ca­ble, que al­gúns en­ten­den co­mo un­ha fre­cha apun­ta­da ao in­fi­ni­to, men­tres que ou­tros o equi­pa­ran a un­ha con­ta atrás.

O ou­tro fac­tor que frea o tem­po ata con­ver­te­lo en in­mó­bil é a soi­da­de. Un mi­nu­to non é que poi­da pa­re­cer un­ha ho­ra, se­nón que mes­mo abran­gue cen anos. E non se tra­ta de rea­lis­mo má­xi­co. Na se­ma­na na que se con­me­mo­rou o cin­cuen­te­na­rio da no­ve­la de Ga­briel Gar­cía Már­quez vol­veu fa­lar­se do do­bre illa­men­to do au­tor. Pri­mei­ro, o ne­ce­sa­rio pa­ra te­clear a no­ve­la que fa­bu­la­ra; o se­gun­do, a con­se­cuen­cia dese éxi­to, que lle con­fe­riu un po­der non moi dis­tin­to dos di­ri­xen­tes que o fas­ci­na­ran: un triun­fo a cam­bio de en­tre­gar un­ha par­te de si. Foi ou­tro de­va­lo que re­ma­tou no in­men­so ba­lei­ro que re­su­miu, anos des­pois, no dis­cur­so de acep­ta­ción do No­bel: «Es­te es, ami­gos, el ta­ma­ño de nues­tra so­le­dad».

Os Buen­día vi­vi­ron a soi­da­de co­mo un­ha mal­di­ción. Nou­tras in­ter­vén a von­ta­de e o fa­do. En Cu­lle­re­do, Rosario Otero fi­cou seis anos ca­dá­ver na súa ca­sa sen que nin­guén ac­tua­se an­te a súa au­sen­cia. Dous mil días do máis ab­so­lu­to aban­dono: a su­pre­sión do tem­po. Dis­que a soi­da­de é un­ha en­fer­mi­da­de mo­der­na das so­cie­da­des con­tem­po­rá­neas. Os Beatles pre­gun­tá­ban­se en Elea­nor Rigby de on­de vi­ña to­da esa xen­te so­li­ta­ria, cal era o seu lu­gar de per­ten­za. Cin­cuen­ta anos des­pois, Rosario Otero ofre­ce un­ha das po­si­bles res­pos­tas: dun­ha exis­ten­cia enig­má­ti­ca á des­apa­ri­ción dis­cre­ta, do so­li­lo­quio nun pi­so a me­dia luz ao si­len­cio de­fi­ni­ti­vo da mor­te. E, fi­nal­men­te, a des­pe­di­da sen adeu­ses, cin­zas ao ven­to por un­ha man anó­ni­ma.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.