Non te­ño inimi­gos, non co­ñe­zo o odio

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión - MA­RI­NA MA­YO­RAL

No fu­ne­ral de Liu Xiao­bo só hou­bo seis per­soas: ao ca­rón do ca­da­lei­to, a súa viú­va e cin­co fa­mi­lia­res. Do ou­tro la­do, os fun­cio­na­rios do Go­berno chi­nés, má­qui­nas pre­pa­ra­das pa­ra im­pe­dir cal­que­ra ac­to non au­to­ri­za­do: nin fo­tos, nin ví­deos, nin pa­la­bras de des­pe­di­da.

Nas re­des chi­ne­sas non hai in­for­ma­ción so­bre o poe­ta di­si­den­te, e non ha­be­rá nin se­que­ra un­ha tumba que po­de­ría con­ver­ter­se en lu­gar de pe­re­gri­na­ción. A ma­qui­na­ria re­pre­si­va es­tén­de­se máis aló da mor­te. E, a pe­sar de ase­gu­rar que Liu Xia, a súa viú­va, é li­bre, a súa fa­mi­lia non con­se­gue po­ñer­se en con­tac­to con ela tras a mor­te de Xiao­bo.

Re­cluí­da des­de hai anos no seu do­mi­ci­lio, au­sen­te no xuí­zo no que se con­de­nou ao seu ma­ri­do, de­la di­xo o poe­ta:

«O teu amor é a luz do sol que sal­ta por en­ci­ma des­tas al­tas pa­re­des e pe­ne­tra en­tre os ba­rro­tes da xa­ne­la da mi­ña ce­la, aca­ri­ñan­do ca­da cen­tí­me­tro da mi­ña pel, dan­do ca­lor a ca­da cé­lu­la do meu cor­po, per­mi­tín­do­me man­ter sem­pre a paz, a aper­tu­ra e a ale­gría no meu co­ra­zón».

É im­pro­ba­ble que Chi­na dei­xe saír do país a un­ha tes­te­mu­ña tan im­por­tan­te da sa­ña cruel con que o ré­xi­me tra­tou ao ho­me que dei­xo es­cri­to: «Non te­ño inimi­gos, non co­ñe­zo o odio e es­pe­ro po­der di­si­par o odio co amor».

Non pui­do con­se­gui­lo. E o mun­do li­bre (que sar­cas­mo ese no­me ) se­gui­rá es­trei­tan­do re­la­cións co­mer­ciais con Chi­na e mi­ran­do ca­ra a ou­tro la­do. Que ver­go­ña e que pe­na!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.