Pin pin e Ela arra­sa no con­cur­so que pon a ban­da so­no­ra á fes­ta

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

«Du­bi­du­bi» é o no­me do Xi­te dor­nei­ro des­ta sin­gra­du­ra, tras arra­sar na vo­ta­ción po­pu­lar e coa ve­nia do xu­ra­do A Fes­ta da Dor­na xa ten ban­da so­no­ra es­te ano, a par­te do seu tra­di­cio­nal himno. O Xi­te dor­nei­ro des­ta sin­gra­du­ra, por vo­ta­ción po­pu­lar e coa ve­nia do xu­ra­do do con­cur­so, é un te­ma pe­ga­di­zo, Du­bi­du­bi, do dúo Pin pin e Ela. A di­fe­ren­za dos ar­xen­ti­nos, os seus mem­bros son ri­bei­ren­ses e, en lu­gar de ir­máns, son cur­máns e uns ve­llos co­ñe­ci­dos da es­ce­na mu­si­cal lo­cal. Juan­cho Pé­rez, gui­ta­rris­ta de O Ollo­mol, quen ade­mais de sa­car­lle partido ao seu la­do máis ro­quei­ro coa eléc­tri­ca en Du­bi­du­bi lan­zou­se a po­ñer­lle voz ocu­pou­se da com­po­si­ción da le­tra e da in­ter­pre­ta­ción da par­te rap, coa co­la­bo­ra­ción de Re­be nos co­ros (a Ela, de Pin pin e Ela) e de Nan­do Llon nos arran­xos.

O re­sul­ta­do arra­sou na vo­ta­ción aber­ta a tra­vés das re­des so­ciais, on­de aca­da­ron máis de 2.400 apoios, moi

lon­xe dos que ob­ti­ve­ron os ou­tros se­te te­mas ori­xi­nais pre­sen­ta­dos á se­gun­da edi­ción do con­cur­so des­ti­na­do a ban­das ou so­lis­tas or­ga­ni­za­do po­la Real e Ilus­tre pa­ra pro­mo­ver a música lo­cal. E, on­te, o xu­ra­do da Dor­na con­fir­ma­ba a súa vi­to­ria.

Sor­pre­sa O au­tor de Du­bi­du­bi re­co­ñe­ce que se viu sor­pren­di­do po­la boa aco­lli­da que ti­vo a canción nas re­des so­ciais. «Que­ría fa­cer al­go ab­sur­do», con­ta Juan­cho. «Sa­quei un rit­mi­llo na ca­sa e pú­xen­lle un­ha le­tra acor­de á oca­sión e, co­ma non che­ga­ba aos agu­dos, re­co­rrín a Re­be», en­ga­de, coa que xa ten com­par­ti­do es­ce­na­rio nou­tras oca­sións.

O au­tor ex­pli­ca que xa se ti­ña pre­sen­ta­do na pa­sa­da edi­ción do Xi­te dor­nei­ro, aín­da que con peor re­sul­ta­do. O pre­mio, con­sis­ti­rá na gra­va­ción do vi­deo­clip pa­ra fa­cer pro­mo­ción do te­ma, que se dis­tri­bui­rá en­tre as fa­ne­quei­ras pa­ra que o pin­chen du­ran­te a Fes­ta da Dor­na, xun­to co or­gu­llo im­pa­ga­ble de ga­ñar­se ao pú­bli­co máis crí­ti­co, o dor­nei­ro, cur­ti­do en moi­tas sin­gra­du­ras.

Os cur­máns Re­be e Juan­cho for­man o dúo Pin pin e Ela.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.