O no­vo tu­ris­mo de na­tu­re­za e his­to­ria

Rian­xo es­trea ca­tro ru­tas que per­mi­ten co­ñe­cer o mu­ni­ci­pio en pro­fun­di­da­de

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - CAR­MEN FER­NÁN­DEZ, A.G.

Co pa­so do tem­po, o tu­ris­mo vai co­llen­do máis for­za e im­por­tan­cia na eco­no­mía da zo­na do Bar­ban­za. Sen em­bar­go, ata ago­ra o pre­do­mi­nan­te era o mo­de­lo de praia e do sol. Pe­ro co­mo Ga­li­cia é moi trai­zoei­ra con res­pec­to ao tem­po, non é bo cen­trar­se só nes­te as­pec­to. Hai moi­tas zo­nas da co­mar­ca aín­da inex­plo­ra­das e pou­co co­ñe­ci­das, dia­man­tes en bru­to que es­tán á es­pe­ra de ser des­cu­ber­tos e ob­ser­va­dos. Xa non só pa­ra­xes na­tu­rais, se­nón ta­mén mu­seos e lu­ga­res con his­to­ria pro­pia.

Nal­gun­has lo­ca­li­da­des xa hai ini­cia­ti­vas que en­ga­den aos seus iti­ne­ra­rios tu­rís­ti­cos vi­si­tas a en­cla­ves que an­tes es­ta­ban to­tal­men­te es­que­ci­dos. Un dos ca­sos é o de Ri­bei­ra. Hai xa uns ca­tro anos que o Con­ce­llo co­me­zou a tra­ba­llar pa­ra fa­cer dos seus em­pra­za­men­tos na­tu­rais ou­tro re­cur­so tu­rís­ti­co. No mu­ni­ci­pio ve­ci­ño de A Po­bra apos­ta­ron máis po­lo ám­bi­to cul­tu­ral e li­te­ra­rio, con Va­lle-Inclán co­ma fi­gu­ra pro­ta­go­nis­ta. Ou­tros, co­mo Mu­ros, que­ren ir des­cu­brin­do pou­co a pou­co aos vi­si­tan­tes os se­gre­dos que ago­chan os re­cun­chos do seu cas­co his­tó­ri­co. Un dos úl­ti­mos en op­tar por es­te mo­de­lo de tu­ris­mo é o de Rian­xo, on­de fai tres se­ma­nas co­me­za­ba a an­dar o seu pro­xec­to.

En­fó­ca­se nas vi­si­tas guia­das, que te­ñen o seu ob­xec­ti­vo mar­ca­do: «Ver os pa­ra­xes na­tu­rais e his­tó­ri­cos máis re­le­van­tes de Rian­xo, pa­ra que es­per­ten in­tere­se e dar a co­ñe­cer o mu­ni­ci­pio», co­men­ta Fran­cis­co Gon­zá­lez Só­ño­ra, un dos en­car­ga­dos de guiar aos vi­si­tan­tes nos per­co­rri­dos. A ini­cia­ti­va na­ceu no de­par­ta­men­to de Tu­ris­mo municipal.

O abano de po­si­bi­li­da­des é bas­tan­te am­plo: hai ca­tro iti­ne­ra­rios que se po­den rea­li­zar, de­pen­den- do dos gus­tos ou do tem­po fa­ga. «Can­do hai moi­ta ca­lor, o ideal é vi­si­tar o ro­tei­ro do río Te, por­que es­tá máis cu­ber­to po­la som­bra e o pa­seo fai­se máis ameno» ex­pli­ca Gon­zá­lez Só­ño­ra.

O cas­co ve­llo

As ru­tas que se per­co­rren es­tán na súa maio­ría si­tua­das nos arre­do­res do mu­ni­ci­pio, agás un­ha: a que per­co­rre o cen­tro da vi­la. «Es­ta vi­si­ta pa­sa po­lo cas­co an­ti­go, po­la zo­na da fa­cha­da ma­rí­ti­ma, po­las ca­sas dos es­cri­to­res rian­xei­ros e po­las es­cul­tu­ras de­di­ca­das a eles, to­do re­la­cio­na­do coa his­to­ria e cos an­te­pa­sa­dos ilus­tres de Rian­xo», in­di­ca Fran­cis­co Gon­zá­lez.

O per­co­rri­do ar­queo­ló­xi­co é un­ha mes­tu­ra, xa que o seu iti­ne­ra­rio con­ta con vi­si­tas a nu­me­ro­sos pe­tró­gli­fos e aos cas­tros de Rian­xi­ño. O ro­tei­ro das 13 cru­ces é, xun­to ao do río Te, un dos que ten co­mo pro­ta­go­nis­tas in­dis­cu­ti­ble

As ru­tas dan­se a co­ñe­cer a tra­vés da pá­xi­na web do Con­ce­llo en las de­pen­den­cias mu­ni­ci­pais.

En­tre os lu­ga­res de in­tere­se fi­gu­ran a Ca­sa Mu­seo de Ma­nuel An­to­nio, o Mu­seo do Mar de Rian­xo e a Au­la Ac­ti­va do Mar, aber­tos to­do o ano».

os pa­ra­xes na­tu­rais. «O pun­to de par­ti­da é Quin­táns e re­ma­ta na pun­ta das 13 cru­ces, si­tua­do ao ca­rón do río Ulla», co­men­ta Gon­zá­lez Só­ño­ra.

Agás a vi­si­ta á vi­la, que se le­va a ca­bo du­ran­te to­da a se­ma­na, den­de as 20.00 ho­ras, o res­to das ru­tas rea­lí­zan­se nas xor­na­das fes­ti­vas e as fins de se­ma­na. Pa­ra par­ti­ci­par en cal­que­ra de­las «o me­llor é re­ser­var pre­via­men­te. Ou­tra for­ma é acu­dir ás 11.00, en fin de se­ma­na, ou ás 20.00 ho­ras, du­ran­te a se­ma­na, no Mu­seo do Mar», si­na­la­ba Fran­cis­co Gon­zá­lez.

O guía ex­pli­ca que a mei­ran­de par­te dos vi­si­tan­tes son ga­le­gos ou es­pa­ñois, pe­ro as vi­si­tas ta­mén es­tán aber­tas a tu­ris­tas es­tran­xei­ros. A pe­sar do pou­co tem­po que le­van en mar­cha es­tas ru­tas, xa hai al­gun­has que van ga­ñan­do adep­tos. «A vi­la gus­ta moi­to, pe­ro ta­mén a ru­ta ar­queo­ló­xi­ca po­lo fei­to de po­der vi­si­tar os pe­tró­gli­fos e os cas­tros», ex­pli­ca­ba Gon­zá­lez. Ata se­tem­bro po­de­ra­se go­zar des­tes iti­ne­ra­rios, a par­tir de aí, de­pen­de: «Po­de que se si­gan rea­li­zan­do co­mo ata ago­ra ou po­de que non. Is­to de­pen­de­rá do que acon­te­za no que que­da de ve­rán e da aco­lli­da que te­ñan», co­men­ta­ba Fran­cis­co Gon­zá­lez.

A ini­cia­ti­va es­tá xa en mar­cha, só que­da agar­dar ao fi­nal do ve­rán pa­ra ver os re­sul­ta­dos.

DA­NI GESTOSO

Gon­zá­lez Só­ño­ra, dian­te da Ca­sa Mu­seo de Ma­nuel An­to­nio, amo­sa o fo­lle­to edi­ta­do so­bre ela.

Pro­mo­ción. Mu­seos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.