Em­ma­nuel Ma­cron

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Jo­sé Ro­drí­guez Ca­be­za

Xa no ecua­dor do acia­go ZP al­gúns va­ti­ci­na­ba­mos que en Es­pa­ña se ía pro­du­cir o gran de­ba­te das ideas. Des­pois do ló­xi­co es­na­qui­za­men­to da UCD de Suá­rez, non ti­ña ló­xi­ca que na po­lí­ti­ca per­sis­ti­se tan­to tem­po aque­la es­quer­da so­cial­de­mó­cra­ta (me­nos mal) de Fe­li­pe e a tar­día al­ter­na­ti­va da de­rei­ta de Az­nar, amais dos na­cio­na­lis­mos de tó­da­las co­res por mor dese in­faus­to in­ven­to do Es­ta­do au­to­nó­mi­co. ¿Pe­ro que é o que se es­tá de­ba­ten­do nes­tes in­tres?. Vou po­ñer un exem­plo ilus­tra­ti­vo.

Nos xar­díns Va­lle-Inclán da Po­bra ins­ta­lá­ron­se uns vin­te ex­po­si­to­res en­tre o 23 de xu­ño e o 16 de xu­llo que pa­ga­ron ao con­ce­llo 1.100€ ca­da un. Un­ha bar­ba­ri­da­de, pe­ro moi cohe­ren­te coa ideo­lo­xía de es­quer­das que go­ber­na a vi­la. Su­po­ña­mos que nes­te con­ce­llo, ou nou­tros, se go­ber­na­se coa ideo­lo­xía liberal au­tén­ti­ca. ¿Can­to se lles co­bra­ría? Co­mo moi­to, os cus­tos xe­ra­dos po­los ser­vi­zos mu­ni­ci­pais que se pres­ta­sen, pe­ro o ló­xi­co se­ría que fo­se un­ha co­ta bran­da pa­ra di­na­mi­zar o sec­tor do co­mer­cio e da hos­ta­le­ría. ¿Por­que on­de es­ta­rían me­llor eses car­tos, nas ar­cas do con­ce­llo con fins des­co­ñe­ci­dos ou nas dos em­pre­sa­rios xe­ran­do ri­que­za e em­pre­go?.

Pois ben, iso é o que te­ñen que va­lo­rar os ci­da­dáns. Te­mos un sis­te­ma edu­ca­ti­vo fra­ca­sa­do e un­ha sa­ni­da­de en de­cli­ve xes­tio­na­dos por fun­cio­na­rios. ¿Que pro­ble­ma hai en en­saiar as po­lí­ti­cas li­be­rais exi­to­sas e máis ba­ra­tas que se prac­ti­can nou­tros paí­ses? O pre­si­den­te Em­ma­nuel Ma­crón, un ex­so­cia­lis­ta mi­li­tan­te, de­ca­tou­se de que no li­be­ra­lis­mo es­ta­ba a vir­tu­de po­lí­ti­ca, em­po­ri­so Francia trun­fa­rá.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.