Ima­xes que bus­can a be­le­za no co­tiá

No­ve fo­to­gra­fías com­po­ñen a ex­po­si­ción que se po­de ver no cen­tro so­cial de Boi­ro

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - PAU­LA RIVEIRO, A.G.

Moi­tas ve­ces, o máis esen­cial é in­vi­si­ble aos ollos. Son moi­tas as es­tam­pas da vi­da co­tiá que nos per­de­mos por non pres­tar aten­ción ao que nos ro­dea. Mos­trar a be­le­za de­sas pe­que­nas cou­sas do día a día é o co­me­ti­do das no­ve ima­xes que Xabier Tri­ñáns se­lec­cio­nou pa­ra a mos­tra que se po­de ver es­tes días no cen­tro so­cial de Boi­ro. A ex­hi­bi­ción, que le­va por tí­tu­lo Bus­can­do la be­lle­za en lo co­ti­diano, per­ma­ne­ce­rá ata o 28 de xu­llo.

O seu in­tere­se po­la fo­to­gra­fía vén den­de fai anos, can­do lle re­ga­la­ron a súa pri­mei­ra cá­ma­ra e co­me­zou a mer­car al­gúns li­bros pa­ra apren­der máis do ám­bi­to da ima­xe. Can­do cum­priu os 16 qui­xo ma­tri­cu­lar­se en fo­to­gra­fía en Santiago: «Que­dei sen pra­za e non o vol­vín in­ten­tar», re­co­ñe­ce Tri­ñáns. Des­pois di­so en­trou na uni­ver­si­da­de e li­cen­ciou­se en Ad­mi­nis­tra­ción e Di­rec­ción de Em­pre­sas, po­lo que nun­ca se de­di­cou á fo­to­gra­fía de ma­nei­ra pro­fe­sio­nal.

Na ac­tua­li­da­de tra­ba­lla co­mo men­sa­xei­ro, pe­ro nun­ca dei­xou de la­do as súas dúas gran­des pai­xóns: a fo­to­gra­fía e a pin­tu­ra. Du­ran­te a súa épo­ca uni­ver­si­ta­ria xa de­bu­xa­ba al­gun­has pe­zas en acua­re­la pa­ra os ami­gos e com­pa­ñei­ros que llas pe­dían. «Mer­quei un­ha cá­ma­ra me­llor e foi aí can­do qui­xen fa­cer al­go máis pro­fe­sio­nal», afir­ma. Fai tres anos que abriu un­ha con­ta per­soal en Ins­ta­gram, on­de pu­bli­ca a be­le­za dos pe­que­nos mo­men­tos da súa vi­da co­tiá en for­ma de ima­xes.

Aín­da que fa­cía tem­po que ti­ña a idea en men­te, nun­ca an­tes mos­tra­ra a súa obra nun­ha sa­la de ex­po­si­cións. Foi a raíz dun ac­ci­den­te de co­che can­do de­ci­diu que ía fa­cer al­go no que xa vi­ña ma­ti­nan­do, pe­ro nun­ca an­tes de­ra o pa­so. «Fí­xo­me re­fle- xio­nar e lan­zar­me a fa­cer al­go que le­va­ba moi­to tem­po pen­san­do», afir­ma Tri­ñáns. A obra es­tá fir­ma­da co pseu­dó­ni­mo de Tony Garz­ya que, co­mo ben ex­pli­ca, é o seu al­ter ego, esa persoa que sem­pre le­vou den­tro a súa fa­ce­ta máis ar­tís­ti­ca.

As súas dúas pai­xóns

Non so­lo na fo­to­gra­fía in­vis­te o seu tem­po de le­cer, se­nón que ta­mén hai si­tio pa­ra a pin­tu­ra. Se ti­ve­ra que de­can­tar­se por un­ha das dúas non se­ría ca­paz, xa que pa­ra el es­tán re­la­cio­na­das. Can­do ten un­ha idea dun ca­dro, o pri­mei­ro que fai é fo­to­gra­far a es­ce­na e des­pois tras­pá­saa ao len­zo. «Can­do pen­sei nes­ta ex­po­si­ción que­ría ter a ver­sión en acua­re­la das ima­xes, pe­ro por fal­ta de tem­po non o pui­den fa­cer», co­men­ta. Por­que a pin­tu­ra re­qui­re un­has ho­ras de tra­ba­llo que non lle po­de de­di­car de­bi­do á

súa pro­fe­sión. Agar­da que nun fu­tu­ro poi­da con­ver­ter es­te so­ño ta­mén reali­da­de.

A ex­hi­bi­ción es­tá di­vi­di­da en dúas par­tes, por un la­do as fo­to­gra­fías de pai­sa­xes e, por ou­tro, as ima­xes nas que saen per­soas. To­das elas es­tán á ven­da, de fei­to «hai al­gun­has que xa mas pe­di­ron». Pe­ro non só esas, ta­mén to­das as ou­tras que ten rea­li­za­das e ti­ve­ron que que­dar fo­ra.

A ima­xe do car­tel

De to­das, a súa pre­fe­ri­da é a que con­for­ma o car­tel da ex­hi­bi­ción. Un­ha ima­xe to­ma­da no pa­seo da praia de Ba­rra­ña de Boi­ro na que se ve un pe­queno río, as ár­bo­res e un­ha fi­gu­ra fe­mi­ni­na nun­ha pon­te. Ta­mén un­ha to­ma­da en Be­xo, dun­ha se­ño­ra maior que le­va­ba uns fou­ci­ños pen­du­ra­dos nas cos­tas. «Gus­tou­me a es­ce­na e fun tras de­la po­la al­dea pa­ra sa­car­lle a fo­to», co­men­ta Tri­ñáns. Por­que to­das as ima­xes traen con­si­go un­ha his­to­ria, pre­ten­den trans­mi­tir esa be­le­za que ato­pa­mos nos pe­que­nos mo­men­tos. «Moi­tas ve­ces te­mos que ir a Ins­ta­gram pa­ra ver al­go que te­mos a 15 me­tros da ca­sa», co­men­ta Xabier Tri­ñáns.

DA­NI GESTOSO

A Xabier Tri­ñáns gus­ta­ría­lle fa­cer nun fu­tu­ro un­ha ex­po­si­ción de ima­xes en acua­re­la.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.