Un en­xe­ñei­ro de pro­fe­sión que se ini­ciou na poe­sía e que se es­trea co­mo na­rra­dor

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura -

Hai oca­sións nas que os pre­mios dis­tin­guen a au­to­res de lon­ga tra­xec­to­ria e ou­tras nas que ser­ven pa­ra des­cu­brir e im­pul­sar as ca­rrei­ras de es­cri­to­res no­veis. Es­te úl­ti­mo é o ca­so de Fran­cis­co Ja­vier Fer­nán­dez Da­vi­la, na­ci­do en Vi­go en de­cem­bro de 1974. For­mou­se co­mo en­xe­ñei­ro de mi­nas na uni­ver­si­da­de da súa ci­da­de na­tal, on­de se es­pe­cia­li­zou en In­ten­si­fi­ca­ción Ener­xé­ti­ca. Den­de o ano 2000 tra­ba­lla aso­cia­do prin­ci­pal­men­te ao mun­do do frío e ac­tual­men­te é ex­per­to en re­fri­xe­ra­ción e so­por­te a ven­das dun­ha mul­ti­na­cio­nal do sec­tor.

Foi pre­ci­sa­men­te o seu ofi­cio o que o ani­mou a arri­mar­se aos ca­mi­ños da li­te­ra­tu­ra. O ano pa­sa­do ob­ti­vo o pri­mei­ro pre­mio de poe­sía Cer­ta­me de En­xe­ñe­ría sen Fron­tei­ras, ao que se­gui­ron ou­tras dis­tin­cións en Ga­li­cia, co­mo os ga­lar­dóns poé­ti­cos Vic­to­riano Tai­bo ou Te­rras de Cha­mo­so, así co­mo fó­ra da co­mu­ni­da­de, co­mo o cer­ta­me de na­rra­cións Ate­neo de Bé­jar.

Nes­ta in­ci­pien­te tra­xec­to­ria foi im­por­tan­te a par­ti­ci­pa­ción do ga­ña­dor en di­ver­sos obra­doi­ros de es­cri­ta crea­ti­va, im­par­ti­dos por Cla­ra do Ro­xo, quen afir­ma que é «un poe­ta ten­tan­do es­cri­bir pro­sa». Men­tres agra­de­cía emo­cio­na­do o pre­mio, Fer­nán­dez Da­vi­la lem­brou o pa­pel da súa mes­tra na es­cri­ta, así co­mo o da súa do­na, res­pon­sa­ble de que per­sis­ti­se na súa afección.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.