«Cán­sa­me moi­to o reguetón»

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - JOR­GE CA­SA­NO­VA

Non é doa­do lo­ca­li­zar a Li­to en ple­na tem­po­ra­da de fes­tas. Moi­ta ca­rre­tei­ra, moi­ta noi­te, pou­co día... Ao fi­nal ci­tá­mo­nos no en­torno do pal­co dun­ha das fes­tas que en­chen gra­zas a pre­sen­za dun­ha das or­ques­tras len­da­rias no país das cen mil or­ques­tras: a Pa­no­ra­ma. Li­to Garrido (San­xen­xo, 1967) e o lí­der da for­ma­ción e to­da un­ha ins­ti­tu­ción na cultura fes­tei­ra do país. Fre­cuen­te­men­te in­ter­rom­pi­dos por mem­bros da co­mi­sión, fans e co­ñe­ci­dos, man­te­mos un­ha con­ver­sa cun­has cer­ve­xas na ba­rra do bar da fes­ta.

—Le­va nes­te mun­do den­de...

—Aos 12 anos co­me­cei a to­car o sa­xo e den­de en­tón non pa­rei. Na Pa­no­ra­ma es­tou den­de 1993. Así que en no­vem­bro xa fa­rá 24 anos.

—Que xa son anos vi­vin­do ne­se mun­do tan pe­cu­liar...

—En Ga­li­cia, o mun­do das or­ques­tras for­ma par­te da tra­di­ción po­pu­lar. É ra­ro que nal­gún mo­men­to da súa vi­da cal­que­ra ga­le­go non te­ña al­go que ver con al­gun­ha or­ques­tra o cun­ha co­mi­sión de fes­tas. As or­ques­tras es­tán moi pre­to da xen­te, for­man par­te da no­sa cultura.

—Eu lém­bro­me dos no­ven­ta. Nin­guén bai­la­ba nas ver­be­nas.

—É ver­da­de. Nos no­ven­ta as fes­tas es­ta­ban mo­rren­do. Non ha­bía cam­bio nas co­mi­sións. A par­tir do 95 é can­do co­me­zan a dar­lles un­ha vol­ta pa­ra que vi­ñe­ra máis a xu­ven­tu­de.

—Así que vos­te­de to­cou pa­ra os pais e pa­ra os fi­llos, que ago­ra xa co­me­zan a ser pais.

—Si, ha, ha. Nun­ha carreira co­mo a mi­ña tes a po­si­bi­li­da­de de to­car pa­ra tres xeracións.

—Cal é a cla­ve do éxi­to da Pa­no­ra­ma?

—O re­per­to­rio é bá­si­co. A va­rie­da­de é o se­gre­do. E o con­tac­to co pú­bli­co, fa­ce­lo par­ti­ci­par.

—E a in­cor­po­ra­ción dos te­mas la­ti­nos, su­po­ño.

—Hai moi­to au­xe do la­tino, si. Den­de hai catro ou cin­co anos, to­do é la­tino.

—Gús­ta­lle o reguetón?

—A min cán­sa­me moi­to o reguetón. É moi igual to­do. Ata é di­fí­cil dis­tin­guir un te­ma dou­tro. Pe­ro eu pen­so que ten da­ta de ca­du­ci­da­de. É un­ha mo­da que vai pa­sar pron­to. Eu di­ría que non hou­bo un­ha épo­ca na que a mú­si­ca se pa­re­ce­ra tan­to, pe­ro ta­mén pen­so que o reguetón é un rit­mo ao que se adap­ta a xu­ven­tu­de e a xen­te maior.

—Pois ima­xi­ne que ten que bai­lar un reguetón cun­ha des­tas pa­re­llas: Inés Arri­ma­das, Mi­reia Belmonte, Cris­ti­na Pe­dro­che ou Mar­ta Sán­chez. A quen eli­xe?

—Pa­ra bai­lar un reguetón, a Cris­ti­na Pe­dro­che.

—Que é o que me­nos lle gus­ta do seu tra­ba­llo?

—Pois a fa­lla dun­ha vi­da nor­mal. No ve­rán dis­fru­tas moi pou­co da fa­mi­lia. Pe­ro es­tá moi ben tra­ba­llar no que te gus­ta, dis­fru­tar do que fas.

—En in­verno que fai, des­can­sa?

—Tal co­mo te­mos en­fo­ca­da a ac­ti­vi­da­de da or­ques­tra, prac­ti­ca­men­te non hai des­can­so. En­tre os cam­bios de re­per­to­rio, os en­saios, os mu­si­cais pa­ra ne­nos... tra­ba­llas o ano en­tei­ro.

—Co­mo se pre­pa­ra pa­ra to­do o que fai no es­ce­na­rio?

—A ver­da­de é que son ca­se dúas ho­ras nas que non pa­ras. Eu o úni­co que fa­go é man­ter al­go de die­ta por­que en can­to me pa­so de pe­so, nó­too. Ta­mén xo­go al­go ao fút­bol, aín­da que ago­ra xa non me dou tan­ta ca­ña co­mo an­tes.

—Qué can­ción lle gus­ta in­ter­pre­tar?

—Non sei, por­que cam­bia­mos moi­to o re­per­to­rio. Un­ha que non cam­bia­mos é o Vals de las ma­ri­po­sas. Cán­ta­na os mo­zos e os maio­res.

—Un­ha que non lle gus­te can­tar.

—Do­lo­res se lla­ma la Lo­la, de Los Sua­ves. Pí­de­na moi­to, pe­ro se po­do lla em­pa­que­to a ou­tro.

—Can­ta no co­che?

—No co­che nun­ca po­ño mú­si­ca.

—Qué lle gus­ta fa­cer fó­ra da mú­si­ca?

—Gús­ta­me moi­to o fút­bol e o ci­ne. Ir de vi­ños cos ami­gos fai­me des­co­nec­tar.

—Cal é o seu equi­po?

—Eu son do Bar­ce­lo­na, pe­ro ta­mén moi ga­le­go. Por pro­xi­mi­da­de, un pou­co máis do Cel­ta, pe­ro se xo­gan os dous e o Dé­por se es­tá xo­gan­do al­go e o Cel­ta non, pre­fi­ro que ga­ñe o Dé­por.

—Sa­be­ría fa­cer un­ha tor­ti­lla de pa­ta­cas?

—Si. A co­ci­ña non é o meu, pe­ro a tor­ti­lla dá­se­me ben.

—Que se pon pa­ra dur­mir?

—Un­ha ca­mi­se­ta. Non so­por­to o pan­ta­lón do pi­xa­ma.

—Can­tas ve­ces se na­mo­rou?

—Uf. Pou­cas. Un­ha vez que ca­sa­ches é di­fí­cil que vol­vas na­mo­rar­te.

—De que se arre­pin­te?

—De non ter es­tu­da­do máis. Non ti­ña que ter em­pe­za­do tan ce­do. Gus­ta­ría­me ter si­do xor­na­lis­ta de­por­ti­vo.

—Que foi a de­rra­dei­ra cou­sa que mer­cou?

—Hummm. Non me lem­bro. Ah, si! Un­ha cá­ma­ra Go­pro que aín­da non usei.

—Un­ha can­ción.

—San­ta Lu­cía, de Mi­guel Ríos.

—O máis im­por­tan­te na vi­da é...

—Sen­tir­se ben con un mes­mo.

ILUS­TRA­CIÓN ED

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.