As cou­sas miú­das

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Cris­ti­na Pa­to

Can­do a vou vi­si­tar vol­vo cun­has can­tas plan­tas de to­ma­ti­ños pe­que­ni­ños, con fi­gu­ri­ñas ananas dos meus ído­los da in­fan­cia, con pul­sei­ri­ñas, go­mas do pe­lo e pin­ci­ñas de co­res. Cun­ha ou dúas du­cias de ovos das súas ga­li­ñas, e cun­ha co­lec­ción de bra­gas e cal­ce­tíns do ver­de do meu pe­lo. Ás ve­ces ta­mén traio ca­ba­ci­ñas do ta­ma­ño dun bas­to, pe­ro a mei­ran­de par­te das ve­ces o que trae e le­va na súa co­lec­ción de bol­sas, que en­cai­xan per­fec­ta­men­te un­has den­tro das ou­tras, son cen­tos de cou­sas pe­que­ni­ñas ás que Yo­lan­da lles dá a im­por­tan­cia que real­men­te me­re­cen na súa vi­da.

Aín­da que me le­va ca­se dez anos, sem­pre que me preguntan por ela pre­gún­tan­me po­la mi­ña ir­má pe­que­na. Cun diag­nós­ti­co do es­pec­tro au­tis­ta tar­dío, ha­bi­tual na súa xe­ra­ción, Yo­lan­da foi ca­paz de le­var adian­te un­ha vi­da in­de­pen­den­te na que, ro­dea­da de pe­que­nas cou­sas, en­con­tra a súa ra­zón de vi­vir e o seu xei­to de com­par­tir. A tra­vés do miú­do, do que po­de con­tro­lar, ela en­ten­deu e re­de­fi­niu un­ha vi­da que nun­ca se lle pre­sen­tou fá­cil.

E ela en­sí­na­me, a dia­rio, que real­men­te son as cou­sas miú­das as que for­man e mol­dean a vi­da dun­ha, non as gran­des. Son os pe­que­nos lo­gros e as de­cep­cións dia­rias as que fan que un­ha se­xa co­mo é. E son esas pe­que­nas cou­sas que a co­tío es­que­ce­mos ce­le­brar, as que ao fi­nal fi­can na no­sa me­mo­ria co­ma mo­men­tos má­xi­cos e cheos de vi­da: a me­mo­ria das emo­cións pu­ras.

Nes­ta pe­que­na co­lum­na, nes­tes 1.700 ca­rac­te­res con es­pa­zos, ten­ta­rei, ca­da se­ma­na, re­la­tar e com­par­tir as his­to­rias e ex­pe­rien­cias que na­cen de vi­vir no lim­bo das in­que­dan­zas pa­ra así re­lem­brar que o be­nes­tar na­ce no co­ra­zón da so­cie­da­de, no no­so xei­to de ce­le­brar e com­par­tir os pe­que­nos gran­des pa­sos que fan o no­so día a día.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.