«Amo­sá­mos­lles ás mu­lle­res a dar un­ha res­pos­ta rá­pi­da dian­te dun ata­que»

A ac­ti­vi­da­de en­cá­dra­se den­tro dun­ha cam­pa­ña pa­ra loi­tar con­tra a vio­len­cia se­xis­ta

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - PAU­LA RIVEIRO / M. X. B. RI­BEI­RA / LA VOZ San­dra Calvo e Xa­quín Bal­do­mir Im­par­ten o obra­doi­ro de au­to­de­fen­sa «Quen di­xo me­do?»

Nu­me­ro­sas per­soas ven­se afec­ta­das ca­da día po­la vio­len­cia de xé­ne­ro. Mos­trar co­mo reac­cio­nar e ac­tuar ne­ses ca­sos é o co­me­ti­do de San­dra Calvo e Xa­quín Bal­do­mir. Me­dian­te o obra­doi­ro de au­to­de­fen­sa que es­tán a im­par­tir, o que pre­ten­den é des­en­rai­zar es­ta ma­la prác­ti­ca da so­cie­da­de pa­ra co­me­zar a edu­car den­de a igual­da­de e o res­pec­to. Os ve­ci­ños da Po­bra e de Por­to do Son ti­ve­ron xa a opor­tu­ni­da­de de par­ti­ci­par nes­ta ini­cia­ti­va, que se vai desen­vol­ver ta­mén en Boi­ro e Rianxo.

En­si­nar que o me­do non é un­ha op­ción, se­nón que é un ele­men­to coac­ti­vo que im­pi­de apre­ciar ob­xec­ti­va­men­te os pro­ble­mas que nos ro­dean é a má­xi­ma des­te obra­doi­ro. Un­ha ac­ti­vi­da­de que se en­ca­dra den­tro da cam­pa­ña de sen­si­bi­li­za­ción Quen di­xo me­do?, pro­mo­vi­da po­la Depu­tación da Co­ru­ña. O pro­xec­to, de dous anos de du­ra­ción, es­tá pen­sa­do pa­ra os con­ce­llos da pro­vin­cia con me­nos de 20.000 ha­bi­tan­tes. Po­lo mo­men­to xa che­gou á co­mar­ca do Bar­ban­za, pe­ro per­co­rre­rá un to­tal de co­ren­ta mu­ni­ci­pios cun he­te­ro­xé­neo pro­gra­ma de ac­ti­vi­da­des.

Es­tes obra­doi­ros de au­to­de­fen­sa fo­ron os que mar­ca­ron o ini­cio. As cla­ses te­ñen dúas ho­ras e me­dia de du­ra­ción e com­pa­xi­nan un­ha par­te teó­ri­ca e ou­tra prác­ti­ca. A en­car­ga­da de ex­pli­car to­do o re­la­ti­vo á vio­len­cia de xé­ne­ro, así co­mo de iden­ti­fi­car as di­fe­ren­tes si­tua­cións que se po­den dar ou dar as pau­tas pa­ra ac­tuar an­te un ca­so con­cre­to é San­dra Calvo. «In­ten­ta­mos que se­xa par­ti­ci­pa­ti­vo, que as mu­lle­res se in­vo­lu­cren. Al­gun­has ve­ces in­clu­so con­tan ex­pe­rien­cias per- soais», afir­ma. Por­que nal­gúns gru­pos hai per­soas ás que es­te pro­ble­ma lles to­ca de cer­ca. Ao lon­go de pou­co máis dun­ha ho­ra bus­ca­se des­mon­tar mi­tos no que con­cir­ne á vio­len­cia ma­chis­ta.

Pro­gra­ma prác­ti­co

A se­gun­da par­te do obra­doi­ro é a prác­ti­ca, que a im­par­te Xa­quín Bal­do­mir. O que lles en­si­na son for­mas de de­fen­sa, téc­ni­cas de in­mo­bi­li­za­ción ou há­bi­tos de con­du­ta e a ac­tua­ción dian­te de ca­sos de agre­sión fí­si­ca de cal­que­ra ti­po. «O que pre­ten­de­mos é en­si­nar­lle ás mu­lle­res co­mo dar un­ha res­pos­ta rá­pi­da an­te un ata­que», co­men­ta Bal­do­mir. Un­ha ho­ra e me­dia na que as par­tí­ci­pes fan un­has ve­ces de agre­sor e ou­tras de ví­ti­ma pa­ra prac­ti­car en­tre elas di­fe­ren­tes ti­pos de aga­rre e sa­ber co­mo ac­tuar an­te si­tua­cións de­ter­mi­na­das.

Co ob­xec­ti­vo de fa­vo­re­cer un­ha aten­ción in­di­vi­dua­li­za­da, os gru­pos ad­mi­ten un má­xi­mo de 15 per­soas e es­tán pen­sa­dos pa­ra

mu­lle­res maio­res de 16 anos. A res­pos­ta das asis­ten­tes, tan­to na par­te prác­ti­ca co­mo na teó­ri­ca, é moi po­si­ti­va. As mu­lle­res in­vo­lú­cran­se e par­ti­ci­pan, ás ve­ces in­clu­so apor­tan­do al­gun­ha vi­ven­cia per­soal ou un ca­so con­cre­to que co­ñe­cen. «O que bus­ca­mos é con­cien­ciar so­bre com­por­ta­men­tos que moi­tas ve­ces ve­mos na so­cie­da­de pe­ro que non de­be­rían ser así», afir­ma Bal­do­mir. Fa­cer fron­te ao des­co­ñe­ce­men­to que aín­da hai an­te un te­ma que afec­ta ca­da día a nu­me­ro­sas per­soas.

Va­rie­da­de de pro­xec­tos

A cam­pa­ña Quen di­xo me­do? vai re­co­rrer va­rios con­ce­llos du­ran­te dous anos e xa hai pre­vis­tas ou­tras ac­ti­vi­da­des des­ti­na­das a máis co­lec­ti­vos de per­soas. As pró­xi­mas, que ta­mén se van rea­li­zar nos con­ce­llos de A Po­bra e Rianxo, van ser un­has char­las afec­ti­vo-se­xuais. «Es­tou­tra ac­ti­vi­da­de si que vai di­ri­xi­da a pais, nais ou mo­zos de cal­que­ra ida­de», co­men­ta Calvo. Pa­ra ins­cri­bir­se en cal­que­ra dos obra­doi­ros so hai que po­ñer­se en con­tac­to cun dos con­ce­llos nos que se rea­li­za ou cos pro­mo­to­res da ac­ti­vi­da­de me­dian­te a súa pá­xi­na web.

CE­DI­DA

Ima­xe da cla­se prác­ti­ca que se le­vou a ca­bo en Por­to do Son.

CE­DI­DA

Xa­quín Bal­do­mir amo­sán­do­lle téc­ni­cas a un­ha po­bren­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.