Os no­vos mons­tros

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - Ma­nuel Ga­go

Oou­tro día es­ta­ba len­do a co­rres­pon­den­cia do pin­tor Luís Seoa­ne cun ami­go da Ar­xen­ti­na. Seoa­ne es­ta­ba pa­san­do un­ha tem­pa­da en Ga­li­cia no ano 1967 e con­tá­ba­lle que, ade­mais do tra­ba­llo, apro­vei­ta­ba pa­ra fa­cer es­ca­pa­das a ver «ma­ra­bi­llas ro­má­ni­cas e ba­rro­cas» e si­na­la­ba co­mo to­da Ga­li­cia era xa un bos­que. Seoa­ne ti­ña un re­cor­do de in­fan­cia dun­ha Ga­li­cia coa te­rra tra­ba­lla­da e os mon­tes co­mo par­te do sis­te­ma agra­rio: lim­pos e em­pre­ga­dos de ma­to. E di­cía un­ha cla­ve. Eses bos­ques que lle re­cor­da­ban a mi­nia­tu­ras me­die­vais fran­ce­sas es­ta­ban en­chén­do­se de lo­bos e xa­ba­rís.

In­me­dia­ta­men­te lem­brei­me do asun­to ao re­cor­dar can­tas ve­ces te­ño es­coi­ta­do eu nas al­deas que o xa­ba­rís, os es­quíos ou os lo­bos bo­tá­raos a Xun­ta, un­ha mis­te­rio­sa Xun­ta nun vehícu­lo 4x4 ofi­cial que guin­da­ba ali­ma­ñas po­lo mon­te adian­te. Es­te ano sú­man­se­lle á lis­ta as ve­lu­ti­nas e as ví­bo­ras. A car­ta de Seoa­ne con­fir­ma, sen dú­bi­da, que a Xun­ta xa exis­tía en tem­pos de Fran­co e xa guin­da­ba de aco­la bi­chos bra­vos, ou ben que sim­ple­men­te her­dou com­pe­ten­cias do Ico­na ou ou­tra en­ti­da­de da épo­ca.

As len­das dos no­sos avós fa­la­ban de mou­ras e xi­gan­tes. As len­das dos no­sos pais te­ñen por mons­tro a un­ha Xun­ta que é un­ha sor­te de en­te ma­ligno des­ti­na­do a to­car­lle as na­ri­ces aos ma­ri­ñei­ros e la­bre­gos. Aín­da que ra­zón po­de ha­ber, non hai dú­bi­da de que esa mi­to­lo­xía na­ce da mi­se­ria de per­soas que vo­ta­ron en 1980 (me­nos dun 30 % da po­boa­ción) o Es­ta­tu­to. A Xun­ta na­ceu co­mo al­go alleo á xen­te que non a vo­tou. E de aí ve­ñen es­tas teo­rías da cons­pi­ra­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.