Os He­re­dei­ros bai­xa­rán en ca­rri­la­na

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

Ofre­ce­rán un con­cer­to o luns, no mar­co da xi­ra con mo­ti­vo do 25 aniver­sa­rio da for­ma­ción da ban­da, que ser­vi­rá de pe­che da sin­gra­du­ra nú­me­ro 69, pe­ro os He­re­dei­ros da Crus xa se dei­xa­rán ver an­tes en Ri­bei­ra, co fin de ir cal­dean­do o am­bien­te. Bai­xa­rán nun­ha das ca­rri­la­nas que par­ti­ci­pa­rán no Jran Prix de ma­ñá, pro­ba que es­tá pre­vis­to que arran­que so­bre as no­ve da noi­te na costa da Má­moa. En con­cre­to, tra­ta­rán de aca­dar a me­ta subidos ao bó­li­do da pe­ña Boi de Pu­tas, que se­rá o que pe­che un­ha as ac­ti­vi­da­des máis des­ta­ca­das da Fes­ta da Dor­na.

Xor­na­da jai­tei­ra

Des­pois de que a mú­si­ca dis­co rei­na­ra on­te, has­ta al­tas ho­ras da ma­dru­ga­da, na ci­da­de, ho­xe se­rá a quen­da dos gai­tei­ros. Ca­se vin­te for­ma­cións, tan­to de Ri­bei­ra co­mo che­ga­das des­de di­fe­ren­tes pun­tos da co­mar­ca, es­pa­lla­rán os sons tra­di­cio­nais po­las rúas de San­ta Uxía a par­tir do me­dio­día. Anun­cia­rán o arran­que dun­ha no­va edi­ción da ru­ta de ta­pas dor­nei­ras, pro­gra­ma­do pa­ra as 13.00 ho­ras. Quin­ce son os lo­cais hos­ta­lei­ros que se su­ma­ron a es­ta ini­cia­ti­va gas­tro­nó­mi­ca.

O epi­cen­tro fes­ti­vo tras­la­da­ra­se des­pois a Co­ro­so, con mo­ti­vo dos Xo­jos e De­por­tes Po­pu­la­res de Te­rra. A xor­na­da con­clui­rá coa fa­se pre­via da Can­sión de Tas­ca po­las fa­ne­quei­ras. Es­tá pre­vis­ta a par­ti­ci­pa­ción de 60 pe­ñas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.