A Com­pa­ñía vol­ve aos seus ini­cios

Ce­le­bra­rá os seus 15 anos so­bre os es­ce­na­rios cun re­en­con­tro da ban­da ori­xi­nal

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - CAR­MEN FER­NÁN­DEZ / M. X. B.

Os co­me­zos adoi­tan ser com­pli­ca­dos. Hai que bus­car e ato­par o ele­men­to ade­cua­do, sa­ber dar­lle for­ma e non ter me­do ao fu­tu­ro. Ás ve­ces, can­to me­nos pen­sas nel é can­do me­llor saen as cou­sas. Co­ma exem­plo dis­to po­de­mos ato­par ao gru­po ri­bei­ren­se A Com­pa­ñía do Ruí­do. Un día, alá po­lo 2002, de­ci­di­ron unir­se pa­ra fa­cer mú­si­ca xun­tos, e den­de aque­la van xa 15 anos. «Ti­ña­mos un­ha idea, un­ha cou­sa bo­ni­ta que que­ría­mos fa­cer e ilu­sión. Non ti­ña­mos en men­te du­rar tan­to tem­po, nin que­re­mos mi­rar máis alá. De mo­men­to ce­le­brar es­tes 15 anos», ex­pli­ca Su­so Be­llo, gui­ta­rris­ta e can­tan­te da ban­da e un dos seus fun­da­do­res.

Es­tes anos de­ron pa­ra moi­to. Den­de ir in­cor­po­ran­do ca­ras no­vas ao gru­po a pu­bli­car seis dis­cos. Da com­pa­ñía ori­xi­nal só que­dan Su­so Be­llo e Sa­be­la Oli­va­res. O que non va­riou foi o es­ti­lo ca­rac­te­rís­ti­co. «A mes­tu­ra de rit­mos mu­si­cais, a va­rie­da­de mu­si­cal e a re­tran­ca e o es­car­nio co­mo fío con­du­tor se­guen pre­sen­tes a día de ho­xe», afir­ma Su­so Be­llo. Co tem­po, uns fo­ron aban­do­nan­do o bar­co por diversos mo­ti­vos, e ou­tros ían subin­do a el. Sen em­bar­go, pa­ra o con­cer­to que van a dar ma­ñá no mar­co da Fes­ta da Dor­na, ha­be­rá sor­pre­sa: o gru­po con­ta­rá de no­vo cos mem­bros fun­da­do­res da Com­pa­ñía do Ruí­do. «Reu­ni­re­mos a ban­da ori­xi­nal pa­ra que fa­gan un­ha ho­ri­ña de con­cer­to con nós», co­men­ta Be­llo. Pe­ro non se que­dan aí as no­vi­da­des: «Va­mos a fa­cer un re­per­to­rio das can­cións máis clá­si­cas e ta­mén va­mos a ter in­vi­ta­dos. Por exem­plo Fran Re­guei­ra, de Pan de Le­ña, e Tre­su, de 8 Fe­rra­dos», apun­ta Su­so Be­llo.

E que a xi­ra que con­me­mo­ra os 15 anos de his­to­ria da ban­da xa arran­cou a co­me­zos des­te 2017 pe­ro Ri­bei­ra e a Fes­ta da Dor­na son un es­ce­na­rio inigua­la­ble pa­ra eles. «É un­ha fes­ta es­pe­cial por­que hai bas­tan­te tem­po que non to­ca­mos aquí. Ade­mais, dá­nos a opor­tu­ni­da­de de xun­tar­nos to­dos de no­vo, xa que por te­mas de tra­ba­llo non po­de­mos ver­nos moi­to nin fa­cer xun­tan­zas des­te ti­po», con­ta Be­llo. A mei­ran­de par­te dos con­cer­tos que te­ñen se­rán en Ga­li­cia, pe­ro ta­mén to­ca­rán en Ex­tre­ma­du­ra e en Eus­ka­di.

No­vo pro­xec­to

Es­te ano non só inau­gu­ra­ron a xi­ra de con­cer­tos pa­ra ce­le­brar es­tes tres lus­tros de vi­da, se­nón que ta­mén pu­xe­ron en mar­cha un no­vo pro­xec­to. «Chá­ma­se 12 me­ses, 12 pun­chis. Ca­da mes com­po­ñe­mos un te­ma, o gra­va­mos en es­tu­dio e fa­ce­mos o vi­deo­clip. Des­pois cól­gan­se en You­Tu­be, na pá­xi­na da Com­pa­ñía do Ruí­do

A ci­ta. Su­so Be­llo e a súa ban­da su­biran­se ma­ñá, ás 24.00 ho­ras, ao es­ce­na­rio ins­ta­la­do no Ma­le­cón de Ri­bei­ra.

O con­cer­to. Ao lon­go do es­pec­tácu­lo es­tá pre­vis­to que des­fi­len po­las tá­boas 24 ar­tis­tas, boa par­te de­les, an­ti­gos com­po­ñen­tes da Com­pa­ñía do Ruí­do.

e en re­des so­ciais co­ma Fa­ce­book e Twit­ter», ex­pli­ca Su­so Be­llo. Es­te pro­xec­to in­clúe un te­ma de­di­ca­do á Fes­ta da Dor­na, con­cre­ta­men­te o de xu­ño: «Ago­ra, a fi­nais de xu­llo, pre­sen­ta­re­mos o te­ma des­te mes. O con­cer­to ta­mén ser­vi­rá pa­ra dar a co­ñe­cer es­te pro­xec­to da ban­da». A raíz des­te tra­ba­llo, a for­ma­ción pu­bli­ca­rá o seu sé­ti­mo dis­co, pe­ro an­tes aín­da ten que re­ma­tar o ano: «Pri­mei­ro te­mos que fa­cer os do­ce te­mas. E des­pois pa­ra o ano xa ve­re­mos de edi­tar o dis­co, sa­ca­lo pa­ra des­car­gas ou o que se­xa», co­men­ta Su­so Be­llo.

Pe­ro por ago­ra, o que es­tá máis pre­to é o con­cer­to de ma­ñá. O gui­ta­rris­ta e vo­ca­lis­ta ten xa as súas ex­pec­ta­ti­vas fei­tas: «Agar­do un­ha unión da ban­da e do pú­bli­co ao re­me­mo­rar a his­to­ria da com­pa­ñía. A ni­vel Ga­li­cia, ao co­lo­car o car­tel nas re­des so­ciais co de­ta­lle de que vai es­tar pre­sen­te a ban­da ori­xi­nal es­ta­me cha­man­do moi­ta xen­te di­cín­do­me que non po­den vir e que lles da pe­na, e ou­tros moi­tos que si ve­ñen e che­gan de ou­tras par­tes co­mo Pa­drón, Vi­go e Ou­ren­se».

Vol­ver a ca­sa sem­pre é al­go es­pe­cial, e se ao re­gre­sar o fas acom­pa­ña­do da túa xen­te é me­llor aín­da. Ou iso opi­na Su­so Be­llo, que agar­da que o re­en­con­tro e o con­cer­to sir­van pa­ra re­me­mo­rar o me­llor des­tes 15 anos de tra­xec­to­ria no es­ce­na­rio.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

A ban­da de­di­cou as úl­ti­mas xor­na­das a pre­pa­rar un es­pec­tácu­lo es­pe­cial pa­ra a Dor­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.