Cien­cia

Es­ta po­bren­se exer­ce nun la­bo­ra­to­rio de­pen­den­te do CSIC, en­car­gán­do­se da xes­tión de li­ñas xe­né­ti­cas úni­cas

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza - AN­TÓN PA­RA­DA

La po­bren­se Lau­ra Lam­pón ha­bla so­bre su tra­ba­jo en un la­bo­ra­to­rio de­pen­dien­te del CSIC

En de­ma­sia­das oca­sións, acos­tú­ma­se a dar por fei­to que cal­que­ra ti­po de con­tri­bu­ción á cien­cia vi­rá da man dun pu­ña­do de ex­per­tos de re­no­me. A se­guin­te his­to­ria cons­ti­túe un re­la­to no que se mes­tu­ran o es­for­zo e a su­pera­ción cun­ha pai­xón que só un­ha mi­no­ría che­ga a com­pren­der: o amor po­la cu­rio­si­da­de. Es­te úl­ti­mo con­cep­to foi o des­en­ca­dean­te que le­vou a Lau­ra Lam­pón Fer­nán­dez (A Po­bra, 1992) a in­te­grar un dos equi­pos de téc­ni­cos de la­bo­ra­to­rio do pres­ti­xio­so Ins­ti­tu­to de Neu­ro­cien­cias, un cen­tro pú­bli­co de ti­tu­la­ri­da­de com­par­ti­da en­tre a Uni­ver­si­dad Mi­guel Her­nán­dez de Ali­can­te e o Con­se­jo Su­pe­rior de In­ves­ti­ga­cio­nes Cien­tí­fi­cas (CSIC).

Sen­do só un­ha ne­na, a po­bren­se des­cu­bría na ca­sa dun ve­ci­ño un ob­xec­to que mar­ca­ría o rum­bo da súa tra­xec­to­ria la­bo­ral. Do in­te­rior da cai­xa dun deses equi­pos de quí­mi­ca para ca­ti­vos, Lau­ra Lam­pón ato­pa­ba un mi­cros­co­pio de xo­gue­te co que, ade­mais de ob­ser­var mi­núscu­los in­sec­tos, al­bis­cou o seu fu­tu­ro: «Son de­ma­sia­do cu­rio­sa, e ni­so se ba­sea a cien­cia, en que­rer sa­ber máis sem­pre».

Test de pro­bas

Es­ta mo­za de 24 anos nun­ca du­bi­dou so­bre o seu so­ño de exer­cer nun la­bo­ra­to­rio, mais si do ca­mi­ño para che­gar ata es­te. Cons­cien­te da si­tua­ción de nu­me­ro­sos uni­ver­si­ta­rios es­pa­ñois sen ac­ce­so a un pos­to de tra­ba­llo, de­ci­diu eli­xir un iti­ne­ra­rio aca­dé­mi­co que lle ga­ran­ti­se maio­res opor­tu­ni­da­des de in­cor­po­rar­se ao mer­ca­do la­bo­ral. Por ese mo­ti­vo, tras rematar a se­cun­da­ria no IES A Po­bra do Ca­ra­mi­ñal, reali­zou o ba­cha­re­la­to no IES Nú­me­ro Un de Ri­bei­ra e o ci­clo formativo de téc­ni­ca en la­bo­ra­to­rio no

IES Cam­po San Al­ber­to de Noia.

«A vi­da non é un ca­mi­ño rec­to, ten moi­tas cur­vas e eu co­lli­nas to­das», con esa fra­se, Lau­ra Lam­pón ilus­tra ese cú­mu­lo de cir­cuns­tan­cias que a le­va­ron, in­clu­so, a com­ple­tar un ci­clo de ad­mi­nis­tra­ción. Sen em­bar­go, nun­ca se per­mi­tiu o lu­xo de per­der o tem­po, xa que men­tres qui­ta­ba a FP po­las ma­ñás asis­tía ao ba­cha­re­la­to po­la tar­de e tra­ba­lla­ba co­mo pa­na­dei­ra nos ve­ráns.

Co­rría o ano 2013 e, un­ha vez con­se­guiu a ti­tu­la­ción, a Lam­pón che­gá­ba­lle o mo­men­to de fa­cer as prác­ti­cas, un­ha pri­mei­ra pa­ra­da que a le­vou ao la­bo­ra­to­rio com­pos­te­lán Ja­co­bo de So­to. Alí foi on­de se cur­tiu e ad­qui­riu as des­tre­zas nas áreas da mi­cro­bio­lo­xía e a bio­quí­mi­ca. Non obs­tan­te, aque­la es­tan­cia de tres me­ses non foi da­bon­do para ela e so­li­ci­tou ou­tras prác­ti­cas de ca­rác­ter vo­lun­ta­rio.

«Só pen­sa­ba en se­guir apren­den­do e em­pa­par­me des­te mun­do», ex­pli­cou a téc­ni­ca, das ra­zóns que a le­va­ron a en­trar na Fun­da­ción Pú­bli­ca Ga­le­ga de Me­di­ci­na Xe­nó­mi­ca, un cen­tro que di­ri­xe o in­sig­ne dou­tor Án­gel Ca­rra­ce­do. «A xe­né­ti­ca sem­pre me cha­mou a aten­ción, hai moi­to por ex­plo­rar e non sa­be­mos ata on­de po­de­mos che­gar», pre­ci­sou des­te ám­bi­to cien­tí­fi­co.

De Ga­li­cia ao Le­van­te

Tras pa­sar me­dio ano for­mán­do­se nun dos es­pa­zos cien­tí­fi­cos máis im­por­tan­tes do país —ana­li­zan­do mos­tra­xes e es­tu­dos xe­né­ti­cos de cen­te­na­res de per­soas da co­mar­ca e de to­da Ga­li­cia—, Lau­ra Lam­pón sou­bo dun­ha con­vo­ca­to­ria do Es­ta­do para pre­sen­tar­se a va­rias pra­zas re­par­ti­das por to­do o te­rri­to­rio. Azar ou des­tino, lo­grou ob­ter un­ha de­las no ala­can­tino Ins­ti­tu­to de Neu­ro­cien­cias, no que tra­ba­lla den­de hai pre­to de dous anos.

Nes­te la­bo­ra­to­rio de­pen­den­te da Uni­ver­si­dad Mi­guel Her­nán­dez e do CSIC, a po­bren­se en­cár­ga­se de mi­nu­cio­sas e pre­ci­sas ta­re­fas co­mo xes­tio­nar mo­de­los de co­lo­nias xe­né­ti­cas, rea­li­zar pro­ce­sos de pre­ser­va­ción de mos­tras em­brio­na­rias e da crio­pre­ser­va­ción de li­ñas xe­né­ti­cas, co en­ga­di­do de ca­da un­ha des­tas é úni­ca no mun­do. Du­ran­te o seu día a día, Lam­pón en­frón­ta­se a tra­ba­llos nos que de­be po­ñer os seus cin­co sen­ti­dos, xa que un só erro po­de su­po­ñer ter que re­pe­tir pro­bas que po­den al­can­zar tem­pos de días ou se­ma­nas.

Can­do es­ta pro­fe­sio­nal mi­ra ca­ra o fu­tu­ro non o fai con me­do. Aín­da que lle gus­ta­ría con­ti­nuar no seu car­go ou re­gre­sar ao la­bo­ra­to­rio de Ca­rra­ce­do, non des­car­ta ter que fa­cer as ma­le­tas co­mo moi­tos dos seus com­pa­ñei­ros e mar­char a paí­ses con maio­res re­cur­sos para a cien­cia, por iso so­rrí e ano­ta: «Xa o din os He­re­dei­ros, ‘de Ja­li­sia ao es­tran­xei­ro, hai ca­tro me­tros e me­dio’. Ha­be­rá que dar un­ha vol­ti­ña».

CE­DI­DAS

Lau­ra Lam­pón, an­te a cris­ta­lei­ra do ali­can­tino Ins­ti­tu­to de Neu­ro­cien­cias, on­de exer­ce co­mo téc­ni­ca.

O PRI­MEI­RO CUL­TI­VO Es­ta ima­xe ilus­tra o mo­men­to do pri­mei­ro cul­ti­vo ela­bo­ra­do por Lau­ra co seu pro­pio san­gue, no cen­tro que li­de­ra Án­gel Ca­rra­ce­do. Du­ran­te es­tas prác­ti­cas for­xou gran­des ami­za­des, co­mo a da súa ami­ga Vic­to­ria Par­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.