O me­dio am­bien­te es­tá de mo­da, ¿sa­be­mos apro­vei­ta­lo?

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - Ma­rio Ma­cei­ras Se­cre­ta­rio da aso­cia­ción Mon­te Pin­do Par­que Na­tu­ral

Ca­da ano, mi­llei­ros de per­soas aché­gan­se de to­da Ga­li­za e alén aos no­sos es­pa­zos na­tu­rais para ex­plo­rar al­gun­has das pai­sa­xes vir­xes máis in­tere­san­tes de Eu­ro­pa, xe­ran­do gran­des opor­tu­ni­da­des para a ve­ci­ñan­za que vi­ve no seu en­torno.

A cre­cen­te pai­xón po­las ru­tas de sen­dei­ris­mo, o cam­pis­mo, as ca­rrei­ras pe­des­tres e ci­clis­tas, a es­ca­la­da e ou­tros de­por­tes de aven­tu­ra en con­tac­to coa na­tu­re­za es­tá sen­do un re­vul­si­vo que to­dos os con­ce­llos ten­tan apro­vei­tar. O pac­to é cla­ro: nós coida­mos a no­sa na­tu­re­za e, a cam­bio, be­ne­fi­ciá­mo­nos des­te flu­xo tu­rís­ti­co ver­de de ca­li­da­de.

En­ti­da­des co­ma a no­sa, Mon­te Pin­do Par­que Na­tu­ral, tra­ba­llan des­de hai anos non des­de o es­tri­to con­ser­va­cio­nis­mo, se­nón para o desen­vol­ve­men­to sos­ti­ble dos es­pa­zos na­tu­rais, res­pec­tan­do apro­vei­ta­men­tos tra­di­cio­nais e atraen­do ou­tros no­vos para poder be­ne­fi­ciar a to­da a so­cie­da­de. Por iso pe­di­mos para os es­pa­zos fi­gu­ras de pro­tec­ción reais co­ma a do par­que na­tu­ral do Pin­do, pois is­to im­pli­ca máis in­ves­ti­men­tos e ac­tua­cións que prohi­bi­cións.

Sen em­bar­go, as in­men­sas opor­tu­ni­da­des que des­tes es­pa­zos po­den sa­car­se non están exen­tas de ris­cos. As im­pru­den­cias amea­zan os va­lo­res na­tu­rais e ta­mén ás pro­pias per­soas atraí­das a es­tes enclaves. Sem­pre des­acon­se­lla­mos as vi­si­tas a es­pa­zos co­ma o no­so sen un bo co­ñe­ce­men­to do lu­gar ou sen a com­pa­ña de al­guén que a te­ña. In­sis­ti­mos en que su­bir ao Pin­do non é per­co­rrer un pa­seo ma­rí­ti­mo: os ca­mi­ños ago­chan obs­tácu­los e po­sí­beis ac­ci­den­tes, e as in­cle­men­cias me­teo­ro­ló­xi­cas po­den con­ver­ter­se nun­ha tram­pa en zo­nas on­de as al­tas temperaturas, ou ben a re­pen­ti­na bo­rra­xei­ra, po­den com­pli­car as cou­sas mes­mo a per­soas ex­pe­ri­men­ta­das. Ade­mais en pa­ra­xes co­ma o mon­te Pin­do é ca­se in­viá­bel o res­ca­te por ou­tros me­dios que non se­xan os aé­reos, o que di­fi­cul­ta ese la­bor.

Es­tes fac­to­res te­mos que te­los moi en con­ta tan­to quen re­pen­sa­mos o pa­pel dos no­sos es­pa­zos na­tu­rais co­ma quen sim­ple­men­te go­za de­les. É ne­ce­sa­ria a co­rres­pon­sa­bi­li­da­de e a coor­di­na­ción de to­dos os axen­tes so­ciais para mi­ni­mi­zar os ris­cos para es­tes lu­ga­res e as per­soas que os usa­mos, para dei­xar­lle ás xe­ra­cións vin­dei­ras o no­so me­dio na­tu­ral tal e co­mo nos gus­ta­ría te­lo ato­pa­do a nós.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.