Os xo­gos de te­rra atraen co­ma un imán á ma­rea dor­nei­ra

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia - C. F., P. C.

A praia de Co­ro­so e os seus arre­do­res en­ché­ron­se on­te, un­ha vez máis, de dor­nei­ros dis­pos­tos a pa­sa­lo ben e a dei­xar os res­tos nuns xo­gos de te­rra es­pe­cial­men­te con­co­rri­dos. Acom­pa­ña­dos dun ceo so­lea­do, os pe­ñei­ros agar­da­ban o co­me­zo das ac­ti­vi­da­des char­lan­do en­tre eles e re­fres­can­do a gor­xa. Co­ma es­ta é un­ha fes­ta para to­das as ida­des, os máis pe­que­nos go­za­ron ta­mén da súa do­se de protagonismo e ti­ve­ron a opor­tu­ni­da­de de de­mos­trar a súa va­lía en xo­gos tan po­pu­la­res co­ma o do pano. Á súa vez, os maio­res re­par­tían­se en­tre o apar­ca­doi­ro e o me­ren­dei­ro, para non per­der de­ta­lle do que acon­te­cía.

Inau­gu­ra­ban a tar­de de xo­gos os que ti­ñan un­ha me­sa co­ma pro­ta­go­nis­ta: o tute, o do­mi­nó e o pó­ker. E, desegui­do, co­me­zou o de ti­rar da cor­da con Mu­xo Be­tis e De­rra­pe Mental, pe­ro pou­co du­rou o asal­to, que se le­va­ron os se­gun­dos de ma­nei­ra aba­fa­do­ra. Ao mes­mo tem­po, ini­ciá­ban­se ou­tras ac­ti­vi­da­des, co­ma a das cha­pas, or­ga­ni­za­da por A Tu­na Nej­ra.

O bri­lé foi un dos máis se­gui­dos. Con seis dor­nei­ros for­man­do equi­po para re­pre­sen­tar ás súas pe­ñas, hou­bo de to­do. Den­de xo­ga­do­ras ha­bi­li­do­sas que es­qui­va­ban a pe­lo­ta de for­ma in­cri­ble, ata ou­tros que se dei­xa­ron a ca­ra, li­te­ral­men­te, po­la súa ca­mi­se­ta. O de pe­le­xar po­la vi­to­ria ta­mén o fa­cían os con­trin­can­tes nas ca­rrei­ras de sa­cos: máis dun caeu a me­dio ca­mi­ño e ou­tros lan­zá­ban­se po­lo ai­re para poder ga­ñar. Non fal­tou tam­pou­co o sal­to á cor­da, pe­ro non to­dos os par­ti­ci­pan­tes eran ca­pa­ces de coor­di­nar­se e sal­tar á vez. Aín­da así, hou­bo ex­cep­cións nas que con­se­gui­ron xun­tar a máis de cin­co mem­bros bai­xo a cor­da e brin­car to­dos acom­pa­sa­dos.

Os dor­nei­ros non es­go­ta­ron to­das as ener­xías nos xo­gos. Ha­bía que re­ser­var al­gun­has, xa que po­la noi­te to­ca­ba ir de bar en bar, can­tan­do.

CARMELA QUEIJEIRO

Nos xo­gos de te­rra non fal­tou o clá­si­co da cor­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.