As plu­mas de Rian­xo sal­ta­ron a es­ce­na

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

Tra­las in­ter­ven­cións de Axei­tos e Ri­car­do Lo­sa­da, ho­xe co­llen o re­le­vo Mi­ro Vi­llar e Xo­sé Ma­nuel Lo­ba­to Ho­xe • Pra­za Cas­te­lao (Rian­xo) • De 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.30 ho­ras • Aín­da que a Fei­ra do Li­bro de Rian­xo, co­ma o res­to de ini­cia­ti­vas des­te ti­po que te­ñen lu­gar en Ga­li­cia, es­tá pro­mo­vi­da po­la Fe­de­ra­ción de Li­brei­ros de Ga­li­cia, e con­ta po­lo tan­to coa pre­sen­za de es­cri­to­res che­ga­dos de di­fe­ren­tes pun­tos da co­mu­ni­da­de, no ber­ce de Cas­te­lao, co­mo te­rra de boas plu­mas que é, ten­to­use dar­lle protagonismo aos au­to­res da te­rra. O ven­res po­la noi­te, Xo­sé Luís Axei­tos pre­sen­tou Un­ha vi­da en re­bel­día, un­ha obra edi­ta­da por Xe­rais e con­si­de­ra­da a bio­gra­fía máis com­ple­ta so­bre Ma­nuel An­to­nio. On­te foi ou­tro rian­xei­ro, Xo­sé Ri­car­do Lo­sa­da, o que co­lleu o re­le­vo para vol­ver a re­en­con­trar­se co seu pú­bli­co máis fiel ao re­dor de Bó­ta­me des­te mar fó­ra,a que cons­ti­túe a súa pri­mei­ra no­ve­la e que ta­mén veu a luz da man de Xe­rais.

O es­cri­tor xa eli­xi­ra a vi­la de Rian­xo, na que es­tá am­bien­ta­da a his­to­ria, para a es­trea do li­bro, que ti­vo lu­gar hai un mes. Aín­da así, fo­ron moi­tos os que on­te se de­ron ci­ta no sa­lón de ple­nos da ca­sa con­sis­to­rial para char­lar de no­vo co es­cri­tor.

O ven­res xa fo­ran un gru­po de ne­nos da lo­ca­li­da­de os que xo­ga­ran un pa­pel destacado na Fei­ra do Li­bro. Os ca­ti­vos que par­ti­ci­pa­ran no obra­doi­ro

de ur­ba­nis­mo A vi­la do ma­ñá re­ci­bi­ron exem­pla­res do li­bro que se edi­tou.

As úl­ti­mas ci­tas

E ta­mén ha­be­rá rian­xei­ros na úl­ti­ma xor­na­da da fei­ra. Xo­sé Ma­nuel Lo­ba­to, es­cri­tor e pro­fe­sor do ins­ti­tu­to Fé­lix Mu­riel da lo­ca­li­da­de, pre­sen­ta­rá xun­to con Mi­ro Vi­llar o li­bro Pi­co Sa­cro. Fe­ri­do po­lo lós­tre­go e a len­da. Eles in­ter­vi­rán co­mo edi­to­res, aín­da que ta­mén es­tá pre­vis­ta a asis­ten­cia de va­rios dos au­to­res da obra no ac­to que arran­ca­rá ás 13.00 ho­ras.

As no­ve ca­se­tas que in­te­gran a Fei­ra do Li­bro xa abri­rán as súas por­tas ao me­dio­día, que se­rá can­do Tí­te­res Cas­ca­nue­ces re­pre­sen­te Un

dia­ño na ma­le­ta. Po­la tar­de, as ac­ti­vi­da­des da fes­ta da pa­la­bra na que es­ti­vo mer­gu­lla­da a vi­la con­clui­rán cun obra­doi­ro de ca­li­gra­fía chi­ne­sa.

CARMELA QUEIJEIRO

Ri­car­do Lo­sa­da vol­veu a fa­lar do seu li­bro «Bó­ta­me des­te mar fó­ra».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.