Xulio L. Val­cár­cel: «A mi­ña é un­ha poe­sía mar­ca­da po­lo hu­ma­nis­mo»

O li­bro «Me­mo­rias dos días, for­mas da le­vi­da­de» reúne a lí­ri­ca do es­cri­tor lu­cen­se, en edi­ción de Lu­ciano Ro­drí­guez

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - RODRI GARCÍA

«Fa­go un­ha poe­sía pa­ra axu­dar a vi­vir, que é un­ha fra­se de Mi­guel Gon­zá­lez Garcés, co­mo pre­mi­sa vi­tal». Is­to di Xulio L. Val­cár­cel, pro­cu­ra­dor dos tri­bu­nais e, so­bre to­do, pro­cu­ra­dor de pa­la­bras: «O poe­ta sub­me­te o tex­to a un­ha cons­tan­te de­pu­ra­ción, dei­xan­do á mar­xe ador­nos in­ne­ce­sa­rios. A súa poe­sía na­ce con desexo de fa­cer me­mo­ria co ma­te­rial frá­xil da pa­la­bra». Is­to es­cri­be Lu­ciano Ro­drí­guez, au­tor da edi­ción do li­bro Poe­sía reuni­da (1979-2017). Me­mo­ria dos días, for­mas da le­vi­da­de (Me­du­lia edi­to­rial). Es­te vo­lu­me reúne por pri­mei­ra vez a obra Val­cár­cel que es­tá tra­du­ci­da ao español, ca­ta­lán, in­glés, ita­liano, ale­mán, ru­so e fran­cés. «Es­tán tó­do­los li­bros me­nos un, que é un­ha de­ci­sión de Lu­ciano por­que non se acaía co con­xun­to da re­com­pi­la­ción», de­ta­lla o poe­ta, xun­to co dato de que dos dous pri­mei­ros se re­co­lle «un­ha se­lec­ción re­pre­sen­ta­ti­va. Os ou­tros es­tán en­tei­ros e hai un iné­di­to, Ou­tono nos es­pe­llos, que ta­mén se pu­bli­cou exen­to... Non é doa­do re­su­mir 37 anos de es­cri­ta».

Xeo­gra­fía vi­tal-sen­ti­men­tal

Lu­ciano Ro­drí­guez ase­gu­ra que na obra poé­ti­ca de Val­cár­cel «os es­ce­na­rios son su­ma­men­te im­por­tan­tes e ben vi­sí­beis» e sa­lien­ta o poe­ma Lu­ga­res, do li­bro A me­lan­co­lía dos cor­pos (2008), no que es­tá a súa xeo­gra­fía vi­tal-sen­ti­men­tal: «Gon­dul­fe é a me­mo­ria / o lu­me ori­xi­na­rio [...]. Ro­meán su­xi­re a casa si­len- te [...]. Gun­tín foi ou­tra vi­ven­cia [...]. Lu­go é a tar­de len­ta e lon­ga [...]. Com­pos­te­la vai en nós co­mo un­ha som­bra [...]. En Qui­ro­ga por cam­pos de amo­ro­dos [...]. A Co­ru­ña é le­vi­da­de e trans­pa­ren­cia / fa­ro que me en­ca­mi­ña / es­cu­ma re­cón­di­ta ale­gría / pre­sen­te e fu­tu­ro / praia de­fi­ni­ti­va».

De tó­do­los xei­tos, es­ta pre­sen­za do lo­cal ve­ra­se «que en nin­gún mo­men­to con­du­ce ca­ra ao lo­ca­lis­mo, xa que o au­tor sou­bo moi sa­bia­men­te fa­cer que o lo­cal se tor­ne no uni­ver­sal sen fron­tei­ras», es­cri­be Lu­ciano Ro­drí­guez nun li­bro que le­va na por­ta­da un­ha obra do ar­tis­ta plás­ti­co Xur­xo Gó­mez Chao.

Con esa idea da lí­ri­ca sen fron­tei­ras con­cor­da o poe­ta: «É un­ha poe­sía que vai do in­ti­mis­mo ca­ra a un­ha voz máis uni­ver­sal, máis ecu­mé­ni­ca, so­bre to­do das cla­ses máis des­fa­vo­re­ci­das pe­ro non no sen­ti­do po­lí­ti­co, se­nón de cou­sas co­mo a ten­ru­ra das oi­to da ma­ñá can­do no au­to­bús vai xen­te con gri­pe, que dur­miu mal esa noi­te... A mi­ña é un­ha poe­sía mar­ca­da po­lo hu­ma­nis­mo».

Val­cár­cel bus­ca que exis­ta un­ha iden­ti­fi­ca­ción dos lec­to­res: «Que di­gan ‘iso ta­mén o pen­sei eu pe­ro non o es­cri­bín’. É poe­sía moi doa­da de en­ten­der, de sen­tir; son sen­ti­men­tos uni­ver­sais co­mo a be­le­za, a mor­te, a au­sen­cia, o amor, a for­za de ca­da pri­ma­ve­ra, a vi­da...».

Ta­mén bus­ca fa­cer te­mas no­vos: «Non re­pe­tir­te a ti mes­mo, bus­car ou­tro desafío, ou­tro re­xis­tro da túa pro­pia voz: hai un in­ten­to de evo­lu­ción; a ar­te é un te­rri­to­rio arris­ca­do po­lo que non se po­de tran­si­tar con re­de, hai que so­me­ter­se ao desafío que su­pón mer­gu­llar­se nun­ha sel­va des­co­ñe­ci­da, se­guir un no­vo reto, que ca­da li­bro se­xa al­go dis­tin­to». To­do iso es­tá nun­ha lí­ri­ca «ne­ce­sa­ria e esi­xen­te, obra que re­fle­xio­na so­bre o ser e a súa exis­ten­cia, so­bre a mi­ra­da per­di­da, so­bre a luz que asom­bra e so­bre as som­bras da luz», se­gun­do es­cri­be Lu­ciano Ro­drí­guez.

CÉ­SAR QUIAN

Xulio L. Val­cár­cel ex­pli­ca que a súa é un­ha poe­sía que vai do in­ti­mis­mo o uni­ver­sal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.