«Os ne­nos res­pon­den moi ben, é un­ha ta­re­fa moi re­con­for­tan­te»

Co­la­bo­ra dan­do cla­ses de apoio a ra­pa­ces de pri­ma­ria e da ESO du­ran­te as va­ca­cións

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - PAULA RIVEIRO, A.G.

Coa che­ga­da do ve­rán e o fi­nal das cla­ses en ins­ti­tu­tos e uni­ver­si­da­des, son moi­tos os mo­zos que bus­can ocu­par o seu tem­po li­bre con al­gun­ha ac­ti­vi­da­de. Es­te é o ca­so de Raquel Ro­drí­guez, que tras re­ma­tar os seus es­tu­dos de grao na Uni­ver­si­da­de de San­tia­go de Com­pos­te­la de­ci­diu fa­cer­se vo­lun­ta­ria da Cruz Ver­me­lla pa­ra ocu­par as súas ho­ras de le­cer du­ran­te as va­ca­cións de ve­rán e, á vez, co­la­bo­rar cun­ha or­ga­ni­za­ción hu­ma­ni­ta­ria que le­va dé­ca­das axu­dan­do aos de­mais.

«En­trei na súa pá­xi­na web e vin que ti­ñan ofi­ci­na en Boi­ro, in­tere­sei­me e fun pre­gun­tar», re­co­ñe­ce. Nun­ca an­tes exer­ce­ra co­mo vo­lun­ta­ria, pe­ro can­do se lle pre­sen­tou a po­si­bi­li­da­de non o du­bi­dou. Cla­ses de apoio pa­ra es­co­la­res ou ta­lle­res de me­mo­ria pa­ra maio­res. A can­ti­da­de de ac­ti­vi­da­des que se po­den le­var a ca­bo á ho­ra de co­la­bo­rar coa aso­cia­ción é in­men­sa, po­lo que as op­cións se adap­tan aos gus­tos e ne­ce­si­da­des de ca­da per­soa.

Ten­do en con­ta os seus in­tere­ses, a Raquel re­co­men­dá­ron­lle aque­las op­cións que máis se adap­ta­ban ao seu per­fil de en­tre o am­plo abano de al­ter­na­ti­vas. Re­ma­tou os seus es­tu­dos de Pe­da­go­xía es­te ano e é por iso se de­can­tou po­lo apoio es­co­lar a ne­nos. Dous días á se­ma­na, luns e mér­co­res, axu­da a ra­pa­ces de pri­ma­ria e se­cun­da­ria con ac­ti­vi­da­des de re­for­zo du­ran­te o pe­río­do non lec­ti­vo.

Fa­cer­se vo­lun­ta­rio é moi sin­xe­lo. Tras fir­mar un for­mu­la­rio pa­ra ve­ri­fi­car que se cum­pren to­dos os re­qui­si­tos ne­ce­sa­rios, hai que in­for­mar­se ben, xa que o com­pro­mi­so trae con­si­go cer­to grao de res­pon­sa­bi­li­da­de. Pa­ra iso hai que ler un ma­nual que in­clúe os prin­ci­pios fun­da­men­tais da or­ga­ni­za­ción que se deben sa­ber e fa­cer un­ha pro­ba, un­ha es­pe­cie de exa­me vía on-li­ne, pa­ra o que hai que re­xis­trar­se na pá­xi­na web da Cruz Ver­me­lla. Un­ha vez su­pe­ra­da, é o mo­men­to de in­cor­po­ra­se a un­ha ac­ti­vi­da­de en con­cre­to pa­ra co­me­zar. «A min dé­ron­me a po­si­bi­li­da­de de pro­bar an­tes dos exa­mes na uni­ver­si­da­de, gus­tou­me e de­ci­dín in­cor­po­rar­me ago­ra no ve­rán», co­men­ta Raquel Ro­drí­guez.

Pe­río­do de pro­ba

Du­ran­te ese ache­ga­men­to ini­cial es­ti­vo en Rian­xo, pe­ro co­mo era o pri­mei­ro ano que se le­va­ban a ca­bo es­tas au­las de apoio, non ti­ve­ron con­ti­nui­da­de du­ran­te o ve­rán. É por iso que ago­ra desen­vol­ve o mes­mo tra­ba­llo no mu­ni­ci­pio de Boi­ro, un­ha ini­cia­ti­va que se rea­li­za gra­zas á axu­da da pro­pia Ad­mi­nis­tra­ción boi­ren­se.

Di­ver­si­da­de de ac­ti­vi­da­des. De en­tre to­das as op­cións que se ofre­cen, op­tou po­las cla­ses de apoio a es­co­la­res, xa que era a que máis se adap­ta­ba ás súas pre­fe­ren­cias e in­tere­ses.

Fa­cer­se vo­lun­ta­rio. Bas­ta con ache­gar­se á ofi­ci­na máis pró­xi­ma ou vi­si­tar a pá­xi­na web da Cruz Ver­me­lla. Tras cu­brir un for­mu­la­rio, hai que ler un ma­nual de for­ma­ción bá­si­ca pa­ra fa­cer un­ha pe­que­na pro­ba vía on-li­ne.

«Al­gúns ne­nos traen os seus de­be­res e a ou­tros dá­mos­lles aquí fi­chas pa­ra fa­cer», afir­ma.

Non só cha­mou a súa aten­ción a fa­ci­li­da­de pa­ra fa­cer­se vo­lun­ta­ria ou a va­rie­da­de de ac­ti­vi­da­des que se po­den rea­li­zar. Ta­mén as op­cións que hai pa­ra con­ti­nuar nun fu­tu­ro. Ago­ra mes­mo es­tá co­la­bo­ran­do coa ofi­ci­na que hai en Boi­ro, pe­ro exis­ten moi­tas re­par­ti­das por to­da a xeo­gra­fía e po­de­ría ir a cal­que­ra ou­tra que qui­xe­ra. «Se ao re­ma­tar as va­ca­cións que­ro se­guir e es­tou, por exem­plo, en San­tia­go, po­do tras­la­dar­me a alí», co­men­ta Ro­drí­guez. É por iso que de ca­ra ao re­ma­te do ve­rán non des­car­ta con­ti­nuar con es­te la­bor, aín­da que se­xa nou­tro lu­gar.

Po­lo mo­men­to le­va pou­co tem­po co­la­bo­ran­do, pe­ro o su­fi­cien­te co­mo pa­ra ato­par gra­ti­fi­ca­ción no tra­ba­llo que es­tá a rea­li­zar. «Os ne­nos res­pon­den moi ben, é un­ha ta­re­fa moi re­con­for­tan­te», afir­ma Raquel Ro­drí­guez.

Por­que o vo­lun­ta­ria­do é al­go re­cí­pro­co, no que en moi­tas oca­sións se re­ci­be al­go máis do que se apor­ta. É por iso que es­ta mo­za non du­bi­da en re­co­men­dar­llo a cal­que­ra que lle pre­gun­ta po­la ex­pe­rien­cia que ela es­tá a vi­vir nes­te mo­men­to.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Raquel Ro­drí­guez fi­xo un pe­río­do de pro­ba en Rian­xo e ago­ra co­la­bo­ra en Boi­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.