Un no­vo dis­cur­so con tec­no­lo­xías do sécu­lo XXI nun es­pa­zo re­for­ma­do

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura -

Os ob­xec­tos fa­lan. Con­vén ver ne­les non un fe­ti­chis­mo, se­nón a vía di­rec­ta que trans­por­ta ao tem­po e a per­soa no que ti­ñan ou­tro sen­ti­do: ago­ra son pe­zas de mu­seo, pe­ro non por iso son fó­si­les ou re­li­quias. O no­vo dis­cur­so da Ca­sa-Mu­seo de Ro­sa­lía con­se­gue iso mes­mo, xun­tar o res­pec­to coa in­for­ma­ción sen caer na de­vo­ción ba­lei­ra. O ca­so máis pa­ra­dig­má­ti­co é o gue­cho do ca­be­lo da es­cri­to­ra. Es­tá tra­ta­do co­mo o que é, o tes­te­mu­ño dun­has prác­ti­cas e dun­has cren­zas que din tan­to da ad­mi­ra­ción que es­per­ta­ba a au­to­ra co­mo o áni­mo dos con­tem­po­rá­neos que se ache­ga­ban á súa fi­gu­ra. O gue­cho foi to­ma­do du­ran­te o tras­la­do dos res­tos de Ro­sa­lía ao Pan­teón de Ga­le­gos Ilus­tres. Abriu­se o ca­da­lei­to —an­te no­ta­rio— e é ne­se in­tre can­do as súas fi­llas re­co­llen gue­chos do ca­be­lo, así co­mo anacos da mor­ta­lla e pé­ta­los do ra­mo mor­tuo­rio da fi­na­da.

Ta­mén foi ne­se tras­la­do can­do se uti­li­zou a ban­dei­ra ga­le­ga, un fei­to de pro­fun­da car­ga sim­bó­li­ca que dá pé a que o mu­seo en­la­ce pa­sa­do, pre­sen­te

No mu­seo con­vi­ven har­mo­nio­sa­men­te tes­te­mu­ños de­ci­mo­nó­ni­cos, co­mo o gue­cho do ca­be­lo de Ro­sa­lía, ca­dros de Ovi­dio Mur­guía ou his­to­rias de co­mo se fi­xo o pro­xec­to mu­seo­grá­fi­co. e fu­tu­ro cun­ha mon­ta­xe au­dio­vi­sual na que alum­nos do CEIP Ro­sa­lía de Cas­tro de Pa­drón amo­san as súas per­soais re­in­ter­pre­ta­cións da ban­dei­ra.

Es­te é ou­tro dos ele­men­tos do no­vo sécu­lo que se uti­li­za no dis­cur­so do mu­seo co­mo xei­to efi­caz de co­mu­ni­car a fi­gu­ra de Ro­sa­lía, e que acae es­pe­cial­men­te ben a al­guén que ofre­ce tan­tas ares­tas e lec­tu­ras. Ade­mais da mon­ta­xe que en­tron­ca a Ro­sa­lía coas xe­ra­cións de fu­tu­ros lec­to­res, ou­tra ins­ta­la­ción au­dio­vi­sual de­lei­ta ta­mén aos oí­dos con anacos de ver­sións mu­si­cais dos seus poe­mas, e que che­ga­ron a to­do ti­po de xé­ne­ros, den­de a can­ción ga­le­ga e de au­tor, ata a clá­si­ca ou os rit­mos tro­pi­cais.

To­do es­te no­vo per­co­rri­do é po­si­ble gra­zas ás obras de re­for­ma, que exe­cu­ta­ron un pro­xec­to dos ar­qui­tec­tos Luís Gil e Cris­ti­na Nieto, axei­tan­do o es­pa­zo ás ne­ce­si­da­des do dis­cur­so, un­ha via­xe da ca­sa ao mu­seo e vol­ta. Igual que o vi­zo­so xar­dín, no que en­tre o seu es­plen­dor é po­si­ble adi­vi­ñar o seu or­gu­llo­so pa­sa­do la­bre­go.

Do sécu­lo XIX ao XXI.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.