Ba­ra­lle­te

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Galicia - Bieito Ro­me­ro

Foi o in­te­lec­tual ga­le­guis­ta ou­ren­sán Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben Cho Shey) o pri­mei­ro que pro­fun­di­zou no ba­ra­lle­te co­mo xer­ga dos am­bu­lan­tes das te­rras ou­ren­sáns de Luín­tra, No­guei­ra de Ra­muín, Pe­rei­ro de Aguiar, Pa­der­ne ou Es­gos…. Co­mo el, ou­tros ta­mén es­tu­da­ron es­ta fa­la crea­da co­mo un­ha ne­ce­si­da­de de ex­pre­sión pe­cha­da, de­fen­si­va, pa­ra que só arro­ma­na­sen (fa­la­sen) e in­ter­va­sen (en­ten­de­sen) os ini­cia­dos dos gre­mios: na­cei­ros (mes­tres de ofi­cios), xa­ba­rrea­do­res (ca­pa­do­res), mel­guei­ros (al­bar­dei­ros), e ou­tros, pe­ro prin­ci­pal­men­te os arrea­do­res (afia­do­res) e fo­lla­tei­ros (pa­ra­güei­ros). Ho­xe, por­que as cir­cuns­tan­cias e os tem­pos cambiaron ra­di­cal­men­te, moi­tos des­tes ofi­cios son cá­se­que un­ha lem­bran­za do pa­sa­do, e po­lo tan­to, to­do o que es­tá aso­cia­do a elas, co­mo nes­te ca­so a súa fa­la, so­bre­vi­ve nun­ha si­tua­ción pre­ca­ria ca­mi­ño da des­apa­ri­ción. De no­vo, par­te do no­so pa­tri­mo­nio in­ma­te­rial es­mo­re­cen­do sen se­que­ra ter un­ha mí­ni­ma pro­tec­ción co­mo a que nou­tros lu­ga­res se lle da ás xer­gas des­te ti­po. Eu co­ñe­cín o ba­ra­lle­te no ám­bi­to fa­mi­liar. Era ha­bi­tual es­coi­ta­lo na mi­ña ca­sa dun xei­to co­lo­quial. Meus pais, am­bos os dous de Ou­ren­se (Xun­quei­ra de Es­pa­da­ne­do e Es­gos) em­pre­ga­ban moi­tas pa­la­bras, e gra­zas a eles apren­dín. Ago­ra trans­mí­to­llas aos meus fi­llos por­que, aín­da fóra de con­tex­to, é bo que sai­ban que ti­ve­mos nas no­sas mans es­ta in­tere­san­te crea­ción po­pu­lar.

Das xer­gas fa­la­das en Ga­li­cia o ba­ra­lle­te ad­qui­riu un­ha gran di­men­sión que lle veu da­da po­lo nú­me­ro de per­soas de­di­ca­das aos ofi­cios an­tes men­cio­na­dos, po­la emi­gra­ción, que afec­tou de ma­nei­ra moi di­rec­ta a eses ofi­cios, e po­la súa ex­pan­sión, que a fi­xo máis di­ná­mi­ca e uni­ver­sal. «Os arrea­do­res ga­ri­pos ame­za­ban por to­da­to o re­don­do arro­ma­nan­do ba­ra­lle­te». (Os afia­do­res ga­le­gos es­ta­ban por to­do o mundo fa­lan­do ba­ra­lle­te).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.