Un res­ca­te en Dor­na dun­ha pa­tria á de­ri­va

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia -

Ho­xe cúm­pre­se un­ha de­sas con­tro­ver­ti­das efe­mé­ri­des, co­mo cal­que­ra ou­tra que le­ve en­ga­di­da no tí­tu­lo a pa­la­bra pa­tria. ¡Can­tos pe­ri­gos en­ce­rrou sem­pre ese ter­mo e can­tas opi­nións di­fe­ren­tes se ver­te­ron en torno a ela! Mais eu aín­da si­go du­bi­dan­do que é iso da pa­tria. Por su­pos­to que es­ta ten que es­tar com­pos­ta das ver­bas dos no­sos ilus­tres es­cri­to­res e do re­cor­do de aque­les que loi­ta­ron por de­fen­der a no­sa cul­tu­ra, sen em­bar­go, co pa­so do tem­po as vi­to­rias aca­da­das —a pe­sar das que que­dan por ga­ñar— aca­ban por di­luír o sen­ti­do da reivin­di­ca­ción. So­bre to­do en­tre a mo­ci­da­de. Mais sem­pre xor­den no­vas for­mas de crear uni­da­de en­tre a po­boa­ción e, sen nin­gun­ha dú­bi­da, a Fes­ta da Dor­na, en Ri­bei­ra, sim­bo­li­za ese res­ca­te ac­tual.

De to­das as ve­ces que un ser­vi­dor se que­dou afó­ni­co be­rran­do «¡fes­ti­vo lo­cal, xa!», nun­ca me ima­xi­nei que aca­ba­ría tra­ba­llan­do un 24 de xu­llo, un­ha vez con­quis­ta­da esa ba­ta­lla. Por cer­to, un re­cor­do pa­ra to­dos aque­les que di­cían que era per­der o tem­po, por­que me per­mi­te es­cri­bir cun so­rri­so. Pa­ra lo­grar o que de­be­ra de pa­re­cer un­ha ni­mie­da­de lo­cal fi­xo fa­lla po­ñer en mar­cha un múscu­lo so­cial que se exer­ci­tou du­ran­te múl­ti­ples sin­gra­du­ras. En torno a esa con­sig­na fó­ron­se agru­pan­do per­soas de to­do ti­po de pa­re­cer, ideo­lo­xía e po­si­ción so­cial. Por­que iso é o que de­fi­ne á Dor­na, a uni­da­de dun po­bo.

Por­que es­ta fes­ta fi­xo máis po­la cul­tu­ra ga­le­ga que pu­ña­dos de sub­ven­cións po­lí­ti­cas. A Dor­na po­ten­cia o em­pre­go da lin­gua ga­le­ga a tra­vés do seu pro­pio di­cio­na­rio de re­tran­cas. A Dor­na res­ca­ta xo­gos tra­di­cio­nais e for­xa ou­tros a tra­vés do ima­xi­na­rio e ac­tua­li­da­de mu­ni­ci­pais. A Dor­na é quen de in­te­grar e dar­lle vi­si­bi­li­da­de a co­lec­ti­vos en au­xe co­mo mo­to­ris­tas —saú­do pa­ra Os Re­ven­ta­pis­tóns— ou ra­pei­ros —saú­do pa­ra os ga­los do Pe­dra Pa­tei­ra—, que non du­bi­dan en apor­tar as súas do­tes su­mán­do­se a es­ta ci­ta. A Dor­na pon en con­tac­to a maio­res e pe­que­nos que tra­ba­llan e apren­den xun­tos ofi­cios co­mo a car­pin­te­ría. A Dor­na é un­ha pan­dei­re­ta ca­paz de es­per­tar amen­ce­res. A Dor­na é a mi­ña, a vo­sa e a no­sa pa­tria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.